domingo, 30 de novembro de 2014

RETALLOS DO MAGOSTO.

Aínda non tivera ocasión de subirvos nada sobre o magosto.Aquí vos deixo unhas fotos que testemuñan o ben que o pasamos e de paso, xa vos quedan as crónicas que realizamos sobre ese día.


xoves, 27 de novembro de 2014

CRÓNICAS CIENTÍFICAS.

Para que vexades o moito que nos gustou celebrar este día cintífico e o moito que aprendemos, aquí quedan as nosas crónicas.
More presentations from Anabel

luns, 24 de novembro de 2014

AMOR CON AMOR SE PAGA.

Cartel de Myriam Cameros.

O 25 de novembro  foi declarado pola ONU  Día Internacional da Erradicación da Violencia contra a Muller e, como reza o cartel de Myriam Cameros, aínda nos queda moito camiño que recorrer. Xuntos , podemos; porque somos iguais e temos os mesmos dereitos e os mesmos deberes.
Para traballar este día ,semana, mes; tempo(ao fin e ao cabo), deixovos uns enlaces a recursos:
En Inaverycrea , unha compilación de recursos ben ampla.
No blogue de Orientación do CPI de Panxón , Pastora Astray , recolle moito material interesante.
A Junta de Andalucía  nos ofrece estas posibilidades.
No Cuaderno Intercultural  tamén nos falan do tema.
Entrada do ano pasado .


Este conto "O monstro", traducido e con material, elaborado polo Equipo de Convivencia do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo)

COMO A VIDA MESMA(IV)(2014-2015)

Nesta ocasión a, "Como a vida mesma", traemos un vídeo de Save the Children España que nos fala das víctimas da violencia de xénero. Sirva como anticipo ao día 25 deste mes no que celebraremos  o Día Intenacional  da Elimanación da Violencia contra a Muller.
Contádeme; que nos mostra este vídeo?

domingo, 23 de novembro de 2014

PERELLA VOLVEU.

Ansiosos estabamos por ter novas súas e a carta chegou. O que nos propuxo a fada foi facerlle suxestións sobre o que nos apetecería facer en clase e ela intentará convencer á profe Anabel (que é dura de roer). Pero.... xa hai novas máis recentes sobre o asunto. Ollade!!!
Xa houbo resposta a Perella!!!Ana escribiulle unha carta e a outra é de....Diana. Si, si , a Diana de 5º. Como ela coñece moi ben a nosa fada tamén quixo enviarlle unha mensaxe. Obteremos pronto a resposta?
Estaremos moi atentos!!!

sábado, 22 de novembro de 2014

QUE VIVA A MÚSICA!!!

Hoxe, 22 de novembro, están de celebración todos os músicos, porque festexan a súa patroa, Santa Icía (Cecilia). Esta santa e mártir,ten baixo o seu patrocinio non só aos músicos, senón tamén, a poetas e cegos. Deixovos unha imaxe súa realizada polo pintor Matteo Rosselli en 1620.
E para  celebrar o día unha actución de Pentatonix, un grupo de música a capela de cinco vocalistas.En cinco minutiños fannos un repaso  musical excelente por varias épocas , centrándose no século pasado.
A ver que vos parecen este fenómenos.
PUNTOS
Propóñovos un reto: averiguar que compositores, cantantes ou cantigas versionan estas voces privilexiadas.
O que consiga cinco nomes obterá cinco puntiños. Tedes de prazo ata o venres 28 de novembro.
FELIZ DÍA; MÚSICOS DO MUNDO!!!

xoves, 20 de novembro de 2014

DÍA DO NENO E DA NENA.

O 20 de novembro celebramos o Día Universal do Neno e a Nena en conmemoración da aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e da Convención sobre os seus Dereitos  de 1989 (este ano cúmprese o 25 aniversario).
Para que saibades máis sobre o tema podedes acceder á páxina da UNICEF e a de HUMANION premendo sobre as súas imaxes.No blogue Lluvía de ideas aparecen unha morea de recursos.




Este vídeo de Guíainfantil.com deixanos moi clariño cales son os Dereitos dos nenos e nenas do mundo.
E para rematar uns xogos.
En rayuela.org ofrécennos este xogo sobre os dereitos.
Unicef tamén ten xogos divertidos.

Aquí queda o enlace á entrada do ano pasado: Preme aquí.

mércores, 19 de novembro de 2014

VESTIXIOS DO SAMAÍN.

Aínda que parece que foi onte,xa fai uns días que celebramos o Samaín.Aquí vos quedan os recordos dese día especial.

luns, 17 de novembro de 2014

COMO A VIDA MESMA(III)(2014-2015)

Hoxe na nosa sección, aterra un audioconto que atopei no blogue "Soñando Cuentos". Trátase  de "La gran fábrica de las palabras" de Agnès de Lestrade, deliciosamente ilustrado por Valeria Docampo. Esta fermosa historia, que se mal non recordo nos trouxera Diana á clase unha vez,narra de maneira delicada o que pasa nun país onde xa case non se fala. Os cartos  parecen manexar as situacións e  por ende,os vocablos que se poden pronunciar. Escoitade atentamente  e descubride  o poder da palabra que se di no momento axeitado.

venres, 14 de novembro de 2014

CABAZAS CON PREMIO.

Xa hai varios días que estaba pendente publicar os gañadores/as dos premios do concurso de cabazas que fixemos durante o Halloween-Samaín. Velaquí están as gañadoras de 4º.


PARABÉNS, GAÑADORAS!!!
As miñas felicitacións a todos/as nenos/as que participaron e as súas familias polo estupendo traballo realizado. Para o ano....máis e mellor!!!

mércores, 12 de novembro de 2014

APARECE PERELLA,

Despois de moito tempo sen noticias súas, a Fadas Perella volveu a aparecer en escena.Esta vez deixounos unhas deliciosas chuches para celebrar o Samaín.
Estamos desexando ter novas túas, Fada!!!

luns, 10 de novembro de 2014

COMO A VIDA MESMA(II)(2014-2015)

Onte conmemoramos o 25 aniversario  da caída do Muro de Berlín e hoxe, á nosa sección, chegan os Scorpions coa súa mítica canción "Wind of change" (Vento de cambio). 
Os Scorpions son unha banda alemana de hard rock e heavy metal  fundada en Hannover en 1965, sendo a primeira banda de hard rock nacida nese país. A canción que vos traio hoxe publicouse pouco despois da caída do Muro e , aínda que se compuxo con anterioridade.... sería premonitoria?

O estribillo di,  máis ou menos, o seguinte:
Lévame á maxia do momento
nunha noite de gloria
onde os nenos do mañá soñan
co vento de cambio.
Non sería estupendo, que nunha noite gloriosa e máxica, puidesemos soñar con ventos de cambio?

domingo, 9 de novembro de 2014

O MURO DA VERGOÑA. (PUNTOS)

Doodle de Google para celebrar a caída do Muro de Berlín.
Fai hoxe 25 anos caía un muro que separaba un país, que partiu ás súas xentes e  segregou os seus sentimentos. Para celebrar ese derrubamento que vos parecen uns puntiños? Aí van:

-Cando  comezou a construírse o Muro de Berlín?
-Cal era o nome das dúas Alemanias creadas co Muro?
-Por que se construiu?
-Cando foi derrubado?
-Existe algún fragmento de muro no noso país? Onde pode verse?
 Para axudarvos un pouco nas vosa pesquisas , deixovos unha presentación de Practicopedia.
A entrega das respostas terá como data límite o próximo luns, 17 de novembro. Ánimo chicos/as!!!

venres, 7 de novembro de 2014

E AS VERBAS FORON CIENCIA...

O luns, día 3 de novembro, celebrouse o Día da Ciencia en Galego e desde o Instituto "Chano Piñeiro" , invitáronnos a participar nuns obradoiros  para celebrarlo.Como somos moi aventureiros e non lle temos medo a nada aceptamos o reto encantados. Cando chegamos ao salón de actos recibiunos o profe Anxo, que nos deu a benvida e nos distribuiu en grupos para experimentar nos diferentes rincóns creados para a ocasión.
Comezamos medindo as nosas reaccións de resposta ante o son e a luz dun láser,seguimos coa banda de Möbius e a súa maxia para conseguir  unha soa cara e un so borde e continuamos con medidores de Ph, chuvias ácidas e globos que se inflan sos misturando bicarbonato e vinagre.

O cuarto obradoiro tiña como  como eixe a natureza: esporas nun microscopio, un zapateiro  de río, o ph desa auga... E rematamos con ondas sonoras e un concerto moi especial feito con copas e auga.
Moitas grazas profe Anxo por invitarnos, chicos/as do instituto por  ensinarnos tantas cousas interesantes e, grazas tamén , a todos/as os que fixestes posible este acontecemento.
Foi un pracer!!!

martes, 4 de novembro de 2014

CELEBRACIÓN DO HALLOWEEN-SAMAÍN.

O pasado xoves  estivemos de festa e queremos que vexades o ben que o pasamos.
Xa empezamos o luns indo á biblioteca a escoitar contos de medo. Ese día,a teacher María, contounos  a historia  de "La asombrosa calabaza de Brunilda"; o martes, tocounos a nós, os nenos/as de 4º ler (xa vos informaremos máis polo miúdo); o mércores, foron os nenos/as de 3º os que nos puxeron os pelos de punta coas súas historias inventadas e o xoves tivemos doble sesión: por unha banda os alumnos/as de 2º con "A min non me comas!" e por outra, a profe Vane, cos peques de 3 e 4 anos recitáronnos uns poemas de Carmen Gil. O tempo na biblioteca rematou co visionado dunha curta "Os difuntos falan castelao"
Despois fomos ao salón de actos para ver unhas actuacións que prepararan algúns cursos coa teacher, fixemos o concurso de cabazas e uns obradoiros de cociña monstruosa. Non podía rematar doutra maneira que degustando semellantes e terroríficos manxares. Foi unha festa estupenda!!!
Os gañadores das cabazas, noutra entrada.

Hoxe é o Día da Ciencia en Galego e fixemos cousiñas moi especiais. En breve, contarémosvolas!!!!

luns, 3 de novembro de 2014

COMO A VIDA MESMA.(2014-2015)

Xa era hora de retomar a nosa sección "Como a vida mesma",non credes?O certo  é que eu botábaa un pouco de menos pero o tempo.... nunca é suficiente. Intentarei levala ao día e ofrecervos, cada luns, a posibilidade de reflexionar sobre algún tema ou feito.
Para comezar ofrézovos unha frase atopada na rede que me pareceu de moito interese. Ás veces non somos realmente conscientes do que as nosas palabras e feitos ocasionan nos demais. Para evitar que o outro se sinta mal, desprazado ou ameazado; analicemos a nosa actitude, as nosa verbas e actos antes de causar males maiores. E se fósemos nós os que nos sentimos mal?

domingo, 2 de novembro de 2014

A REPRODUCIÓN.

Estamos acabando o Tema 3 de CM, que trata sobre a reprodución. Como en entradas anteriores, indícovos como acceder a entradas do ano pasado e engadimos algunha cousiña nova.
- Video de "Érase una vez ....
(Clica sobre as imaxes para acceder)
O aparato reprodutor feminino (www.librosvivos.net)
De www. librosvivos.net esta carreira polo saber.
De www.librosvivos.net un xogo para repasar o embarazo.

(Canseime de buscar algo sobre o aparato reprodutor masculino pero todo o que atopaba era demasiado amplo , con moitos máis nomes que aínda non estudamos, e prefiro non liarvos con demasiada información)