luns, 29 de febreiro de 2016

XOGO EXIPCIO.

Xa sei que aínda non rematamos de contar como foi o noso proxecto do Reino Unido pero, como xa estamos metidos de cheo  nunha nova aventura (o fascinante Exipto), non podo deixar pasar a ocasión sen compartir algo sobre o tema.Que vos parecen uns xogos relacionados co que estamos traballando?
Pois aí vos quedan para que os gocedes!!!

-Se queredes avanzar dentro desta pirámide de bbc.co.uk teredes que atopar o número que falta nas operacións. Empezade polo máis fácil que o último nivel... non é para primeiro!!! (1º,2º e 3º sería)
- Agora unha de xeroglíficos. Mirade que máquinaa de escribir máis molona de discoveringegypt.com.
-En Hellokids.com aparecen  crebacabezas. Recoñecedes que son?
-E na mesm páxina tamén tedes para colorear on line ou imprimir os monumentos que vimos. Quen se lembra?

sábado, 27 de febreiro de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(III).

Portada do meu proxecto para o curso.

Como o curso do PLATEGA: Métodos innovadores na xestión da aula de primaria tamén abordaba a Aprendizaxe Baseada en Proxectos aproveitei o tema para aprender e poñer en práctica o que ía descubrindo.
Cóntovolo por partes:
1.No inicio do proxecto fixemos unha recollida das ideas previas a través da técnica do Remuíño de ideas. Unha vez expresado todo aquilo que xa sabiamos do tema, puxémolo por escrito.
Aí démonos conta que  non tiñamos demasiados datos sobre a gastronomía do Reino Unido.
2.Optamos por seguir  a nosa investigación cara o que nos interesaba aprender do tema en cuestión. Tamén  o  puxemos por escrito.
3.Aquí foi onde decidimos, entre todos/as, elaborar un guión para saber que apartados tocar:
-Coñecer onde está Reino Unido (e Londres, onde comeza a historia).
-Saber cantas comidas fan os ingleses.
-Averiguar os seus horarios para comer.
-Como se chaman eses períodos.
-Saber o que comen .
4. Pedimos información ás familias, pasamos pola biblioteca do cole, buscamos na Internet....

Na próxima entrada contámosvos como continuou o noso proxecto.

mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA GRANDE.

Imaxes de Rosalía creadas polas artistas Aurora Cascudo,Uqui Permui, Aladara Prado e Paula Mayor.

Xa chegou o día!!!! E fixemos unha pequena e preciosa homenaxe no cole,  que vos presentaremos en breve.
Dende a nosa biblioteca ofrecémosvos a canción "Rosalía pequeniña", do libro-disco do mesmo nome, que editou Galaxia na colección Sonárbore en 2013. Está ilustrado marabillosamente por Marina Seoane e cantado por unha serea que se chama Uxía.
Sobre esta cantiga fixemos  ilustracións de estrofas e recitado da mesma. Ao final, cantámola entre todos/as. Participaron varios cursos, entre eles primeiro, pero a profe sólo o celebrou, porque estivo un pouco pachucha. Graciñas por deixarme participar!!!
Aquí tamén aparece un estupendo LIM para coñecer mellor á nosa autora.

E para rematar, aí vai a miña humilde homenaxe  a Rosalía que sae  da pluma e o papel. Que vos guste!!!
Montaxe realizada con PiZap.

martes, 23 de febreiro de 2016

ESPERANDO A ROSALÍA.

Imaxe do cartaz do Concello de Silleda para  o Día de Rosalía.

Mañá será un día moi especial para as nosas Letras, porque celebraremos o 179 aniversario do nacemento  dunha das nosas escritoras máis senlleiras. 
Rosalía de Castro nacía un 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e viña ao mundo para levar o idioma galego ao recoñecemento mundial. Se queredes traballar este día , aquí vos deixo algunha das moitas opcións que hai:

-No blogue colectivo Actividades LIM aparecen recursos sobre a autora.
- Na Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e dinamización Lingüística atoparedes cousiñas de interese.
-En Hablandodetodounmucho hai moi bo material.Premede sobre o enlace.
-Tamén podedes botarlles un ollo ás entradas de anos anteriores. Premede aquí.
-Utilizando de base esta fantástica presentación de Educa Barrié, creei un par de brincaletras sobre Rosalía. Teñen as mesmas preguntas pero para os máis cativos teñen a opción de escoller e para os maoires hai que escribir.

Este para os máis pequenos.

Este para os máis grandiños.

luns, 22 de febreiro de 2016

PERELLA APARECE.

Montaxe realizada con PiZap.

Non tiveramos novas de Perella dende o Nadal, cando nos deixara figuriñas e piruletas de chocolate para agasallarnos  por aquelas datas. E de súpeto, apareceu unha nova carta!!!No mes de xaneiro, a nosa compañeira Ana de 5º deixáralle unha carta e, polo Nadal, Diana e Paula Campos de 6º, enviáranlle unhas postais preciosas. Así é que a nosa fada quixo corresponderlles o detalle cunha contestación conxunta para as tres(nas fotos non sae Diana porque estaba ocupada facendo un exame.)
Montaxe realizada con PiZap.

Animádevos a escribirlle chicos/as; seguro que lle fai ilusión!!!

venres, 19 de febreiro de 2016

XOGAMOS?

Que vos parece se xogamos un anaco? Deixovos un pouquiño de todo para que poidades escoller. Que xogo vos gusta máis?

- Doki desde Discovery Kids, tráenos unha actividade de buscar diferenzas. A ver quen está máis atento/a!!!!
- Na páxina El blog de primero atopei este bingo de palabras. Ten tres niveis de dificultade. Vós veredes!!!
-Algo de Mates de digitalschool.be (atopado no blogue de Antonio López, Juegos Educativos Online Gratis) Só tendes que fixarvos na figura e na cor e arratrar a figura correcta. Clicade na frecha verde para cambiar de panel.
-E para rematar uns xogos de memoria (Este atopeino  en Memojuegos).
- E os dous seguintes na páxina da nosa amiga Blanca Lafarga, Escuela infantil castillo de Blanca.
Este de letras.
Este de números.

Xa  me contaredes que tal!!!

mércores, 17 de febreiro de 2016

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS (II).

O proxecto púxose en marcha a través dunha presentación para todo o cole. Os maiores explicáronnos quen era o  autor e visionamos parte dun capítulo da serie de debuxos animados que tanto éxito tivo nos anos oitenta. Clicade sobre a imaxe dos personaxes e accederedes aos capítulos da mesma.
Imaxe obtida na rede.
Na biblioteca crearon un precioso espazo informativo e motivador sobre o tema, que puidemos visitar.
Montaxe realizada con PiZap.
Os alumnos/as de 6º de primaria elaboraron un interesante lapbook sobre o autor da obra sobre a que baseamos o proxecto:  Julio Verne. O mellor de todo foi que pasou por todas as clases para que puidésemos aprender moitas cousiñas sobre el.
Montaxe realizada con PiZap.

luns, 15 de febreiro de 2016

NECESITAMOS...

Imaxe obtida na rede.

O 4 de febreiro celebramos o Día Mundial contra o Cancro e o 15, o Día Internacional da Loita contra o Cancro Infantil. Son datas duras relacionadas con enfermidades terribles e, por desgracia, demasiado cercanas.Pero isto non é co que temos que quedarnos. Xa sabemos que a enfermidade existe, e a dor, as inxustizas, as guerras....o que debemos intentar é ser conscientes do que nos rodea e procurar axudar sempre que alguén precise do noso apoio.
A AECC (Asociación Española Contra o Cancro) ten a nosa disposición na súa páxina unha serie de contos que pretenden achegarnos a esta realidade tan crúa pero latente. Preme sobre a imaxe para  coñecer o tema máis de preto e así poder axudar con coñecemento de causa.
Logo da AECC.

domingo, 14 de febreiro de 2016

POR QUE SÍ!!

A min, persoalmente, non me interesa saber que é o amor, son máis das que prefire experimentalo nos pequenos detalles do día a día; pero se alguén ten dúbidas aquí lle deixo esta bonita historia de Davide Cali coas fantásticas ilustraccións de Anna Laura Cantone.
Obtido en Youtube Cuentos infantiles.

Está unha tarde ideal para gozalo. Que vos guste!!!

mércores, 10 de febreiro de 2016

REMATANDO O ENTROIDO

Nestas datas de Carnaval, decidimos facer algo en Plástica relacionado co tema. Na páxina Stockpilingmoms atopei unha interesante idea:un anteface feito coa silueta das nosas mans.

Pasos:
-Por parellas, siluetear as nosas mans en cartolina.
-Recortalas.
-Pintalas con témpera ao gusto (Nós, por cuestións de tempo, utilizamos a mesma cor; menos a profe porque fixo horas extra).
-Decorar con papeis de cores.
-Colocarlle unha palliña de soporte e...
-A lucirse!!!

Que vos parecen?

Montaxes realizadas con PiZap.

luns, 8 de febreiro de 2016

ENTROIDO E PAN DE MILLO.


Tal vez non entendades moi ben o título que usei esta vez para encabezar esta entrada pero todo ten a súa explicación.Xa falamos no post anterior da marabillosa tarde de filloas que pasamos cos nenos e nenas de infantil e iso tiña sentido porque estamos en tempo cocido,  filloas e  orellas. Pero o pan de millo; vale para todo o ano!!!
O venres, 5 de febreiro, chegou o colofón  do noso Entroido coa tradicional festa de disfraces. Así de guapos lucimos as nosa mellores galas.
Montaxe realizada con Befunky.

 Comezamos , como en anos anteriores, degustando rosca e chocolate, pero o mellor estaba por vir.

E chegou a hora de merendar con.... Pan de millo!!!
Premede sobre o logo para acceder á súa páxina.

Os fantásticos actores do grupo "Migallas Teatro", María Campos e Carlos Yus,dedicáronnos unha hora  longa que nos soubo a risas, a música, a teatro, a nostalxia, a pan de millo e..... a pouco; soubonos a pouco!!!
Grazas a esta actuación, patrocinada pola ANPA e o Cole, puidemos aprender cousiñas sobre Pinocho, asistir á voda da pulga e o piollo, xogar ás adiviñas,lembrar a Dona Carme,  coñecer a avoa Manuela......e vivir un montón de divertidas  aventuras.
Deixovos un recordatorio do que foi o día.
Montaxe realizada con Befunky.


Grazas, María e Carlos, por tan entrañable espectáculo que nos fixo soñar; sobre todo nestes tempos revoltos!!! Ata a próxima!!!

domingo, 7 de febreiro de 2016

ARRECENDE A ENTROIDO.

Albiscando o cabo da semana, a celebración galega por excelencia chegou ao CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei), en forma de  tradicional filloada. Grazas á boa man dos nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria o cole arrecendeu a Entroido. Hai tradicións que  no se deben perder!!!
Grazas aos picariños de 5 anos e a profe Vane por contar outro ano máis con nós.
ENCANTOUNOS ASISTIR!!!
A prensa fíxose eco da nosa actividade. Aí volo deixo.
A Voz de Galicia
O Faro de Vigo

sábado, 6 de febreiro de 2016

O MECO MANDA (II).

Así se quedou de só  D. Manolo porque non tivo ,en toda a semana, candidatos a pasar polo  pote.
Ollade que ben seguimos os mandados:
MÉRCORES 3
XOVES 4 

Montaxes creadas con PiZap.

Agora solo nos falta contarvos a festa!!!!

xoves, 4 de febreiro de 2016

O MECO MANDA.

Imaxe creada pola teacher María.
Comezamos esta semaniña de Entroido facéndolle caso aos madados do meco porque non temos interese ningún en ir para ao pote.
 LUNS 1
E seguimos portándonos como campións no segundo día.
MARTES 2.
Montaxes realizadas con Pizap.
Xa vos seguimos contando!!!

martes, 2 de febreiro de 2016

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS.

Imaxe obtida  dos Recursos Haz teatring.

No trimestre pasado a mascota da nosa biblioteca, Biblo, propúxonos un interesante proxecto a todo o cole. Como este ano o lema das Bibliotecas escolares é Biblioteca escolar base de exploracións, ocorreuselle que poderiamos facer unha investigación baseándonos no libro de Xulio Verne "A volta ao mundo en 80 días". Tomando como inicio esta aventura averiguamos cousiñas dalgúns dos paises por onde pasa o señor Fogg e os seus acompañantes. Cada vez que entreguemos o traballo sobre un país obteremos un selo no pasaporte da nosa clase.
Montaxe realizada con Pizap.
Carta de Biblo.
Billete de viaxe.
Pasaporte. (Montaxe realizada con PiZap).

BON VOYAGE!!!