martes, 27 de febreiro de 2018

ROSALÍA PRESENTE.

Imaxe creada por Iria Ribadomar para Deica Creacións.
Despois do noso recitado familiar, quixemos ter un detalle coas nosas familias. Primeiro, visitamos a aula dos nenos/as de 3 e 4 anos para compartir con eles o visionado da nosa creación e despois, repartímoslles o dvd coa gravación e unha bolsiña con bombóns e unha tarxeta de agradecemento ás familias. Creo que aos nenos/as lles gustou, e ás familias? Desexamos que tamén.
Montaxe realizada con PiZap.
E para deixarvos un estupendo sabor de boca, compártovos esta producción de Lucas Terceiro realizado para o Concello de A Estrada. Pon en valor a relevancia universal da nosa poetisa máis recoñecida.
Obtido no canal de Youtube do Concello de A Estrada.
PARABÉNS A TODOS /AS OS ARTÍFICES!!
(Que ben traballa a xente de A Estrada!!! Nada que ver, que eu sexa dalí ! 💚💜💛)

sábado, 24 de febreiro de 2018

A NOSA ROSALÍA.

Imaxe de Luz Beloso.
Hoxe ,24 de febreiro, celebramos á nosa querida Rosalía de Castro.Cada vez ten máis repercusión a data que conmemora o seu nacemento e non é para menos. Muller intrépida, que escribiu en galego, foi estandarte da nosa Lingua; esa que está en horas incertas. A nosa aula, compartiu unha fermosa iniciativa cos picariños de 3 e 4 anos, para ensalzar a figura da autora.
Implicamos ás familias dos nosos alumnos/as para facer un recitado familiar do poema "Alborada". Este foi o resultado. Espero que o gocedes tanto, como nós a súa realización.
Premede aquí, para acceder  a entradas anteriores.
Premede sobre a imaxe para ver o recitado.
Grazas aos picariños. á profe Vane, ao perellos de primeiro, a Josele (que non teño o pracer de coñecer), ás familias e a todos aqueles que fixestes posible este proxecto. Rosalía estaría orgullosa; eu estou,  namorada do resultado.
FELIZ DÍA!!!

mércores, 21 de febreiro de 2018

LINGUA MATER

Imaxe atopada na rede.
Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna. Dende o ano 2000, celebramos esta data que se refire á lingua primeira que unha persoa aprende a falar e prentende promover o multilingüísmo e a diversidade cultural. Para máis información sobre o tema podedes consultar o Portal da Lingua Galega.
Coma sempre podedes consultar as entradas de anos anteriores premendo aquí.
E para festexar a nosa Lingua, déixovos un  vídeo cun lipdub  do CEIP Virxe da Saleta. Fixeron unha estupenda versión de "Sweet Home Alabama" de Lynyrd Skynyrd, que popularizou Siniestro Total como "Miña Terra Galega". Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu  a letra "A Lingua sabe a Pan!" 
Obtido no canal de Youtube Percorrido.
GOZADE DO DÍA E DA LINGUA!!!

domingo, 18 de febreiro de 2018

ENTROIDANDO.

Por fin chegou o venres de Entroido!!!! E puidemos lucir as nosas mellores galas carnavaleiras.
Comezamos a festa no recreo degustando un saborosísimo chocolate (que prepararon as cociñeiras) con rosca. Que ben nos veu porque facía un frío do demo!!!
Despois recibimos unha visita moi especial; a do Pallaso Popín. Fixo as delicias de grandes e pequenos  e ningún de nós escapou as súas bromas. Diego e Oliva tiveron a sorte de ser os seus axudantes.
Premede para visitar a súa páxina.
E para  rematar a festa como debe ser, vimos unha exhibición por parte dos compañeiros/as que van á clase de Zumba  con Priscilla Dance. Ao final, acabamos todos bailando!!!
Esta chica é un ciclón!!!

xoves, 15 de febreiro de 2018

OS MANDADOS DO MECO.

Obtido na páxina oficial dos Bolechas.
Como ven sendo habitual chegadas as datas de Entroido, o Meco, maniféstase e fainos chegar os seus mandados.Este ano  o tema versaba sobre o concepto "charramangueiro" (o que ven sendo un hortera de toda a vida). Pois ben o luns 5 tocounos unha prenda charramangueira; o martes 6, algo na cabeza; o mércores 7, algo nos pés e o xoves 8, o conxunto total. Mirade o que a semana deu de si!
Motaxes realizadas con PiZap.
Teño que dicirvos que fixen un pouco de trampa porque o mércores nevou e solo viñeron dous nenos  ao cole. Fixen a montaxe para que vexades os estupendos traballos e poidades xogar a adiviñar (sen mirar  as últimas fotos, eh? Non vale facer trampas!)
Por certo, como podedes ver nas fotos aparece unha moza moi guapa. É a  profe Lucía, que está facendo as prácticas con nós.
Noutra entrada cóntovos a festa do último día.

domingo, 11 de febreiro de 2018

DÍA DAS CIENTÍFICAS.

Imaxe obtida en http://salamancartvaldia.es
Chegados ao 11 de febreiro temos que festexar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que  pretende visibilizar o labor científico das mulleres e fomentar a vocación nas nenas.
Para que vexades unhas cantas iniciativas e recursos sobre o tema, déixovos un enlace á páxina Educación 3.0.
Tamén vos deixo o vídeo producido por  K2000 para a Cátedra de Cultura Científica do País Vasco con motivo deste día.
Obtido no canal de Youtube  de MEDIAPRO.
FELIZ DÍA!!!

venres, 9 de febreiro de 2018

CELEBRANDO A PAZ(II).

Árbore realizada polos/as nenos/as coa teacher.
Fai dúas semanas fixemos moitas actividades relacionadas coa Paz. Lemos un conto "Para que serve unha tixola?" ( que eu rebauticei, traducín e adaptei da historia de Pedro Pablo Sancristán "El sartenazo") e fixemos un debuxo. Mirade que bonitos!!!
Tamén fixemos unha fichiña combinando actividades vistas na rede sobre o tema. Déixovola en Box  por se lle interesa a alguén.
Montaxe realizada con Pizap.
Noutra entrada, máis.

mércores, 7 de febreiro de 2018

RECURSOS ENTROIDO 2018.

Imaxe atopada en Pixabay.com.
Este ano, xa case me pillou o touro, pero para todos/as os que ides sobre a marcha; aí vos van algúns recursiños para o tempo de Entroido.
-O Portal da Lingua Galega recolle o traballo que nos propón o Seminario Galán.
- Na páxina de ARASAAC ( o Portal Aragonés de Comunicación Aumentativa y Alternativa) temos matariais que podemos empregar.
- Unha presada de disfraces caseiros e chulos en Pequeocio.
- Eugenia Romero de Maestros de Audición y Lenguaje . com, ofrécenos posibilidades interesantes en Castelán.
- Non esquezades consultar os recursos doutros anos.
FELIZ ENTROIDO!!!

domingo, 4 de febreiro de 2018

CELEBRANDO A PAZ.

Imaxe atopada en Pixabay.com.
O  30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e no cole, non iamos ser menos. Nós tivemos que facelo ao día seguinte porque o salón de actos estaba ocupado e non tiñamos onde xuntarnos todos/as e poder conmemorala  como debe ser.
Pola mañá, cando chegamos, o cole estaba cheo de globos coas mensaxes que previamente escribiramos todos/as.
Montaxe realizada con PiZap.
Xuntámonos no salón e, Rocío de 6º explicounos o por que desta celebración, antes de ver a curta"A ovella pelada" de Pixar. Unha bonita historia sobre a autoestima e a beleza interior.
Obtido no canal de Youtube de David e Silvia.
Rematamos o acto coa interpretación da canción"Quérote máis que a tortilla de patacas con xamón"(daí os nosos lemas deste ano). Esta preciosidade gustounos moito e ata fixemos un vídeo. Espero poder compartilo en breve.
Obtido no canal de Youtube de Músicas do país.

xoves, 1 de febreiro de 2018

COÑECENDO O MILLO (II).

Imaxe atopada en Pixabay.com.
Como parte do noso  proxecto decidimos facer unha pequena plantación na aula.
Primeiro nunha bandexa. Colocamos unha capa de algodón e botámoslle auga; "sementamos" os grans; puxemos outra capa de algodón e volvemos a humadecer. Deixámolo nun estante preparado para ver que pasaba.
Tamén plantamos uns grans en terra aínda que a época de sementar millo é sobre abril-maio. Fixemos un buraco, puxemos a semente, tapamos con terra e regamos. A esperar!!!!
Montaxes creadas con Pizap.
Noutra entrada contámosvos que pasou.