Imaxe de Mystic Art Desing en Pixabay.com
Hoxe é o Día Mundial da Astronomía. Dende o ano 1973 celébrase esta data para achegala á xente común, intentando motivar ás novas xeracións para que se interesen por esta ciencia. Para obter máis información sobre este día consultade a páxina de
www.diainternacionalde.com.
Se queredes saber o que é a Astronomía, aquí vos deixo este vídeo de Happy Learning. Seguro que con Dani aprendedes un montón!
Obtido no canal de Youtube Happy Learning Español
Esta conmemoración vennos estupendamente xa que nós estamos metidos de cheo na nosa misión espacial. Como? Que xa a esquecerades? Uffff, menudo susto me acabades de dar! Xa sabía eu que non era así e estabades todos/as desexando voltar para seguir con ela. Imos ter que facelo dende a casa porque xa sabedes que o virus aínda anda de paseo polas nosas rúas. Mentres tanto, nós ao noso!!
Vémonos mañá!!!
Ah!!! Que tamén é o Día Internacional do Bico. Se non podemos bicarnos fisicamente farémolo de maneira virtual. Os meus biquiños van no vento; seguro que chegan a vós!!!
Imaxe de LOQUELEO de Santillana
Ningún comentario:
Publicar un comentario