xoves, 27 de febreiro de 2014
COMPADRES E COMADRES
Este ano,celebramos novamente no cole,os xoves de compadres e comadres. Quero que vexades que preciosos bonecos fixeron todos e todas para tal evento.
mércores, 26 de febreiro de 2014
VOLVE ROSALÍA!!! (II)
martes, 25 de febreiro de 2014
HORA DE LER.
Seguindo a estela da Biblioteca , na aula tamén quixemos facer lecturas sobre a paz e o amor. O caso é que xuntamos algúns títulos interesantes e como escollemos o libro que trouxo Brais para ler aos compañeiros do cole (por ser o primeiro en chegar) , non era cuestión de desprezar o resto. Foi así como pensamos lelos en clase. Aquí vai algún exemplo.
Inés, deleitounos coa lectura de "Una promesa" de Carmen Pellicer Iborra. A historia dunha amizade que está por enriba de todo cambio.
Santi, fixo o propio cunha tenra historia , "Adiviña canto te quero" de Sam McBratney. Pode medirse o amor?
luns, 24 de febreiro de 2014
VOLVE ROSALÍA!!!
Como xa anunciabamos pola mañá, hoxe conmemoramos a data do nacemento de Rosalía de Castro. Queremos sumarnos á iniciativa da Asociación Galega de Escritoras e Escritores que pretende instaurar este día como propio da autora para recitala, recordala e homenaxeala nun día especial que se traduza no gozo de vivila durante todo o ano. Porque queremos a Rosalía libre e permanente, sincera e denunciante, de todos e para todos.
Grazas , Picariños, por ensinarnos e querernos tanto; grazas, profe Vane, por este estupendo vídeo e todo aquilo que se queda na casa e grazas ,a aquel que asesora, pola paciencia e o ensino.
Esta é a nosa aportación á causa. Gozádea intensamente!!!
COMO A VIDA MESMA (III)
Hoxe traemos a nosa sección unha adapatación dun conto popular realizada por Eloy Moreno. Este novo escritor, que ven pegando forte, ofrécenos a súa versión da historia.
Que vos guste "El cántaro roto"
Cliclade enriba para lelo.
ROSA, ROSAE.
Xa estamos a 24 de febreiro e tal día coma hoxe nacía, en Santiago de Compostela, a nosa Rosalía. Ninguén podía imaxinar , por aquel entón, onde ía chegar , nin que tantos anos despois a súa obra seguiría a ter vixencia. Así é ,que hoxe , queremos celebrar a sorte dunha existencia;queremos brindar por un agasallo literario ;queremos, en definitiva, festexarte , gran dama do Rexurdimento.
Para ir abrindo boca uns recursos para poder traballar sobre ela.
Imaxe de Aurora Cascudo Román
Para ir abrindo boca uns recursos para poder traballar sobre ela.
Libros Lim de Julia Pérez Vázquez.
Libro Lim da Caracolatola (Blogue da biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda)
Páxina da Fundación e casa museo Rosalía de Castro.
Rosalía na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
sábado, 22 de febreiro de 2014
RECURSOS DE ENTROIDO
Como o Entroido amaeza con alcanzarnos, máis nos vale estar preparados para recibilo.Así que vos deixo uns recursos atopados na rede que xenerosamente se comparten para que todos os poidamos utilizar.
A sacarlle partido!!!
venres, 21 de febreiro de 2014
NOVA COLABORACIÓN
O ano pasado colaboramos no Proxecto Libro Virtual sobre Goria Fuertes (Premio Nacional de Educación aos Equipos Docentes, na modalidade de proxectos de Colaboración Nacional no Ámbito das TIC) e neste curso tamén quixemos participar nunha nova aventura, capitaneada, outra vez, por Lourdes Giraldo. Baixo o nome de "Proyecto CI Libros del s. XXI para Infantil y Primaria" pretendemos crear os nosos propios libros virtuais con contidos educativos que axuden ao noso alumnado a adquirir as Competencias Básicas.
A ver que vos parece!
Estamos no Libro de 4 º cunha actividade sobre a acentuación.
Colaboramos tamén no Libro da Paz co Eslvídeo sobre Nelson Mandela.
luns, 17 de febreiro de 2014
COMO A VIDA MESMA (II)
Seguimos a nosa andaina co recuncho do pensamento. Como o día 15 foi o Día Internacional da Loita contra o Cáncer Infantil quero presentarvos un conto titulado "En busca del tesoro de Nacho". No blogue: CATACRICATACRAC de Carmen Parets tendes toda a información sobre o mesmo e a súa creación.
Espero que vos guste e que saquedes ensinanzas importantes.
domingo, 16 de febreiro de 2014
S: VALENTÍN (II)
venres, 14 de febreiro de 2014
S. VALENTÍN.
Hai textos que non perden vixencia, que poden adaptarse a toda relación e, sentimentos, que non pasan nunca.
Feliz S. Valentín!!!
xoves, 13 de febreiro de 2014
MÁIS PUNTOS!!!
Xa está aquí unha nova remesa de puntiños. Esta vez están sacados do libro de Lengua Castellana da Editorial Anaya e de datas sinaladas neste mes de febreiro. Imos alá:
1.Persoeiro: Mary Kingsley.
-Nacionalidade, data de nacemento e de falecemento.
-Título dalgún libro de viaxes escrito por ela.
-Unha frase que resuma a súa opinión sobre os nativos.
2. Hoxe (13 de febreiro) é o Día Mundial da ................ (completar)
-Esta conmemoración ten pouco tempo, cando se estableceu?
-Por que se escolleu este día?
-Que significa Unesco? De que organismo depende?
3. O 20 de febreiro é o Día Mundial da.......(completar)
-En que ano se proclamou este día pola Asemblea das Nacións Unidas?
-Que significa o termo que se conmemora?
-Como podemos promovela?
-Pon dous exemplos prácticos do que acabas de explicar.
Xogamos por 5 puntos e a data de entrega será o venres 21 de febreiro.
1.Persoeiro: Mary Kingsley.
-Nacionalidade, data de nacemento e de falecemento.
-Título dalgún libro de viaxes escrito por ela.
-Unha frase que resuma a súa opinión sobre os nativos.
2. Hoxe (13 de febreiro) é o Día Mundial da ................ (completar)
-Esta conmemoración ten pouco tempo, cando se estableceu?
-Por que se escolleu este día?
-Que significa Unesco? De que organismo depende?
3. O 20 de febreiro é o Día Mundial da.......(completar)
-En que ano se proclamou este día pola Asemblea das Nacións Unidas?
-Que significa o termo que se conmemora?
-Como podemos promovela?
-Pon dous exemplos prácticos do que acabas de explicar.
Xogamos por 5 puntos e a data de entrega será o venres 21 de febreiro.
Veña , que estades feitos uns expertos!!!
mércores, 12 de febreiro de 2014
SEGUIMOS MEDRANDO
Xa vedes como medran os nosos bulbos, o da terra e o da auga. Se queredes comparar a diferenza, buscade a entrada "Agasallo" e poderedes comprobar a evolución dos mesmos.
martes, 11 de febreiro de 2014
LECTURAS DA PAZ E O AMOR.
Thanks, teacher!!!
luns, 10 de febreiro de 2014
COMO A VIDA MESMA
Hoxe inauguramos unha nova sección no noso blogue: Como a vida mesma. Este espazo pretende ser unha ventá aberta ao cotián e a reflexión sobre todo o que nos rodea e sobre como actuamos ao respecto.Aquí terán cabida o humor, os vídeos,as frases célebres... e moitas cousiñas máis que nos irán dando pé a pensar.Porque os coñecementos son importantes, as experiencias son vitais pero aprender a pensar é absolutemente necesario para chegar a onde queremos de maneira feliz e lícita.
Gustaríame comezar cun sorriso da man de Andrés Faro; un xenial humorista que diariamente lle pon unha pincelada de humor a este mundo un tanto gris.
Que o gocedes!!!
domingo, 9 de febreiro de 2014
NAVEGANDO CON RUMBO
A verdade é que o tempo non acompañaba moito pero para aprender, con estar ao enxoito, é suficiente.Así foi como o xoves pola tarde recibimos unha charla sobre os perigos da Internet.Porque non todo é peixe na rede debemos ter coidado. Aquí vos deixo o enlace á páxina da Xunta por se queredes descargar as guías de navegación para pais, alumnos e mestres.
A información nunca está de máis.
venres, 7 de febreiro de 2014
FABULANDO
Lembrades a entrada onde falabamos de como facer unha fábula? Despois dun arduo traballo e algunha corrección, este é o resultado.
Que o gocedes!!!
xoves, 6 de febreiro de 2014
MÁIS RERCURSOS DO ESPAZO.
Grazas a nosa amiga Ana Martínez, do blogue
http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/ ofrézovos estes recursos sobre o espazo que ela recopilara para un proxecto que fixo cos seus nenos/as.
http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/ ofrézovos estes recursos sobre o espazo que ela recopilara para un proxecto que fixo cos seus nenos/as.
Espero que vos gusten.
martes, 4 de febreiro de 2014
ESPERANZA ROSA
Hoxe é o Día Mundial da Loita contra o Cáncer e non é unha data escolar a conmemorar. Pero se pensamos que a escola é un reflexo da sociedade na que vivimos e que debemos ser sensibles cara o que nos rodea, este é un tema imoportante. Todos coñecemos a alguén que tivo a enfermidade ou que está loitando contra ela. Para que non perdan o ánimo e manteñan as ganas de vivir ofrecémoslles esta canción de Macaco.Un precioso vídeo realizado polos "habitantes" da planta de Oncoloxía do Hospital Sant Joan de Déu.
domingo, 2 de febreiro de 2014
CELEBRACIÓN DA PAZ
Aquí podesdes ver un resumo en fotos do que foi a nosa xornada de celebración do Día da Paz. Fixémolo o venres porque o xoves non estaban os nenos/as de 3º. De todos os xeitos, calquera día é bo para celebrar. Aparece o Abecedario da Paz, creado polos Equipos da Biblioteca e Dinamización da Lingua; un traballo chegado desde a clase de PT, pombas que fixo a profe Puri en Relixión, bicos encarnados que nos deron os nenos/as da profe Vane e unha canción en Inglés que interpretaron os de 4º coa teacher María.Pero tamén houbo un conto dos de 3º e o profe Toño, os de 4/5 anos recitando poesía.... En fin, que todos puxemos o noso gran de area e ao final cantamos xuntos unha preciosa canción "Que vivan a paz a e o amor".
No blogue da nosa biblioteca http://bibloenforcarei.blogspot.com.es/ podedes atopar un vídeo moi bonito sobre o abecedario da Paz que fixemos entre todos.
No blogue de Normalización Lingüística http://arxineando.wordpress.com/ atopamos Un resumo ben interesante sobre a nos axornada de celebración da Paz.
No blogue da nosa biblioteca http://bibloenforcarei.blogspot.com.es/ podedes atopar un vídeo moi bonito sobre o abecedario da Paz que fixemos entre todos.
No blogue de Normalización Lingüística http://arxineando.wordpress.com/ atopamos Un resumo ben interesante sobre a nos axornada de celebración da Paz.
sábado, 1 de febreiro de 2014
CHAMANDO Á TERRA.
Como estamos estudando o espazo aquí vos deixo uns xogos sobre o mesmo. O primeiro ,de Discovery Kids, é un pouco infantil, pero está ben para colocar os planetas e ir aprendendo os seus nomes. O segundo, da páxina de la Junta de Castilla y León, ten máis información e actividades. Espero que lle saquedes proveito!!!
Etiquetas:
Clase 4º,
CM,
Curso 2013-2014,
Recurso CM,
xogos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)