Vector de Plantilla creado por brgfx - www.freepik.es
Unha semana máis estamos de volta para seguir aprendendo. Xa regresastes da viaxe espacial? Non teñades pena por ela; poderedes retomala sempre que queirades. Agora gustaríame propoñervos algo diferente. Estades preparados?
Pois imos cunha de detectives!! Non, non hai ladróns coma no debuxo, hai un enigma por resolver que pode ser crucial nas nosas vidas.
Parécevos se imos empezando?
1.Para saber o que debedes facer cada día, clicaredes na palabra INFO da cada data. Iso é coma sempre.
2. Cando se vos mande facer unha ficha de lectura , xa sabedes que se refire a unha ficha como as que temos da biblioteca.
3. O mércores poderedes ver o conto nun vídeo e tamén acceder a el escrito.
4. Para o xoves toca escribir unha rima sobre o conto de "Detectives y misterios". Déixovos dous exemplos pero non vale copiar, eh? (Ten que ser en Lingua Castelá, igual que o conto).
"Florinda era una jirafa alta, Carlitos por bajo resalta." ou
"Florinda y Carlitos en acción
para sus problemas la solución."
5. Cada día teredes que descifrar unha palabra que vos levará ao enigma agochado. O código para descifrala atópase no círculo onde está a lupa coas dúas fotos. A palabra está nos símbolos que aparecen baixo INFO. Lembrade escribila en orde para que teña sentido. Faredes unha palabra por día, cando rematedes o traballo.(Déixovos o código aqui tamén)
6. Non esquezades facer o traballo dos outros profes e procurade ir facendo diariamente.
7.Ao longo desta semana deberedes enviarme un vídeo ou audio dun minuto de duración facendo lectura dunha páxina que vos toque do "Aprendo a ler".
6. Non esquezades facer o traballo dos outros profes e procurade ir facendo diariamente.
7.Ao longo desta semana deberedes enviarme un vídeo ou audio dun minuto de duración facendo lectura dunha páxina que vos toque do "Aprendo a ler".
Veña, detectives, comezamos!!!
Qué propuesta interesante y divertida ¡Me encantó la aplicación!
ResponderEliminarBesitos.
Muchas gracias, Sandra. Espero que los niños/as lo disfruten.
EliminarBesitos.