sábado, 29 de abril de 2017

PECHAMOS CON FESTA.

Imaxe obtida en Pixabay.com
O mes de abril foi unha pura festa e para non defraudar seguimos coas celebracións ao seu remate. O 29, festexamos o Día Internacional da Danza. Instaurado en 1982 polo Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional do Teatro ( ITI), pretende unir a todas as danzas nesta data para celebrar esta arte universal. Este ano, a mensaxe para este día pertence á bailarina, coreógrafa e directora artística, Trisha Brown, recentemente falecida. Premede aquí para coñecer a súa visión da danza.
Deixovos unha boa selección de  diferentes danzas do mundo para que poidades aprezar a variedade que existe. Ademáis da posibilidade de ver as entradas de anos anteriores.
Obtido no canal de Youtube de María Canabal.
Tamén atopei este "duelo" entre o baile irlandés e o galego, que pertence a unha celebración do día de San Patrick en Barcelona (2014). Fixádevos ben neste enfrontamento de culturas irmáns; a música e a danza so serven para unirnos.
Obtido no canal de Youtube de Nuala Barcelona.
E rematamos o mes, celebrando o Día Internacional do Jazz o día 30, data que foi proclamada pola UNESCO en novembro de 2011. Tedes máis información facendo clic na imaxe.
Pero pechamos con alegría e con gañas de movernos, con este fragmento da película de Diney "Os Aristogatos".Animádevos chicos e chicas e. a bailar!!!
Obtido no canal de Youtube de Héctor S.
FELIZ DÍA DA DANZA E O JAZZ!!!

xoves, 27 de abril de 2017

VOZ NATURA.

Prema na imaxe para ver a información
Este ano tamén participamos no proxecto "Voz Natura",xunto con outros 337 centros e asociacións. Neste curso, no que se cumplen 20 anos do proxecto, quixemos manter todo aquilo conseguido en anos anteriores:
-Mantivemos o noso recuncho  da reciclaxe en aula.
-Seguimos vendo medrar o noso Photos, que ademáis agora ten un fillo. Como xa sabedes é un lugar fundamental na nosa aula, porque nos serve de punto de comunicación coa nosa fada particular, Perella.
-Pero este ano fixemos unha plantación especial: trátase dun cultivo de papel e plástico. Como o oídes!!! Ao principio fíxenos dubidar porque, moi seria, lles dixen que íamos obter papel e plástico; pero todo se quedou nunha broma de clase. De cando en vez alguén pregunta: "Nacería o papel? O que pretendemos é ver o que ocorre co paso do tempo. Desaparecen os materiais? Mantéñense iguais? 
Montaxes realizadas con Pizap.

martes, 25 de abril de 2017

ANDAINAS DO SEGUNDO TRIMESTRE.

Aínda non vos presentara as cousiñas extra que fixemos no segundo trimestre. Aí vos quedan para que vexades o ben que o pasamos!!!
Por se non puidestes apreciar ben os nosos insectos, deixovos o resultado final.
Montaxe realizada con PiZap.

domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017.

Para celebrar este ano o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor,  a biblioteca do cole proponnos traballar a lenda de  San Xurxo e o dragón. Mentres  esperamos os resultados do realizado, aprenderemos a orixe deste día. Premede na imaxe para saber máis. E consultade tamén as entradas de anos anteriores.
Quero compartirvos  este simpático conto de OQO, "Os sete cabritos" para que gocedes do bo facer no noso idioma.
Obtido no canal de Youtube de OQO filmes.
E pechamos a entrada cun pouco de humor, porque a literatura fíxolle un fraco favor aos lobos; alguén os ten que redimir!!!
Viñeta de Flavia Banana.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

sábado, 22 de abril de 2017

DÍA DA TERRA 2017.

Imaxe atopada na rede.
Como cada 22 de abril celebramos no mundo o Día Internacional da Terra. Segundo as Nacións Unidas o que se pretende é recordar que o planeta e os seus ecosistemas nos dan a vida e o sustento.
Para que a celebración sexa efectiva podemos seguir estes consellos que nos dan en Guía Infantil para todos os días.
Outros anos tamén celebramos este día. Botádelle un ollo!!
Podemos cantar cos personaxes de Barrio Sésamo "¡Nuestro planeta!"
Obtido no canal de Youtube Sésamo
FELIZ DÍA DA NOSA NAI TERRA!!!

xoves, 20 de abril de 2017

SISTEMA SOLAR.

Imaxe atopada na rede.
Como estamos estudando o sistema solar, decidín pedir un pequeno traballo de investigación sobre os planetas, o Sol e a Lúa e , posteriormente, expoñelo na clase aos compañeiros/as. Para comezar, fixemos un sorteo para ver  sobre que nos tocaba falar.

Durante as vacacións buscamos a información e tamén libros para facer na aula unha exposición temática.  Agora , teremos que plasmala nunha cartolina negra A4 para despois expoñela aos demais.
A profe tocoulle a Lúa, que foi a que quedou sen escoller, e isto foi o que fixo. (Trátase de dar un modelo sinxelo para que sexa máis fácil realizar o traballo). Sede benévolos!!!
Montaxes realizadas con PiZap.

luns, 17 de abril de 2017

CAIXÓN DESASTRE (VI).

Montaxe realizada con PiZap.
Volve o Caixón desastre coa forza da nova estación!!! Pero os intereses son xa coñecidos. Hoxe toca : música.
Vouvos compartir  "A primavera" de Antonio Vivaldi. Este compositor italiano creou a obra "As catro estacións", un libro de catro concertos para violín e orquestra, do que forma parte o fragmento que vos ensino a continuación. É unha obra descritiva que evoca, a través dos elementos da linguaxe musical, os diferntes aspectos das estacións do ano. Neste vídeo vai acompañada de debuxos da factoría Disney.
Vídeo obtido no canal de Youtube de Sole Romero.
Gustouvos? Pois existen diferentes versións da peza clásica. Queredes escoitar algunha? Aquí vai unha de Dan Mumm, guitarrista, compositor e intérprete.

Vídeo obtido no canal de Youtube de DanMummSolo.
Outra versión é esta de heavy metal do artista candiense, Yves Custeau.

Vídeo obtido no canal de Yotube  de Yves Custeau.
Que vos pareceron? Como vedes a música non ten cancelas nin ataduras. 
POLA LIBERDADE!!!

martes, 11 de abril de 2017

LÚA DE FRESA.

Imaxe atopada na rede.
Xa que estamos co tema do espazo, pareceume interesante este fenómeno que se producirá esta mesma noite: temos unha cita coa lúa rosa ou de fresa. Gustaríame dicirvos que se chama así porque adquire esta cor pero, realmente ten que ver con que é  a primeira lúa chea de primavera. Este nome  de Lúa rosa ou rosada ,déronllo os nativos americanos inspirados na cor das flores primaverais.
Non perdades a ocasión de contemplala porque, observala sempre é, un espectáculo marabilloso.
Obtido no canal de Youtube de Documentalesenespañol.
Para celebralo, deixovos este capítulo da Pantera Rosa, tituilado "Brilla, brilla , estrela rosa".Que vos guste!!!

Obtido no canal de Youtube  de La Pantera rosa y sus amigos(...)

venres, 7 de abril de 2017

DÍA DA SAÚDE

Imaxe atopada na rede.
Este ano o Día Mundial da Saúde, que se celebra todos os 7 de abril para conmemorar a creación da Organización Mundia da Saúde, ten como tema específico a depresión. Esta enfermidade  pode afectar a persoas de calquera idade, condición social e nacionalidade. Ten que ver co noso estado de ánimo pero o máis imporante que debedes saber é ... que se pode previr e tratar!!!
Mirade cal é o primeiro paso se hai síntomas.
Obtido no canal de Youtube  de World Health Organization
Deixo un enlace interesante, para os papás, de Guía infantil sobre a depresión infantil.
Coma sempre podedes consultar as entradas de anos anteriores.
Para rematar uns simpáticos xogos con Cool-E, dentro do Proxecto Corazón do Texas Heart Institute.
FELIZ DÍA E FELICES VACACIÓNS!!!

mércores, 5 de abril de 2017

SEMANA DA PRENSA (II).

Imaxe obtida en DIBUJOS A.COM
Quedastes coa intriga de saber o que fixemos na segunda parte do traballo coa prensa? Iso espero!!!
Aquí o tedes!!!
A información obtida na entrada Mundos alternativos  foi reflectida nesta ficha.
 Esta era a parte voluntaria . Despois tiveron que  imaxinar e inventar  cousiñas sobre os novos planetas.
Agora mostrareivos o resultado do noso "Caderno de prensa".
Tamén vos comparto as fichas que fixen , por se lle valen a alguén.

domingo, 2 de abril de 2017

CELEBRANDO ABRIL.

Imaxe atopada na rede.

Hoxe é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, unha data que sempre solemos recordar e sobre a que falamos na aula.(Premede na imaxe de arriba para ver as entradas de anos anteriores).
Este ano a iniciativa da Confederación Autismo España e a Confederación Española de Autismo (FESPAU) , en colaboración con Autismo Europa,  pretende romper barreiras polo Autismo. Esta é a súa proposta.
Vídeo obtido no canal de Youtube de Confederación Autismo España.

Desde a nosa aula tamén quixemos colaborar con esta idea. O ano pasado, pasamos a testemuña e este, rompemos barreiras. 
E  TI, QUE FAS?
Montaxe realizada con PiZap.
Aquí vos deixo a nosa colaboración.
FELIZ DÍA !!! POR UN MUNDO SEN BARREIRAS!!!
Pero hoxe non temos unha soa celebración. Tamén a Literatura Infantil e Xuvenil está de festa. Premede na imaxe para obter máis información. Facede clic aquí para ver entradas de outros anos.
Cartel de MikhailFedorov.

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL!!!