A véspera do San Martiño celebramos no cole o noso magosto. Como foi pola mañá, comezamos comendo as castañas no recreo. Este ano fixemos uns cestiños reciclando botellas de auga que quedaron bastante ben. Non vos parece?
O profe Javi e o profe Julio foron os encargados de asar as castañas no patio; aínda que houbo máis colaboradores.
Mentres eles traballaban nós fomos á clase dos nenos/as de 3 e 4 anos a facer unha manualidade ( xa o contamos noutra entrada).
Cando xa estabamos "fartiños" tivemos que baixar todo o que comeramos e fomos xogar(por quendas)aos diferentes xogos que houbo este curso.Volvemos a facer grupo cos nenos/as de Infantil 5 anos. Xogamos ao Papacastañas, o Sementa e apaña, a un mini golf, a Toma castaña!.... Tamén bailamos e fixemos carreiras.