sábado, 31 de decembro de 2022

CAMPO A TRAVÉS.

Imaxe de  mihailfeciorunatur en Pixabay
Despois da visita recibida, ao día seguinte, saímos nós para disputar o campo a través cos coles da zona. Tocounos acudir a Caritel, situado en Pontecaldelas. Tras varias tempadas suspendido e, varios intentos fallidos,por fin chegou o día.

venres, 30 de decembro de 2022

VISITA COGAMI (II)

Imaxe obtida na páxina de Fundación Aenilce
Pois hoxe toca contar a visita que nos fixeron os amigos/as de COGAMI.

xoves, 29 de decembro de 2022

VISITA COGAMI.

Imaxe atopada na páxina FAMMA
Comezamos decembro da mellor das maneiras...con visita!!! O día 3 celebrábase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade pero nós adiantámonos. Recibimos a visita dos usuarios/as e monitores de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

luns, 26 de decembro de 2022

25 N (2022)

Imaxe de Marcus Romero.
Imos recuperar algo de tempo este Nadal. Comezamos con cousiñas que quedaron no tinteiro.

sábado, 24 de decembro de 2022

FELIZ NADAL 2022.

Imaxe obtida en IES Plurilingüe Rafael Dieste- A Coruña

CIENCIA NA BIBLIOTECA EN GALEGO.

Dentro de "A maxia dos venres" da BE tivemos a sorte de participar nunha sesión de ciencia a cargo da profe Vane.Os cursos máis baixos xa tiveran o privilexio (o venres anterior) de gozar coa sesión da mestra do IES María García Chao. Podedes velo no blogue da nosa biblioteca.

luns, 12 de decembro de 2022

MAGOSTO 2022.

Imaxe de Federico Maderno en Pixabay.com
 Polo San Martiño retomamos,este ano, o tradicional Magosto. Xa nos apetecía xuntarnos todos/as no patio e comer castañas asadas ben quentiñas. Pero non só comemos, tamén nos pintaron as caras con tizóns. Queredes velo? Aí vos vai!

mércores, 7 de decembro de 2022

RECORDOS DO SAMAÍN(II)

Imaxe de Dung Tran en Pixabay.com
Antes de comezar coas cousiñas do Nadal, imos finiquitar algún tema pasado.

sábado, 3 de decembro de 2022

venres, 2 de decembro de 2022

VOLVE SANTA!

Imaxe de Susanne Jutzeler, Schweiz en Pixabay.com
Onte comezou decembro e, con el volve o divertido xogo de Google "Segue a Papá Noel".Como sei que vos gusta moito, díxovolo aquí para que poidades xogar durante a ponte. Que o pasedes ben!!

xoves, 1 de decembro de 2022

martes, 29 de novembro de 2022

XOGAMOS COS RÍOS E AS MONTAÑAS

Imaxe de Ahmad Mun-im en Pixabay.com

Que vos parece se xogamos un pouco? Bueno, de paso tamén podemos aprender e repasar; parécevos?
Clicade nas imaxes e a ver a onde vos levan.

sábado, 26 de novembro de 2022

RECORDOS DO SAMAÍN.

Imaxe de  Moondance en pixabay.com
Xa contamos o terrorífica que fora a semana de Samaín, agora toca ver como celebramos ese día. 

domingo, 20 de novembro de 2022

20 DE NOVEMBRO (2022).

Imaxe de Noelia Martín de Mi cole al día
Hoxe estades de celebración, chicos/as!!!! É o voso día; o da Infancia. Unha conmemoración que pretende forxar un mellor futuro para vós e recoñer ás persoas e profesionais que traballan en favor vosa.

luns, 14 de novembro de 2022

ANIMAIS E PLANTAS.

Imaxe de hartono subagio en Pixabay.com
Xa estamos no tema dos seres vivos e para que o poidades repasar dunha maneira amena e divertida, déixovos estes fantásticos vídeos de Curro e Pancha en galego. Isto sí que é un luxo!

venres, 11 de novembro de 2022

BIBLIOTECAS, LIBRARÍAS...

Cartel de Ana Jarén
Hoxe, Día de San Martiño, celébrase o Día das Librarías. Tedes información sobre o tema na páxina  de Cegal-Librerías de España. Premede na imaxe para acceder.

domingo, 6 de novembro de 2022

CEN ANOS.

Imaxe de Tibor Lézsófi en Pixabay.com
O 4 de novembro de 1922 Howard Carter descubriu o primeiro escalón de acceso á tumba do faraón Tutankhamón no Val dos Reis en Exipto. Na celebración do centeario do seu descubrimento coñezamos algo máis deste faraón neno.

xoves, 3 de novembro de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DO PUNTO.

Montaxe realizada pola nosa amiga Blanca B de Actividades para Educación Infantil
Xa queda un pouco lonxe esta celebración pero non me parecía xusto que ficase no esquecemento. Sobre todo se temos en conta o gran esforzo realizado polos meus nenos/as á hora de elaborar os seus puntos.

martes, 1 de novembro de 2022

luns, 31 de outubro de 2022

NOITE DE SAMAÍN.

Imaxe de Alexa en Pixabay. com
Para que poidades facer tempo antes de que chegue a noite de Samaín, déixovos esta historia dun lobo que quería ser feroz. Xa sei que é un conto bastante infantil pero eu goceino moito. A ver que opinades vós!

domingo, 23 de outubro de 2022

venres, 21 de outubro de 2022

AÍ VEN O SAMAÍN!

Imaxe de Alexa en Pixabay.com
Parece que se achegan sorpresas no cole de Forcarei. Durante a próxima semana, despois da apertura da nosa querida Biblioteca, sucederanse acontecementos estraños que teñen que ver co Samaín-Halloween.

mércores, 19 de outubro de 2022

LINGUA GUAPA.

Logo de RAG
Recén saída do forno está a película que acaba de presentar a Real Academia Galega baixo o título "A orixe da nosa lingua guapa".

mércores, 12 de outubro de 2022

O QUE PODEMOS E DEBEMOS.

Creación de Noelia de Mi cole al día
Nos primeiros días de cole decidimos facer uns carteis con normas para a nosa clase. Partimos dun precioso modelo elaborado por Noelia Martín, de Mi cole al día, (que nos encantou) sobre as cousas permitidas na nosa aula. Como non podía ser doutro xeito, fixemos a nosa propia creación traducíndoa ao galego.

mércores, 5 de outubro de 2022

DÍA D.

Imaxe de Noelia Martín de Mi cole al día
Hoxe celebramos o Día Mundial dos Docentes baixo o lema "A transformación da educación comeza cas e cos docentes".  A UNESCO resalta que o profesorado somos motor dos sistemas educativos xogando un rol importante para transformar a educación.

xoves, 29 de setembro de 2022

QUE TEMPO VAI?

Imaxe de mohamed Hassan en Pixabay.com
Voltamos con investigacións ineresantes. Desta vez tocoulle ao tempo e ás frontes atmosféricas. Déixovos cousiñas por se vos serven para o traballo.

martes, 27 de setembro de 2022

RECORDAMOS AS VACACIÓNS.

Imaxe de Ralf Kunze en Pixabay.com
Aínda non rematara o verán e xa o botamos de menos; máis ben a as vacacións, que tanto nos prestaron para descansar do curso pasado. Facéndolle unha homenaxe a ese tempo de lecer marabilloso elaboramos as nosas redaccións sobre o tema.

mércores, 21 de setembro de 2022

UN PASEO POLAS NUBES.

Imaxe de Demetros en Pixabay.com
Vós non tendes que facer unha investigación sobre o que son as nubes e os seus tipos? 
Se vos parece, bótovos unha manciña. Aquí vos deixo algo de información para facilitarvos a tarefa.

xoves, 15 de setembro de 2022

PRIMEIRO DÍA (II).

Imaxe da nova aula de 4º
 O ano anterior buscamos asento mediante un croquis da aula e este tocounos buscar os nosos sitios a través de pistas espalladas por toda a clase. Ao principio, foi un pouco raro pero tan pronto como collemos a dinámica todo foi rodado. Ollade como o fixemos.

xoves, 8 de setembro de 2022

PRIMEIRO DÍA.

Imaxe da nova aula de 4º
Agora si que si! Por fin empezamos un curso como os de antes da pandemia.

luns, 5 de setembro de 2022

SETEMBRO EN EFEMÉRIDES.

Montaxe sobre imaxe de Lukas (Pixabay.com) realizada en PiZap
Dos dez meses que temos de clase, só nos faltaban as datas importantes de setembro. Neste curso, seguramente, recurra a estas entradas xa feitas para falarvos de celebracións, necesitamos optimizar o tempo!

xoves, 1 de setembro de 2022

OOOOOLAAAAAA!!!

Imaxe atopada na rede
Un novo curso, un novo comezo. Temos por diante dez meses para manter a maxia e conseguir o obxectivo final: aprender divertíndonos e pasar ao seguinte nivel. Polo tanto, chicas e chicos de 4º:
BENVID@S ;
 STARTS THE GAME!!!

luns, 11 de xullo de 2022

ATA SETEMBRO.

Imaxe de Andreia Joldes en Pixabay.com
Antes de despedirnos ata o curso que vén é de xustiza  agradecer todo o bo que nos pasou este ano escolar.

FESTA DE FIN DE CURSO(II)

Imaxe de blende12 en Pixabay.com
O cole rematou o día 2 coa entrega de notas e festa nas aulas. Foi unha xornada chea de emocións con sorpresas e agasallos varios.

venres, 8 de xullo de 2022

FESTA DE FIN DE CURSO.

Imaxe de Stefan Schweihofer en Pixabay.com
Rematou un curso longo e intenso que foi terceiro. Puxémoslle punto e final  en  dous días agotadores. De traballo? Noooonnn!!! De festa!!!

martes, 5 de xullo de 2022

sábado, 2 de xullo de 2022

ÚLTIMOS TRABALLOS.

Imaxe de Лариса Мозговая en Pixabay.com
Agora que rematou o curso e estou un pouco máis libre, vouvos ensinar os derradeiros traballos que fixemos este curso. A ver que vos parecen!!!

domingo, 26 de xuño de 2022

SAÍDA A MARCELLE NATUREZA.

Imaxe da entrada a Marcelle
Para ir pechando este curso imos falar das últimas actividades que fixemos neste mes de xuño.

mércores, 15 de xuño de 2022

CHEGA O BO TEMPO.

Imaxe de Michael Bußmann en Pixabay.com
Xa chegou o bo tempo e con el, as gañas de estar fóra. Coma todos os martes temos quenda na nosa biblio pero este foi especial. Ollade a sorpresa que nos agardaba cando chegamos a ela!

luns, 6 de xuño de 2022

EDUCACIÓN RESPONSABLE (2021-2022) (III).

Imaxe do noso traballo
Para rematar o noso terceiro ano de Educación Responsable amosámosvos que fixemos cando terminamos a lectura do conto.

mércores, 1 de xuño de 2022

XUÑO EN EFEMÉRIDES.

Montaxe realizada con PiZap.com
Xa case non dou coas calzas porque xuño é o que ten; que pesa un pouco. Aínda así, ben merece un esforzo para saber que é o que temos que celebrar.

martes, 31 de maio de 2022

UN PASEO POLAS ESTRELAS.

Imaxe de Julia Schwab en Pixabay.com
Comenzando o mes de maio tivemos unha visita moi especial... ou fixemos unha visita moi especial? Non sei que dicirvos!

xoves, 26 de maio de 2022

martes, 24 de maio de 2022

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022 (II).

Foto de conxunto no parque
A ver por onde quedaramos...... Ah si! Coas nosas camisetas pintadas subindo á praza do Concello de Forcarei.

sábado, 21 de maio de 2022

EDUCACIÓN RESPONSABLE (2021-2022)

Logo
Pois como non hai dous sen tres, aquí vos presentamos o traballado este ano en Educación Responsable.

xoves, 19 de maio de 2022

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022.

Montaxe realizada pola profe Vane

Como calquera momento é bo para celebrar o noso, nós xa o fixemos o venres 13. Contámosvos como foi.

martes, 17 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Imaxe de Luis Davila o Bichero
Hoxe é o Día D!!!! E onte, e mañá, e pasado... Será por tempo para falar na nosa lingua.
Para celebrar a data compártovos o novo de Uxía Lambona e a Banda Molona; Máis galego. Síntome totalmente identificada con esta letra e penso que Celso Emilio se sorprendería gratamente.
Atopada no canal de Youtube de Uxía Lambona e a Banda Molona
MOI FELIZ DÍA!!!

mércores, 11 de maio de 2022

RECURSOS DAS LETRAS GALEGAS (2022)(II)

Imaxe atopada en Metropolitano.gal
Seguimos mostrando máis recursos sobre Florencio porque hai moito e bo sobre el. Premede na imaxe para acceder.
Ademais, temos  o mes de maio, como practicamente xa está todo rematado... (Ironía modo on!)

domingo, 8 de maio de 2022

RECURSOS DAS LETRAS GALEGAS (2022)(I)

Imaxe obtida no blogue CEIP Condesa de Fenosa
Chegou o maio, florido e fermoso e con el, aromas das letras, ecos de poesía e chorimas do mes das flores.Con todo isto homenaxeamos a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, o autor escollido esta ano como representante das nosas Letras.
Se premedes na imaxe, accederedes a compilación de recursos deste ano. Espero que vos sirvan!