luns, 16 de marzo de 2020

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA!!!

Imaxe de Dariusz Sankowski para Pixabay.com
Hoxe comezamos a nosa primeira semana de actividade na casa. Estou moi emocionada !!! E vós?
Pasei bastante tempo intentando deseñar un traballo que vos fose atractivo, de repaso e  non moi pesado. Espero habelo conseguido!!! 
É moi importante que fagades o que vos pedimos, xa que así non perderemos de aprender e estaremos máis entretidos/as.

A miña proposta é a seguinte:
1.Preme sobre o tres puntos da dereita da imaxe e clica sobre as dúas frechas( Así poderás ver o panel en grande).
2. Clica sobre a letra L de luns para saber que tes que facer hoxe.
3.Vaia, solo tres cousiñas!!!! Se clicas sobre o signo +  xa ves o que toca.
4. Por ser hoxe o primeiro día non tendes que mandar nada das lecturas(pero facédeas por favor)
5. Nas Mates Divertidas iredes a unha páxina, na que teredes que escribir o voso usuario e o voso contrasinal. A que mola!!! Ah, pero que non sabedes? Tranquilos/as, déixovolo aquí debaixo.
6. Para o día de hoxe debedes facer a primeira ficha, a dos problemas.
Xa sei que son moitas cousas novas pero imos ir con calma; temos tempo. Calquera dúbida podedes consultala a través do correo clasedeanabel@hotmail.com ou nun comentario nesta mesma entrada.
Ogallá vos guste o que vos propoño. Espero o voso traballo. Ata mañá!!
* Acabo de ver esta actividade para as 12 da mañá. Queredes escoitar un conto on line? Se vos apetece premede na imaxe.

6 comentarios:

  1. Ok Anabel gracias!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. hola a min no me deixa entrar dime error

      Eliminar
    2. Ola, non sei quen es. Comproba que estás escribindo o usuario e contrasinal correctamente. Se o erro persiste escríbeme un correo directamente e intentamos solucionalo.

      Eliminar