martes, 14 de outubro de 2025

O PRIMEIRO DÍA DE CLASE(III).

Clase de 1º
Na última entrada quedamos contentos/as despois da merenda e cando volvemos á aula fixemos unha actividade moi chula: o libro “O meu primeiro día en Primeiro” . Cada un debuxou como se sentía, os seus gustos e o que fixera nas vacacións. Quedáronnos uns libros preciosos cheos de cores e ilusión!

mércores, 8 de outubro de 2025

O PRIMEIRO DÍA DE CLASE(II).

Imaxe da aula de 1º
Quedamos na entrada anterior sentados/as nos nosos novos lugares unha vez descifradas as sopas de letras, non si?

mércores, 1 de outubro de 2025

EFEMÉRIDES DE OUTUBRO (2025).

Montaxe creada en Canva.com
Botabades de menos as efemérides? Pois xa están de volta!
Nesta ocasión ímolas relacionar con plantas autóctonas de Galicia e moi pronto vos contaremos o por que desta decisión. Para acceder a elas premede na folla do calendario.