luns, 18 de maio de 2020

AS LETRAS DA NOSA VIDA.

Imaxe obtida en A primavera das Letras
Que tal, meus recén licenciado/as detectives? Obtidas as credenciais polas que tanto e ben traballastes nestes días, debemos comezar unha nova misión. Esta ten que ver co estudo e disfrute das Letras Galegas. Estades preparados/as?
Comezamos!!!

Como puidestes ver no Genial.ly, o primeiro que tratamos é a festa dos Maios. Aínda que é unha conmemoración de principios de mes, decidín deixala para  estas datas porque é unha tradición moi antiga da nosa cultura e como as letras tamén son cultura creo que casan ben. Aprenderemos un pouquiño sobre a festa e elaboraredes o voso propio maio. Teredes a quincena para facelo. Pode ser en 3D e de orixe natural, en 3D  con materiais funxibles (cartolinas, papeis de cores...) ou sobre plano.  O tamaño o que vos queirades.Déixovos tres exemplos que saquei do blogue do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro.
Montaxe realizada con PiZap
O traballo de hoxe e mañá aparecerá tras clicar no primeiro libro do Genial.ly "Vieiros". En cada libro, o que tendes que facer cada dous días. Son todos títulos de Ricardo Carvalho Calero.
Nesta semana tamén toca facer unha gravación de video ou audio dun minuto de lectura. Esta vez, subirédelo ao voso Padlet. Tranquilos/as!!! Xa enviarei un correo coa explicación.
Ao rematar as tarefas de cada día teredes unha sorpresa agardando por vós no botón azul da estrela. Espero que vos guste e me contedes cal vos parece a mellor.
Onte, ademais de ser o Día das Letras Galegas , tamén o foi  da  Reciclaxe. Hoxe xuntamos o Día Mundial de Internet e o Día Internacional dos Museos. Como o tempo non me da para máis déixovos  os elaces de anos anteriores.
Non me puiden resistir a esta historia de Peter Reynolds, "El museo", que aparece na mediateca de EDUCAMADRID. Que vos guste!!!
FELIZ DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario