sábado, 31 de outubro de 2015

O DÍA DOS MORTOS.

Podemos chamarlle de diferentes maneiras dependendo do  punto xeográfico onde nos atopemos pero, o certo é que todas teñen a mesma orixe. Se premedes  aquí poderedes ler a historia do Samaín e a súa relación co Halloween. Aparte tamén aparecen xogos e actividades terroríficas.
Para que celebredes este día deixovos  a curta "Día de los muertos", xa que este ano no cole, as catrinas,  e México tiveron moita presenza. (A celebración, noutra entrada).
Ándale, que vos vaia bonito!!!
Grazas sempre á profe Vane, que aínda que non está no cole, me manda enlaces xeniais!!!
Feliz Samaín!!!

martes, 27 de outubro de 2015

AÍ VEN O SAMAÍN!!!

Achéganse datas cheas de bruxas e pantasmas e como todos os anos  quero ofrecervos unha compilación cargadiña de ideas e sorpresas para gozar da celebración.Espero que vos guste e que lle saquedes o máximo partido.
Tremede de medo que chega o Samaín!!!
Premede sobre a imaxe para acceder.

sábado, 24 de outubro de 2015

AGORA QUE SABES LER...

Imaxe compartida por Bibliotecas aragonesas.

O mes de outubro é un mes dedicado á biblioteca. Nós xa empezamos coa "Hora de ler" das tardes e creamos a nosa biblioteca de aula . Tamén  visitamos a biblioteca do cole, que nos recreos, ofrécenos en moitas ocasións contos con marionetas ben chulos e, a partires do luns, haberá máis sorpresas.
 
Preme sobre a imaxe para ter máis información sobre este día.


Imaxe compartida por Docentes para el fomento de la lectura.

Xa que estamos en primeiro e imos ben encamiñados coa lectura, aproveitemos todas as oportunidades que nos ofrecen os libros. 
Visita a biblioteca!!!

mércores, 21 de outubro de 2015

REPASAMOS OS NÚMEROS(II).

Aquí vos deixo uns estupendos xogos para repasar a suma e a resta. A xogar!!!

-Este para sumar coa liña numérica.
-E este para restar coa liña numérica.
Este está moi chulo pero recoméndovos a axuda dun adulto para poder facelo. Atrevédesvos?

(Os  xogos recollinos no blogue da nosa amiga Blanca Lafarga, Escuela infantil castillo de Blanca, que sempre ten moi bos recursos. Graciñas, Blanca!!!).

domingo, 18 de outubro de 2015

CANTO TEMPO, PERELLA!!!

A semana pasada, cando chegamos á clase, tiñamos unha sorpresa agardando por nós onda o photos.: unha caixa vermella cun lazo xeitoso e unha notiña misteriosa. Digo misteriosa porque levaba uns corazóns e poñía "Para sumar". Tamén estaba asinada coas iniciais F.P.
O enigma quedou medio resolto ao abrir a caixa e ver que había..... caramelos!!! Si, si, como o oides!! E claro; eu a verdade é que as iniciais me eran familiares e como os nenos/as me insistiron tanto en que lles contara o meu segredo.... tiven que falarlles de Perella! Quedaron moi contentos coa aparición da nosa amiga e fixeron moitas conxeturas sobre ela e como viñera.  Aínda no temos de todo claro.
Fixémoslle caso e usamos os caramelos para sumar pero.... tamén tivemos que probalos; para ver como sabían os doces do mundo das fadas!!!

mércores, 14 de outubro de 2015

ESFERATIC.

Imaxe obtida en pixabay.com

Fai uns días recibín unha invitación  moi motivadora por parte do espazo Esfera TIC. Trátase dun espazo que pretende englobar lugares web que dedican o seu tempo a mellorar a educación mediante o uso das novas tecnoloxías. Formar parte desta comunidade permite participar, compartir e coñecer diferentes maneiras de traballar.

Estou encantada de unirme a esta comunidade blogueira!!!
Premede sobre o logo para acceder.

xoves, 8 de outubro de 2015

CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS NATURAIS.

Comezamos cuns recursiños de Ciencias Sociais.
- Na páxina de Educastur, Pelayo e a súa pandilla invítannos a coñecer a súa casa. Queres coñecela?
- Educarex ofrécenos estas divertidas actividades sobre a familia. Apetécevos xogar?

Agora tócalle ás Ciencias da Natureza.
-Divírtete   marcando as diversas partes do corpo nunha actividade de Edu Caixa.

-Para repasar os sentidos unha actividade de ANAYA da páxina de la Junta de Andalucía.
-La Galera tamén nos trae un encrucillado sobre os sentidos.

BO XOGO!!!

luns, 5 de outubro de 2015

FELIZ DÍA, DOCENTES!!!


Imaxe atopada na rede.

Hoxe é o Día mundial dos docentes e , aínda que este ano non estou moi centrada nas efemérides, non me gustaría deixar pasar a ocasión sen mencionar a data. 
Somos moitos os que amamos esta actividade que sempre se converte en algo máis, que trascende o meramente profesional pasando a ser un modo de vida.
Nas palabras do gran Gabriel Celaya queda parte do que pretendemos.
Imaxe atopada na rede.

 E para os docentes que me educaron a min, todo o meu agradecemento.
Imaxe atopada na rede.

Sempre esperando estar a vosa altura, MESTRES!!!