mércores, 30 de xaneiro de 2019

PAZ.

Imaxe atopada na rede.
Como cada 30 de xaneiro, celebramos nas escolas o Día da Paz e a Non Violencia.
Para non repetir todos os anos o mesmo, remítovos a unha información da Junta de Andalucía sobre a celebración deste día. Premede aquí.
Ata que vos conte o que fixemos este ano para conmemorar a data, déixovos dúas versións da "Cantarela dos nenos". Porque  creo que a música contribúe á Paz. Cal vos gusta máis?

Obtido no canal de Youtube de A Fernández

Obtido no canal de Youtube de Ángeles Crespo
FELIZ  E PACÍFICO DÍA!!

domingo, 27 de xaneiro de 2019

PROXECTO :MERGULLÁNDONOS NA BIBLIOTECA. 20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA .

Imaxe obtida en Pixabay.com
Despois dunhas cuantas voltas, de marexadas e inmersións ,parece que o noso Proxecto Documental Integrado emerxe á superficie e ven para quedarse. Baseado na novela de Jules Verne, "20.000 leguas de viaxe submarina",  pretende facerse extensible ao mar; tratando, cada un dos niveis, unha temática diferente.
Na clase de 2º comezamos  tomando contacto co tema, visionando  unha película de debuxos animados.
Aquí vos deixo a película por se queredes vela outra vez.
Obtida no canal de Youtube Cuentos Clásicos.
Temén lles fixen un material para completar o argumento da mesma e facer un debuxo; ese compartireino ao final do proxecto.
ZARPAMOS SEN RUMBO FIXO,  QUE NOS DEPARARÁ A VIAXE?

venres, 25 de xaneiro de 2019

RECURSOS PAZ 2019.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa se achega o Día Escolar da Paz e a non Violencia e, aínda que todos os días estemos buscando solucións para resolver conflictos e vivir en harmonía, esta data celebrarémola por todo o alto. Déixovos uns recursos para ir organizando a festa:
-No blogue El rincón de aprender teñen unha boa selección de materiais.
-Na páxina de UNICEF, aparece un bingo para a Paz.
- Os chicos de Orientación Andújar tamén nos propoñen unhas actividades.
- No Portal da Lingua Galega recollen un vídeo do CEIP Carballal de Marín que está estupendo.
- Non esquezades consultar os recursos de anos anteriores.
E rematamos con música, a do tema que abre "Xiqui, Xoque Fiú Fiú", da segunda entrega de María Fumaça. É unha beleza de canción e de vídeo. Que o gocedes!
Obtido no canal de Youtubr de Sonárbore

mércores, 23 de xaneiro de 2019

RECTA FINAL.

Imaxe da campaña.
Xa vos contamos que estamos participando nun concurso de recollida de pilas que se chama Pilabot. (Clicade aquí para recordalo). Dentro desta iniciativa, existía a posibilidade de recibir unha charla sobre o tema e, o día 18, veu Laura a visitarnos. Xuntámonos todos no salón de actos e falounos de cousas ben interesantes. Vimos vídeos sobre a reciclaxe das pilas e ao final fixemos un xogo para ver o que aprenderamos . Sacamos a puntuación máxima!
Laura tamén nos contou que hai un concurso de fotografía en marcha "Eu son pilabot". Se queredes participar , clicade na imaxe e teredes toda a información.
Déixovos o vídeo que nos puxo Laura, por se queredes darlle un repaso.
Obtido no canal de Youtube de Recyclia
Veña rapaces/as, xa non queda nada! Fagamos un último esforzo!

luns, 21 de xaneiro de 2019

UNHA APERTA.

Imaxe atopada na rede
Xa sabedes que o mundo está un pouco tolo e precisa algo de cordura.Conmemoramos moitas datas, algunhas delas soamente  teñen unha intención comercial (ou son adoptadas para facer negocio) e outras, non deberían existir pero teñen que dar visibilidade a unha realidade complicada. A data que vos quero compartir hoxe  é o Día Internacional do Abrazo. Xorde en Estados Unidos (en Michigan, máis concretamente) no ano 1986.A idea orixinal foi de Kevin Zaborney, que pretendía que se coñecese a importancia dos efectos dos abrazos.
Na páxina guiainfantil.com, fálannos desas consecuencias positivas que producen as apertas en nós.
Nesta infografía podedes velo moi claramente.
FRONTE AO "BLUE MONDAY" ...ABRAZOS POR UN TUBO!
FELIZ DÍA!

venres, 18 de xaneiro de 2019

CRÓNICAS VACACIONAIS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa están aquí as crónicas das vacacións! Podedes comprobar que todos/as o pasaron xenial e tiñan moitas cousas que contar. Botádelle un ollo!

Crónicas vacacionais

More presentations from Anabel
Se non podes velo, clica no título.

martes, 15 de xaneiro de 2019

MANUALIDADES DE 2º (V).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Quedáronnos no tinteiro dúas manualidades que fixemos de outono. Ensínovolas?
Coas follas que trouxemos á clase fixemos unha creación libre. Repasamos o seu contorno, remarcámolas con rotulador e coloreámolas con cores de outono.
Tamén con follas imaxinamos animais de todo tipo. Nalgún caso só engadimos un ollo móbil; noutros algúns detalles do bicho para que fose máis recoñecible.
Que vos parecen?
Montaxes realizadas con PiZap

sábado, 12 de xaneiro de 2019

RECIBO E OFREZO.

Imaxe atopada en Pixabay.com
De regreso das vacacións, tiñamos moitas gañas de vernos e de contarnos como nos fora neste tempo. Fixemos unhas crónicas(xa volas ensino noutra entrada) e na clase falamos, sobre todo, de agasallos e comidas. Plasmamos os nosos presentes nunha ficha pero fixemos algo máis importante: escribimos uns propósitos para o Novo Ano, que esperamos cumprir.
A ver que sucede!!!!

mércores, 9 de xaneiro de 2019

AGASALLOS REZAGADOS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Cando volvemos das  vacacións  enterámonos que os Reis deixaran algo para a clase, na casa da profe.Tan pronto como se rematou o traballo, abrímolo e apareceron...
dous xogos do Tiger: un tres en raia e un crebacabezas animal. Un éxito vamos!!! Xa están estreados!
Á miña casa tamén chegaron felicitacións moi chulas e agasallos á aula. Mirade, mirade!!!
Montaxes realizadas con PiZap
Déixovos eu agora un presente para que vos quede bo sabor de boca do trimestre pasado. A coller forzas para este!!!
Obtido no canal de Youtube de Anabel García

luns, 7 de xaneiro de 2019

MANUALIDADES DE 2º (IV).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Como último retallo do Nadal, vouvos ensinar a árbore que fixemos. Saquei a idea de Internet pero dinlle unha volta máis alá.
- Trouxeron un garabullo á clase.
- Trouxeron landras cos seus correspondentes carabullos. Estes foron os que pintaron: por fora, da mesma cor e por dentro,de coloríns.
- Montámolo nunha base de plastilina (que máis tarde recubrimos de algodón).
-Pegámolos carabullos ao garabullo con silicona quente.
-Fixemos a decoración con limpapipas brillantes e pompóns de cores.
- Por último,  un toque de neve en bote.
Aquí os tendes!
Quedaron chusquiños, non si?
Montaxes realizadas con Pizap
GRAZAS PROFE LAURA, SEN A TÚA AXUDA NON QUEDARÍAN TAN BEN!

domingo, 6 de xaneiro de 2019

REIS 2019.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Que tal se portaron os Reis? Seguro que vos trouxeron unha morea de cousas: xoguetes, roupa, libros... Agora que toca pensar en volver eu tamén espero que vos deixasen alegría, ilusión e moitas gañas de aprender.
Para celebrar este día máxico apórtovos varias cousas:
-Os enlaces de anos anteriores, onde hai algo de todo : contos dos Reis, cantigas, curtas.... Premede aquí para acceder.
-Unha nova canción de Roberto Grandal cos debuxs de Leandro Lamas sobre a figura do Apalpador.
Obtido no canal de Youtube de Leandro Lamas
-E a curta "La noche mágica de Gaspar", que nos fala das persoas que deben traballar en datas moi familiares e temos que valoralo.
Obtido no canal de Youtube de Ripley Chile
Da igual quen veña, como veña e cando veña, o importante é manter a ilusión!Grazas por axudarme a manter a miña intacta.
Montaxe realia con PiZap
FELIZ DÍA DE REIS!!!

sábado, 5 de xaneiro de 2019

MANUALIDADES DE 2º (III).

Imaxe obtida en Pixabay .com
Quedaron pendentes algunhas manualidades que fixemos neste 1º trimestre. Cóntovos:
-A cabaza de Samaín:
Comezamos facendo a silueta da cabaza nunha cartolina laranxa  para despois recortar por arredor e picar por dentro.Pegamos por detrás dos ollos, boca e nariz(as que a tiñan) papel doutras cores e pegamos a cabaza nunha cartolina granate. Por último, colocamos unha plantilla de  morcegos , que recheamos con pintura negra(axudados dunha esponxa e unha pinza).Rematamos repasando o contorno dos morcegos de prateado. Este é o resultado!
Tamén fixemos cousiñas de Nadal. Concretamente un portal de Belén onde colorearon as figuras, a cabeza da estrela e o portal en si. Despois fixeron a composición picando a ventá, pegando a Sagrada Familia e colocando o teito de cartolina dourada. Todo iso sobre un fondo azul, onde a estrela de Oriente levaba unha cola metalizada e había unhas rutilantes estrelas. Ollade como nos quedou!
Montaxes realizadas con Pizap.
Aínda quedan algún traballo pero será para a próxima. 
FELIZ NOITE DE REIS!!!

venres, 4 de xaneiro de 2019

PETICIÓNS E DESEXOS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa falta moi pouquiño para que cheguen os Magos de Oriente e de seguro que recibiron miles de cartas pedindo un montón de xoguetes. Este ano, na clase, pedinlles aos nenos/as que redactasen unha carta especial; unha na que tiñan que pedir algo non material. Ao principio tivemos os nosos problemas (algún quería que lle trouxeran vento) pero dándolle ao caletre logo fomos atopando que escribir.
Estas son as nosa cartas.
Tamén quixemos facer peticións para o aninovo, e esas, tampoco se podían tocar! Que profe máis pesada!!! Así nos quedaron de bonitas!
Montaxe realizada con PiZap
Para rematar déixovos un enlace ás recomendación lectoras deste Nadal do noso cole.Espero que os Reis vos traian moitos libros!

Clicade no círculo coa frecha para poder ver mellor o maquetado que fixo a profe Vane.

xoves, 3 de xaneiro de 2019

CALENDARIO CEAPA 2019.

Imaxe obtida no blogue Gestionando Hijos
Outro ano máis aparece o calendario da CEAPA( Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres del Alumnado), que propón compartir tempo en familia mentres se desenvolven as competencias clave para os nenos/as. Se premedes sobre a foto poderedes descargalo.
Se queredes consultar calendarios de anos anteriores premede aquí.

martes, 1 de xaneiro de 2019

FELIZ 2019!!

Imaxe atopada en Pixabay.com
Para todos e para todas, que este ano 2019 sexa estupendo!!!
Obtido no canal de Youtube de Anabel García