Imaxe obtida en Pixabay.com.
O pasado mes de novembro fixemos no cole unha exposición sobre produtos do outono. Cada aula, encargouse de escoller un froito, investigalo e elaborar un cartel informativo. Posteriormente, no salón de actos, montamos unha pequena exposición co resultado do noso traballo. Mirade que bonita quedou!!!
A clase de primeiro escollemos o millo, xa vos ensinaremos como foi a investigación.
Como colofón a esta magnífica iniciativa, que menos que unha degustación dos produtos investigados. Ollade a nosa mesa!!!
Había moitas cousas ricas: produto fresco (uvas, granadas, pipas de cabaza e figos ), produto elaborado ( doce de marmelo e de mazá, pan de millo,pan de figos...) e un repertorio de doces que tivo moito éxito (biscoitos de noces, mazá, cabaza...). Os nosos flocos de millo tamén voaron. Non quedou nadiña!!!
Montaxes realizas con Pizap.