Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
O 8 de setembro celebramos o Día Internacional da Alfabetización dende fai cincuenta e tres anos. Na entrada do ano pasado aparece a súa definición.Consultádea aquí.
Na páxina de diainternacionalde.com aparece máis información sobre esta importante data.
Para rematar a entrada quero compartirvos unha canción sobre o alfabeto que nos axudará a repasalo. Está interpretada pola familia Telerín, un curioso grupo que, nos anos 60 do século pasado, anunciaba en Televisión Española que remataba a programación infantil e os nenos/as debían ir para a cama. Igualiño que agora, vamos!!!!
Agardo que vos guste!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario