Imaxe atopada na rede
Tócanos hoxe unha celebración un tanto descafeinada. Polos efectos da pandemia non haberá os fastos e festas de anos pasados na conmemoración das Nosas Letras; as Galegas. Instituídas en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a persoas detacadas pola súa creación literaria en galego ou pola defensa do mesmo, chegan aos nosos días resaltando a figura de Ricardo Carvalho Calero. O insigne autor ten unha extensa obra e foi defensor do idioma, co cal cumpre as espectativas dobremente.
A nós, que non haxa festa, non nos vai importar demasiado porque xa nos imos encargar de facela durante quince días e darlle, a diario, o lugar que as Nosas Letras se merecen.
Para ir facendo boca, esta pequena biografía de Don Ricardo, feita no CEIP Martagona de Melide.
Luis Davila, sempre tan acertado!!!
FELICES LETRAS!!!! FELIZ DÍA!!!
ResponderEliminarUn bico forte, Anabel.
Moitas grazas, Marisa.
EliminarUn biquiño.