mércores, 30 de abril de 2014
EN PASCUA...É TODO ROSCA?
martes, 29 de abril de 2014
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
O 29 de abril celebramos o Día Internacional da Danza. Non vou a darvos demasiadas pistas porque seguramente o aproveite para os puntos pero de todas maneiras a danza, como calquera das artes, non é algo que se poida explicar con palabras; ten que ver cos sentimentos.
Quero deixarvos uns exemplos de distintos tipos de danza que existen para que sexades vos mesmos os que xulguedes o que vos gusta e vos fai sentir. Contádemo, que me fai ilusión!!!!
DANZA CLÁSICA
luns, 28 de abril de 2014
COMO A VIDA MESMA (XII)
Como mañá é o Día Internacional da Danza quero deixarvos como aperitivo este precioso vídeo coas notas en movemento do famosísimo "Bolero" de Maurice Ravel. Xa sei que non é danza pero si leva un dos seus ingredientes fundamentais : a música.
domingo, 27 de abril de 2014
EXTRA!!! EXTRA!!!
Por fin están aquí as entrevistas máis esperadas!!!! Esas que nos desvelarán os segredos dos nosos personaxes favoritos, nos achegarán anécdotas simpáticas e nos darán a coñecer a madeira de xornalistas que hai en 4º.
sábado, 26 de abril de 2014
SEMENTANDO ECOLOXÍA
Xa están aquí as crónicas sobre a charla de Enrique Banet na que falamos da agricultura ecolóxica. Foi unha tarde agradable na que aprendemos moitas cousiñas. Velaquí están!!!
xoves, 24 de abril de 2014
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.
Imaxe atopada na rede.
Onte celebramos no cole o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor. Nun acto sinxelo, reunímonos todos no salón e vimos un estupendo telexornal elaborado polos nenos/as de 6º, cunha pequena colaboración publictiaria dos alumnos/as de 4º. Despois escoitamos a lectura do primeiro capítulo de "Platero y yo", realizada conxuntamente por un neno de cada aula. Como o libro está de centenario ben merece unha homenaxe!!!
Estas actividades leváronas a cabo o Equipo de Biblioteca coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Como decoración para o evento, fixeron unhas árbores literarias cuxos froitos (adiantándose ao verán )foron estupendos libros cos que encher de soños as nosas vidas. Esas obras creáronas todos os nenos do cole.A árbore violeta é a de 1º ciclo; a laranxa , a de 2º ciclo; a de cor verde , de 3º ciclo e a vermella , de Infantil.
Ollade que lindas quedaron!!!
mércores, 23 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO
Imaxe obtida na rede.
O 23 de abril foi a data escollida pola UNESCO para celebrar o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor en 1995. Coincide o día co do falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega no ano 1616.
No 2001, á iniciativa da UNESCO, nomeouse a Madrid Capital Mundial do Libro. Desde ese momento diferentes cidades relévanse en acoller esta honra e organizan actividades culturais relacionadas co evento. Este ano a afortunada é Port Harcourt (Nixeria).
A Directora Xeral da UNESCO; Irina Bokova, na súa mensaxe para este ano , afirma:
Mafalda será o estandarte da UNESCO para a celebración deste ano.
Preme na imaxe para saber máis.
Para obter máis información sobre este tema:
-UNESCO.
QUERES SER UN BO LECTOR/A?
APLÍCATE O CONTO!!!
martes, 22 de abril de 2014
DÍA DA TERRA.
Imaxe obtida na páxina de Nacho Brunt (nocturnar)
O Día da Terra celébrase o 22 de abril en moitos países do mundo. Instaurouse este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, produción da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer á Terra.
Temos un fermoso Planeta ,cedido durante uns anos para uso e disfrute noso e dos nosos, pero non debemos esquecer que é de prestado. Uns estiveron antes e outros virán despois; que queremos deixarlles en herdanza?Se a Terra é o noso fogar por que non o tratamos como tal?
Na páxina das Nacións Unidas tendes información sobre a celebración deste día.
Nesta páxina do goberno de La Rioja , sobre medio ambiente, atoparedes divertidos materiais descargables e enlaces de interese con máis xogos.
luns, 21 de abril de 2014
CRÓNICA DUNHA PARTIDA ANUNCIADA.
O pasado 17 de abril abandonaba este mundo , Gabriel García Márquez, premio Nobel de Literatura en 1982. Este autor colombiano de nacemento e mexicano de adopción deixounos un extenso legado cuxo máximo exponente é "Cien años de soledad". Non é un autor infantil pero como ides medrando debería empezar a soarvos.
Deixovos un vídeo subido a Youtube por Hada Dormida ,que recolle as "13 líneas para vivir" deste xenial autor. Creo que moitas delas as enteredes perfectamente, se non podedes preguntarnos aos adultos; pero non esquezades que, na vida, a mellor aprendizaxe é a que un fai a través da propia experiencia.
Os grandes xenios son humanos, tamén se equivocan.
Ata sempre, Gabo!!!
COMO A VIDA MESMA (XI)
Aproveitando que temos á volta da esquina a celebración do Día do Libro, volvemos a invitar á nosa sección ao xenial Andrés Faro.Traenos un chiste moi simpático e actual sobre as novas tecnoloxías e o papel. Por certo, a ninguén lle soa de nada? Espero os vosos comentarios.
sábado, 19 de abril de 2014
INVENTAMOS?
Como en Coñecemento do Medio estivemos estudando as máquinas e os inventos, que vos parece se agora xogamos para ver que aprendestes? Premede nas imaxes para xogar.
Caja Astur ofrécenos este divertido xogo.
José Canseco Castilla realiza unha entretida presentación sobre as máquinas, os aparatos e os inventos. Botádelle un ollo!!!
No Proxecto Alquimia podedes atopar varias seccións que vos axudarán a repasar o Coñecemento do Medio, como Animais e plantas, O meu Planeta, A máquina do tempo, Medro feliz ou Máquinas e ferramentas. O número 2 correspóndese co 2º Ciclo.
venres, 18 de abril de 2014
EXPERIMENTANDO.
Durante o 2º trimestre, en Coñecemento do Medio, tamén nos dedicamos a experimentar. Aquí tendes un resumo do que levamos feito.
mércores, 16 de abril de 2014
COMPARANDO A PRIMAVERA.
E coa chegada da primavera aflorou en nós o sentimento poético e as gañas de loar esta marabillosa estación e os seus fermosos agasallos.Esta vez fixémolo traballando á comparación.
A ver que vos parece!!!!
martes, 15 de abril de 2014
HORA DE LER (V)
A semana pasada recibimos unha sorpresa na "Hora de ler". Sabela trouxo á aula un libro de lecturas da súa madriña, Carina. Si, si, de cando ía á escola, e ata traía pegado na portada o seu horario. Era un libro de SM chamado "Cuentos escenificados" . Escollimos unha lectura titulada "¿Por dónde sale el sol?" e interpretárona moi ben Martín , Iván e Sabela.
luns, 14 de abril de 2014
COMO A VIDA MESMA (X).
Un 14 de abril de 1126 viña ao mundo, en Córdoba, Ibn Rusd Averroes. Foi un importante filósofo e médico anadalusí, mestre de filosofía e leis islámicas, matemáticas , astronomía e medicina. Gustaríame destacar hoxe na sección , unha das súas frases para a reflexión.Aínda que non todos os seus pensamentos foran acertados esta frase resulta moi interesante. A ver que vos suxire.
domingo, 13 de abril de 2014
EPISTOLARIO.
E xa recibimos unha nova misiva dos nos compis do Cole Pérez Viondi, en A Estrada. Mandarámoslle o mesmo xogo que nos enviaran para que intentasen averiguar quen somos, e.... non fallaron nin un. Son uns cracks!!!
Para non perder o tempo xa lles contestamos e estamos desexando recibir outra carta.
A Diana tocoulle ler o que nos contaron os nosos compañeiros/as de A Estrada. Na parte inferior da montaxe , a nosa contestación.
venres, 11 de abril de 2014
VERDE, QUE TE QUERO VERDE.
O pasado mércores, dentro do ciclo de charlas "Son d´aquí " (organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega) visitou o noso centro Enrique Banet, presidente e promotor da Fundación Galicia Verde. Esta fundación é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como principal obxectivo o desenvolvemento rural sustentable.Pretende actuar como dinamizadora da actividade agrícola, gandeira,forestal e turística da comarca onde se instale; neste caso, en Leboso( Forcarei).
Enrique, centrou a súa intervención , en falarnos da agricultura ecolóxica e as súas vantaxes na nosa vida cotiá. Tamén nos invitou a o gran evento que se celebrará esta fin de semana en Leboso: a" 4º Feira de sementes e plantón ecolóxicos". Será o domingo día 13.
Maís información sobre a Fundación Galicia Verde premendo sobre a imaxe
xoves, 10 de abril de 2014
PARTICIPAMOS!!!!
Este ano lieime a manta á cabeza e decidín participar na VIII Edición do Premio Espiral Edublogs 2014. Necesitei un pequeno( ou grande) empurrón para facelo.Pero xa está!!!
Este galardón pretende, fundamentalmente, valorar, recoñecer, visibilizar e animar o traballo dos docentes que a través desta ferramenta didáctica, queren levar a cabo a súa labor pedagóxica ao abeiro do uso das TIC na aula.
Sei que pode soar pretencioso, que a andaina é curta e queda o infinito por aprender,que a competencia é dura e tal vez non esteamos á altura, pero, como dun cobarde nunca se escribiu unha historia, ninguén nos priva de probar sorte. É bonito soñar!!!
Deixádenos o voso comentario de apoio clicando na imaxe e facádenos ver que a nosa inconsciencia non é para tanto. Os vosos comentarios son o mellor premio; a ese sí que podemos optar.
mércores, 9 de abril de 2014
HORA DE LER (IV)
Nesta nova entrega da "Hora de ler" tocounos homenaxear aos clásicos. Para isto , Adán, leunos do seu libro "Simbad, el marino" e Marcela, dunha selección de historias de Charles Perrault (interesantes para antes de durmir) , escolleu "El doctor sabelotodo".
luns, 7 de abril de 2014
MARCHANDO UNHA DE CELEBRACIÓNS.
Hoxe é 7 de abril e conmemoramos varias cousas importantes: (Non darei demasiados datos para utilizar a data nos puntos)
Imaxe obtida no blogue Burbujitas de infantil
- Día Mundial da Saúde: Para recordar a fundación da OMS escolleuse este día . Cada ano adícase a un tema determinado. Clica na imaxe de arriba e levarate á páxina da OMS para obter máis información.
Fotografía de www.archivochile.com
-Tal día como hoxe nacía Gabriela Mistral. Se premedes na imaxe, iredes ata a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes e atoparedes cousiñas sobre esta brillante dona.
Imaxe da Revista Katharsis
-Fai catrocentos anos que morría Doménickos Theotokópoulos. Premendo na imaxe iredes aun Pinterest con obras de este xenial artista.
E agora solo queda agardar polos puntiños!!!
COMO A VIDA MESMA (IX)
sábado, 5 de abril de 2014
O INVERNO QUE NON PASA.
Aínda que xa estamos na primavera(que non é que se note moito)quero compartir con vós esta escolma de preciosos poemas sobre o inverno creados polos nenos/as de 4º.Se o outono tivo o seu momento creador, o inverno non podía ser menos.
Gozádeos a carón da cheminea, que parece que polo de agora, é necesaria.
xoves, 3 de abril de 2014
TENRA VISIÓN
Como xa mencionei na entrada anterior,onte foi o Día Internacional para a Concienciación do Autismo e, navegando pola rede, atopei esta curta animada que nos da a visión dunha nena sobre o seu irmán autista.Frêdêric Philibert, pai dos nenos,realizou esta montaxe para falar sobre a súa vida e o que supuña para a súa familia esta experiencia.
A ver que vos parece.
mércores, 2 de abril de 2014
DÍA INTERNACIONAL PARA A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
Non quero deixar pasar a oportunidade sen mencionar este día.
Imaxe obtida no blogue Orientación Condesa
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
Un 2 abril de de 1805 viña ao mundo, en Dinamarca, Hans Christian Andersen. Este escritor e poeta danés fíxose famoso mundialmente grazas aos seus contos para nenos/as.Por iso, a data do seu nacemento foi escollida para conmemorar este día. O IBBY pomove a celebración deste evento co fin de promocionar a literatura infantil e xuvenil e a lectura entre os máis novos.
Cada ano, desde 1967, unha Sección Nacional patrocina internacionalmente o Día do Libro. A Sección elixe un tema e invita a un autor/a importante do país a escribir unha mensaxe aos nenos/as do mundo e a un recoñecido ilustrador/a a deseñar un póster. Estes son usados para promocionar os libros e a lectura.
Nesta ocasión o deseño do cartel é de Niamh Sharkey e a carta aos nenos e nenas do mundo da autora, editora e tradutora Siobhán Parkinson.
Cada ano, desde 1967, unha Sección Nacional patrocina internacionalmente o Día do Libro. A Sección elixe un tema e invita a un autor/a importante do país a escribir unha mensaxe aos nenos/as do mundo e a un recoñecido ilustrador/a a deseñar un póster. Estes son usados para promocionar os libros e a lectura.
Nesta ocasión o deseño do cartel é de Niamh Sharkey e a carta aos nenos e nenas do mundo da autora, editora e tradutora Siobhán Parkinson.
Imaxe extraída do blogue "Soñando cuentos"
E para celebrar ben o día unha complilación de contos da editorial SM.
Cal vos gusta máis?
martes, 1 de abril de 2014
1 DE ABRIL...
DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN.
Según o artigo 26 da Declaración do Dereitos Humanos "Toda persoa ten dereito á educación. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais"
Como non fun quen de escoller unha frase sola que resuma o"espírito educativo", deixovos un Top Ten sobre o tema (Recollido por Tiching)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)