Imaxe de rabeya jui en Pixabay.com
Durante os últimos días antes das vacacións, no noso colexio vivimos momentos moi especiais cheos de ilusión, música e diversión.
Un dos momentos máis esperados foi a visita de Papá Noel, que chegou ao cole cargado de alegría. Os nenos e nenas recibiron a súa visita con moita emoción e grandes sorrisos. Foi unha mañá máxica que todos recordaremos con moito cariño.
Como xa é tradición, celebramos a divertida "gusanitada", as nosas particulares campanadas de fin de ano. Ao son das badaladas,tod@s comemos con entusiasmo os "gusanitos", despedindo o ano dun xeito moi doce e especial. Houbo risas, nervios e moita diversión compartida.
O broche final foi o festival de Nadal, no que o alumnado amosou todo o seu traballo e esforzo. O alumnado de 1º e 2º interpretamos a canción “Muñeco de nieve” e unha polka instrumental. As actuacións foron moi aplaudidas por familias e profesorado.
Noutra entrada ensinareivos as actuacións.
.png)

.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario