Chegou o mes das augas mil cun sol radiante que se agradece. E con el , unha nova planta da cal aprender. Antes diso, podedes premer na imaxe para coñecer as conmemoracións máis importantes deste mes.
Alá a mediados de xaneiro realizamos unha plantación de fabas, garavanzos e lentellas.(Podedes recordalo aquí).O noso obxectivo era observar como medran as plantas en diferentes condicións.
Recén estreada a primavera comezan a agromar celebracións e datas importantes. Como todas estas son do día 21(e son hoxe, sábado sábado), nós xa empezamos onte no cole.
Quédanos xa un pouquiño lonxe pero non quería deixar pasar sen compartirvos as nosas primeiras redaccións que versaron sobre a festa do Entroido. A ver que vos parecen!
No noso cole, estes últimos días de febreiro, estanse enchendo de palabras fermosas, lembranzas e poesía no noso idioma. O 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, e o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, son datas relevantes para lembrar e celebrar.
O pasado venres 13 de febreiro celebramos o noso esperado desfile de Entroido. Aínda que o mal tempo nos obrigou a cambiar os plans e trasladar a festa ao pavillón municipal, iso non impediu que vivísemos unha xornada chea de cor, música e alegría.
O pasado día 6 celebramos no cole a nosa V Carreira Solidaria pola Paz, unha actividade que xa se converteu nunha fermosa tradición. Este é o quinto ano que a levamos a cabo e, unha vez máis, foi todo un éxito!
Comezamos hoxe o mes máis curto do ano e, nesta ocasión, un dos máis festeiros: febreiro. Con el veñen unha chea de efemérides que merece a pena mencionar.
O 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. É un día moi importante para aprender a vivir en paz, a respectarnos, a coidarnos uns aos outros e facelo extensivo ao resto do ano.
Seguindo co noso PDI: Tesouros Verdes de Galicia e dentro do Tema 3 de Ciencias da natureza na nosa clase de 1º realizamos unha actividade moi divertida e interesante: fixemos unha plantación en vasos de iogur reciclados.
Ao longo deste trimestre, o alumnado de 1º de Primaria traballou con moita ilusión e esforzo en diferentes actividades que lles permitiron aprender, crear e expresarse.
O calendario que nos trouxo a fada propoñíanos pequenos retos en distintos ámbitos e de diversa natureza. O outro día falamos dalgúns relacionados coa aula e hoxe tocan os da casa.
A principios do mes de decembro, o alumnado de 1º de Primaria recibimos unha visita moi especial: a da fada Perella. Ela trouxo á aula un fermoso calendario de Advento, cheo de sorpresas, ilusión e moitas actividades para compartir.
Repousado o comezo do ano, neste día 2 chegan as efemérides de xaneiro. Podedes premer nas imaxe para ir vendo que nos deparará o primeiro mes deste 2026.