sábado, 29 de febreiro de 2020

DÍA EXTRA.

Imaxe Felipe Muhr
Fixádevos que curioso que este ano é bisiesto porque febreiro ten 29 días. A que  se debe este feito? Neste vídeo dánnos unha explicación.
Obtido no canal de Youtube de CuriosaMente
Nesta data, que so vivimos cada catro anos, celébrase o Día Mundial das Enfermidades Raras.

venres, 28 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020.

Creación da teacher María
A estas alturas e aínda sen falar do Entroido.  Pois poñédelle atención que o contamos todiño!
Como podedes ver no cartel comezamos coa semana do Meco, que este ano veu moi vaqueiro. Estes foron os seus mandatos.

mércores, 26 de febreiro de 2020

MANUALIDADES (III).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Hoxe imos ver un par de sinxelas manualidades que fixemos para o Día da Paz e para o Entroido.
-Xa sabedes que estamos sempre querendo innovar e buscando cousas novas que fagan que o noso alumnado aprenda de maneira divertida. Ás veces, o tempo non nos da para máis e recurrimos a actividades que xa fixemos algunha vez. Pois ben, intentando repetir un modelo visto en KROKOTAC e que xa fixeramos en primeiro, saiu outra cousa.(Consultade aquí o xa feito).

martes, 25 de febreiro de 2020

CELEBRANDO A PAZ.

Decoración do cole de 1º e 2º
Tampouco vos contamos aínda como celebramos a semana e o Día da Paz. Fixemos o seguinte:
-Escoitamos, dentro da "Hora de Ler", un fragmento do libro "Palabras de caramelo" na voz dos nenos/as de 5º de primaria.

luns, 24 de febreiro de 2020

AI, ROSIÑA!!!!

Ilustración de Eva Casais
Por fin chegou o momento!! O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha das nosas autoras máis universais e querida por todos/as. Cada ano intentamos facer algo especial para conmemorar a data do seu nacemento  e  nesta ocasión non ía ser menos.

domingo, 23 de febreiro de 2020

UN ABRAZO DA MOITO DE SI.

Imaxe de Bruno Germany en Pixabay
Con tantas celebracións quedaron cousas atrás. Aquí van:
Seguimos falando dos abrazos porque para ese día tamén lemos o conto "A fábrica dos abrazos" (unha adaptación e tradución dunha historia de Celia Rodríguez Ruíz) e fixemos unha ficha na que debuxamos o abrazo que máis nos presta.

venres, 21 de febreiro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2020.

Imaxe da Mesa pola Normalización Lingüística
O 21 de febreiro celebramos  o Día Internacional da Lingua Materna. Metidos de cheo no Entroido, tradición ancestral con moito vocabulario propio, queremos festexar a lingua na que comezamos a comunicarnos, a falar e a entendernos: a materna.
Para saber máis sobre esta data podedes consultar a páxina Diaintenacinalde.com.
Consulta as entradas de anos anteriores aquí.

martes, 18 de febreiro de 2020

ASPERGER 2020.

Imaxe obtida en AMAsperger Fundación
O 18 de febreiro tócanos falar  do síndrome de Asperger, xa que é o seu día no calendario. Este é un trastorno do desenvolvemento que se inclúe dentro do espectro autista e que afecta á interacción social recíproca, á comunicación verbal e non verbal, unha resistencia para aceptar o cambio, inflexibilidade de pensamento así como posuír campos de interee estreitos e absorventes. (Fonte: Confederación Asperger España).

sábado, 15 de febreiro de 2020

DÍA DO CANCRO INFANTIL 2020.

Imaxe atopada na rede
Hoxe, 15 de febreiro, tócanos de falar do cancro infantil. Non é unha data bonita de festexar pero é unha dura realidade da que hai que ser conscientes. De todas maneiras, non temos por que centrarnos no negativo. Hai cousas que son inevitables (como a enfermidade) e outras que están para axudar a superala, como os avances médicos, a investigación e o apoio e cariño co que debemos rodear aos que  sofren.

venres, 14 de febreiro de 2020

QUE IMPORTANTE, O AMOR.

Imaxe de PIRO4D en Pixabay.com
Que importante é o amor nas nosas vidas! Hoxe, na aula, estivemos  dicindo todas as cousas que nos gustan dos demais e por que os queremos. Menos mal nos queremos todos os días e poderemos repetir experiencia!!!
Para celebrar este día de amor e amizade vouvos deixar unha pequena compilación de contos sobre o amor para ler con nenos/as. Recollina na páxina Bebés y más. A ver que vos parecen!!!

xoves, 13 de febreiro de 2020

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2020.

Imaxe de Manfred Richter en Pixabay
O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio. Desde o ano 2012 aparece esta data no calendario para festexar un medio de comunicación dinámico e que chega a lugares moi remotos, sendo compaña para moitas persoas que viven soas.
Podedes obter máis información na páxina diainternacionalde.com.

martes, 11 de febreiro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA 2020.

Atopada en Sociedad Bioquímica y Biología Molecular de Chile.
Hoxe, 11 de febreiro,  celebramos  a presenza de nenas e mulleres na Ciencia; as que xa estiveron, as presentes e as que virán. Nenas que estudan nos nosos centros e que serán as científicas do mañá ou o que elas queiran  ser.
Na páxina de Mujeres con Ciencia aparecen moitas destas científicas que tan importantes foron polos seus decubrimentos.

luns, 10 de febreiro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DE INTERNET SEGURO.

Imagen de Gerd Altmann en Pixabay
Nos tempos que corren non somos nada se non navegamos por Internet. Pero estes camiños cibernéticos están cheos de perigos e asaltantes maliciosos que axexan nas sombras. Por iso se celebra este día no mes de febreiro, o da Internet Segura, para promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais. Dependendo da fonte que consulte sinálanme unha data diferente pero o que si está claro é a súa ubicación no mes de febreiro. Aquí vos deixo máis información sobre o tema.

sábado, 8 de febreiro de 2020

CAIXÓN DESASTRE (VI)

Montaxe creada con Pizap
Hoxe traemos ao noso Caixón un problema do que cada vez somos máis conscientes: o consumo excesivo de plástico. O preocupante desta situación é onde remata tanto plástico que nos rodea.

mércores, 5 de febreiro de 2020

QUERES UN ABRAZO?

Imaxe de Fotolia
Recordades  que o 21 foi o Día Mundial do Abrazo? Pois ben , nós decidimos seguilo ao pe da letra e fixemos uns carteliños para ofrecer os nosos abrazos.
Unha vez coloreados e plastificados, colgámolos ao pescozo e saímos na procura de  persoas que precisasen unha boa aperta. Fixémolo sempre desde o respecto, preguntando primeiro se querían ou non. O certo é que non atopamos negativas, senón todo o contrario!!

domingo, 2 de febreiro de 2020

CANDO A CANDELORIA CHORA...

Ilustración sorbia
O 2 de febreiro, véspera de S. Brais, casan os paxariños e comezamos a ver a primavera máis cerca. Xusto no medio do inverno,  acontece o retorno das aves migratorias que se emparellan neste día. Para que non perdamos os nosos costumes e tradicións e como homenaxe aos meus avós, que me contaban estas cousas, déixovos 5 recursos para traballar esta data que atopei no blogue ALÍ (Recursos en galego para a Educación Infantil)