Por fin é venres!!!! Parece que a expresión soaba mellor cando iamos ao cole. Pois non!!! Agora ten que soar igual de ben porque a fin de semana está aquí. E será diferente. Nós farémola diferente!!!
Hoxe, no Día Mundial da Voz, falaremos sobre a Lúa. É o único satélite natural da Terra. Pero... Que é un satélite? Déixovos un vídeo para que vos axude.
Aprendestes moito sobre o movemento de translación da Terra? Pois hoxe toca o segundo movemento: o de rotación. Será xusto aí onde apareza o traballo correspondente.
Xa estamos de volta!!! A todos/as nos houbese gustado regresar ao cole, vernos polos pasillos e xogar no patio. Aínda non pode ser. Tócanos ter un pouco máis de paciencia e niso estamos. Xa falamos onte de que a nosa misión segue. Estades preparados/as?