Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Día Lingua materna. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Día Lingua materna. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

venres, 21 de febreiro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2020.

Imaxe da Mesa pola Normalización Lingüística
O 21 de febreiro celebramos  o Día Internacional da Lingua Materna. Metidos de cheo no Entroido, tradición ancestral con moito vocabulario propio, queremos festexar a lingua na que comezamos a comunicarnos, a falar e a entendernos: a materna.
Para saber máis sobre esta data podedes consultar a páxina Diaintenacinalde.com.
Consulta as entradas de anos anteriores aquí.

martes, 1 de febreiro de 2022

FEBREIRO EN EFEMÉRIDES.

Montaxe sobre imaxe de Larisa Koshkina (Pixabay.com) realizada en PiZap
Neste mes de febreiro comezamos con moito amor. Que outras datas importantes poderemos celebrar neste mes? Imos averigualo!

luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA (2026).

Imaxe obtida en puzlefactory.com
No noso cole, estes últimos días de febreiro, estanse enchendo de palabras fermosas, lembranzas e poesía no noso idioma. O 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, e o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, son datas relevantes para lembrar e celebrar.

martes, 21 de febreiro de 2023

DÍA DA LINGUA MATERNA (2023).

Imaxe da Editorial GALAXIA
Hoxe é un día importante. Imos celebrar a Lingua Materna!!! Porque debemos aproveitar as ocasións que temos para festexar todo o que sexa cultura, raíces,idioma....En dúas palabras, o propio.

domingo, 21 de febreiro de 2021

xoves, 21 de febreiro de 2019

A MIÑA LINGUA MATERNA É...

Imaxe da Corporación Radio e Televisión de Galicia
Antes de festexar á nosa Rosalía, celebramos o Día Internacional da Lingua Materna. O 21 de febreiro, queremos ensalzar a nosa lingua; aquela que aprendemos primeiro, na que xogamos e rimos, pero tamén choramos e sentimos, na que aprendemos na escola e moceamos nas festas, na que murmuramos cos avós e berramos ás inxustizas. A lingua que cala, que  flúe, que chouta, aquela que resiste e vence. Temos a sorte de ter dúas linguas cooficiais; non perdamos as raíces, nin desprecemos o lonxano; enriquezámonos co cultivo de ambas.
Tedes máis información sobre este tema na Galipedia. Premede sobre a imaxe para acceder.
A Cátedra UNESCO de Patrimonio Lingüístico Mundial(MHOUK) da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), co apoio da Fundación AZCUE, creou unha animación dixital para este día e conmemorar así, que o ano 2019 é o Ano Internacional das Linguas Indíxenas. Esta é a súa versión en galego.
Obtido no canal de Youtube  Munduku Hizkuntza Ondarearen UNESCO Katedra
Non esquezades visitar as entradas de anos anteriores aquí.
FELIZ DÍA!!!

sábado, 21 de febreiro de 2015

A MIÑA LINGUA, A TÚA LINGUA.

Imaxe obtida no Portal das palabras.

Hoxe celebramos o 15º aniversario do Día Internacional da Lingua Materna. Nesta data conmemoramos  a riqueza que nos ofrece a diversidade lingüística do planeta.Non importa onde nazas,  as ideas dos teus pais ou a túa economía, tes unha lingua que se che agasalla no nacemento e que se converte en materna porque nela comezas a aprender , soñar e vivir.Non perdamos un galano ancestral polos convencionalismos , as modas ou a estupidez.
 Pola saúde da nosa lingua, FÁLAA!!!
Na páxina das Nacións Unidas fálannos deste día.
Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrécennos recursos para celebrar a diversidade das linguas.
No Portal das palabras  tamén nos dan información.

mércores, 21 de febreiro de 2018

LINGUA MATER

Imaxe atopada na rede.
Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna. Dende o ano 2000, celebramos esta data que se refire á lingua primeira que unha persoa aprende a falar e prentende promover o multilingüísmo e a diversidade cultural. Para máis información sobre o tema podedes consultar o Portal da Lingua Galega.
Coma sempre podedes consultar as entradas de anos anteriores premendo aquí.
E para festexar a nosa Lingua, déixovos un  vídeo cun lipdub  do CEIP Virxe da Saleta. Fixeron unha estupenda versión de "Sweet Home Alabama" de Lynyrd Skynyrd, que popularizou Siniestro Total como "Miña Terra Galega". Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu  a letra "A Lingua sabe a Pan!" 
Obtido no canal de Youtube Percorrido.
GOZADE DO DÍA E DA LINGUA!!!

martes, 21 de febreiro de 2017

LINGUA NAI.

Imaxe atopada na rede.
Hoxe, 21 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Lingua Materna (primeiro idioma que aprende unha persoa).  A data foi proclamada pola UNESCO , no ano 2000, para promover  a diversidade lingüística e cultural e o plurilingüísmo. Dende que o ser humano desenvolveu a linguaxe, considérase que desapareceron unhas 30.000 linguas. Resulta moi triste pensar na gran riqueza que se desvanece nesta perda de idiomas ocorrida ao longo dos séculos, pero non debemos quedarnos nos datos. Temos a gradísima sorte de ter un idioma propio que nos pertence porque sí e que  segue vivo grazas ao inmenso esforzo de moitos/as que loitaron para que hoxe chegase a nós. Imos deixar que se esfume?
QUERE A TÚA LINGUA; FAINA VISIBLE NA TÚA VOZ.
FALA GALEGO!!!!
Deixovos unhas actividades , que atopei en Tiching, para traballar este día (que son todos).
E un pouco de información na páxina da UNESCO.
Nun artigo de La Opinión (A Coruña) do ano pasado, vin esta preciosa imaxe que nos ensina todas as maneiras diferentes que temos no noso idioma de chamarlle ás precipitacións. Pódese pedir máis riqueza?
FELIZ DÍA!!!

domingo, 24 de febreiro de 2019

DA LINGUA MATER Á ROSA INSIGNE.

Retrato de Mónica Jiménez
Con so dous días de diferenza celebramos o Día Intenacional da Lingua Materna e a data de nacemento da nai do Rexurdimento Galego. Curioso, non si?
Volve Rosalía ás nosas aula, onde sempre está presente, para unirnos nun ilusionante proxecto común. Recorre os nosos corredores para visitar a biblioteca e agasallarnos con recitados e plasticidade.
Como este ano o 24 de febreiro coincide en domingo traballamos toda a semana pero o colofón final será o luns 25 (cando xa teremos que recibir o Entroido. Isto é un non parar!).
Para festexar este día, e non adiantar as sorpresas que temos para mañá, quero facerme eco da iniciativa deste ano do Concello da A Estrada. Xa gozamos na pasada edición dun expléndido traballo de recitado da autora polo mundo adiante e nesta ocasión sorpréndennos  cunha marabillosa versión do "Stand by me" de Ben E. King. Nela colaboran  estupendos artistas estradenses, algún dos cales temos o pracer de coñecer : profes do instituto en Forcarei, papás de alumnas do cole.... Canta arte nos rodea!
Gozade desta homenaxe, merecida e inmensa, coa que os estradenses (nos que me inclúo), queren honrar a Rosalía.
Obtido no canal de Youtube de  Concello da Estrada.
ROSALÍA; ESTÁS EN MIN!!!
Entradas de anos anteriores, aquí.