Imaxe de Arek Socha en Pixabay.com
Aprendestes moito sobre o movemento de translación da Terra? Pois hoxe toca o segundo movemento: o de rotación. Será xusto aí onde apareza o traballo correspondente.
Imos a por el!!
No índice escolleremos Día e noite.Tedes que premer sobre a Terra para saber o que hai que facer. Se non lembrades o voso contrasinal para acceder ás fichas de Mates clicade aquí.
Cando rematedes, debedes premer no símbolo de + e a ver a onde vos manda. Creo que toca experimento!!!!
Cando rematedes, debedes premer no símbolo de + e a ver a onde vos manda. Creo que toca experimento!!!!
Hoxe é o Día Mundial da Arte. De recente declaración é o 6º ano que se celebra, intentando dar a coñecer a importancia da arte e o pensamento creativo en ámbitos importantes da nosa vida.
Tedes máis información na páxina de diainternacionalde.com.
Aquí vos queda este vídeo que fala sobre a Arte, aínda que é difícil definila. O significado que aparece no dicionario da Real Academia da Lingua é o seguinte: manifestación da actividade humana mediante a cal se interpreta o real ou se plasma o imaxinado con recursos plásticos, lingüísticos ou sonoros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario