mércores, 30 de setembro de 2020

DÚAS CELEBRACIÓNS E UNHA DESPEDIDA.

Homenaxe de Fernando Pinilla ao mestre Quino
Hoxe é un día de celebración pero viuse empañado pola despedida do gran mestre Quino, creador da sempre enxeñosa Mafalda. Os que gozamos da lectura e , concretamente desta nena que odia a sopa e ten reposta para todo, sentímos un pouco orfos  depois da partida  dun xenio da creación. So nos queda desexarlle boa viaxe e que alá onde vaia non deixe de crear. Ata sempre, mestre!!!

venres, 25 de setembro de 2020

MENUDO(S) PUNTAZO(S)!

Imaxe de fevzizirhlioglu en Pixabay.com
O día 15 de setembro celebramos na nosa aula o Día Internacional do Punto. Como o ano pasado tivemos un remate de curso un tanto peculiar, decidín rescatar os puntos xa creados para darlles unha nova vida e que puidesen viaxar para a casa de cada neno/a. Foi así como cada un colocou sobre unha cartolina laranxa un título coas súas creacións. A ver se vos gusta o resultado!

luns, 21 de setembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E MUNDIAL DO ALZHEIMER 2020.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Hoxe temos unha dobre celebración.
Día Internacional da Paz.
Este ano, máis que nunca, se viu que todos os pobos temos un inimigo común contra o que deberiamos loitar xuntos: a pandemia provocacda pola Covid 19. Por que non facer un frente común contra unha

martes, 15 de setembro de 2020

DÍA DO PUNTO 2020.

Montaxe creada con PiZap
Nestes días nos que non podemos facer infinidade de cousas toca agudizar o enxeño para inventar novas maneiras de realizar o prohibido; respectando as normas, claro está!!! 

domingo, 13 de setembro de 2020

ROALD DALH 2020.

Caricatura do autor de Fernando Vicente
Hoxe, 13 de setembro, Día Internacional do Chocolate e do Bibliotecario/a , celebramos tamén  o Día de Roald Dalh. A data  de nacemento do autor foi escollida para conmemoralo e tamén para ensalzar o doce alimento debido, en parte, ao libro do escritor "Charlie y la fábrica de chocolate".

xoves, 10 de setembro de 2020

POR FIN NOS VEMOS AS CARAS!!!

A nosa aula
Por fin chegou o día de vernos todos/as!!! Foi moi emotivo e divertido atoparnos  no cole despois de tanto tempo. Ademáis temos un compañeiro novo que se chama Andrés. Eu creo que xa nos fixemos amigos!!!
Non foi como de costume  pero non estivo mal!!

martes, 8 de setembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN 2020.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
O 8 de setembro celebramos o Día Internacional da Alfabetización dende fai cincuenta e tres anos. Na entrada do ano pasado aparece a súa definición.Consultádea aquí.

domingo, 6 de setembro de 2020

IMOS PREPARÁNDONOS!!!

Imaxe creada por nizovatina en www.freepik.es
Chicos  e chicas xa queda moi pouquiño para que volvamos a vernos no cole!!! Eu estou impaciente, e vós? Seguro que sodes conscientes de que esta volta será especial e que teremos que  tomar unha serie de precaucións e seguir unhas normas. Pero iso é o de sempre, non si?

martes, 1 de setembro de 2020

SETEMBRO OUTRA VEZ!!

Imaxe atopada en www.freepik.es
Despois dun verán un tanto atípico aterramos en setembro cargados de dúbidas e incertezas. Todos os cursos as temos pero, estaredes de acordo comigo, que este ano...Lévase a palma!!!