venres, 30 de marzo de 2018

MATES DIVERTIDAS (IV).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Xa vos contamos que no 2º trimestre tivemos con nós a unha profe de prácticas chamada Lucía. Ademáis de integrarse perfectamente no cole e na clase, tamén tivo que facer a súa práctica específica, que versou sobre as matemáticas. Decidiu traballar o cálculo mental a través duns xogos ben divertidos. Aquí volos amoso.
-CALCUBINGO : consiste en tachar do teu cartón os resultados  das operacións (sumas e restas) que a profe saca.
-PANO MATEMÁTICO: é o xogo tradicional do pano pero en vez de dicir números xógase con operacións. (Deste non teño fotos porque o fixo en E.F.).
-DOMINÓ MATEMÁTICO: baséase na dinámica do dominó, onde as pezas teñen sumas e restas. Únense as operacións de igual resultado.
Montaxes realizadas con PiZap.
Noutra entrada os  dous xogos que faltan.

martes, 27 de marzo de 2018

DÍA DO TEATRO.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Este ano cúmprese o 70 aniversario da celebración do Día Mundial do Teatro e cinco autores diferentes escribiron unha mensaxe sobre este acontecemento. A nós, as palabras destes importantes persoeiros do eido cultural , quédannos un pouco grandes. Rescato un pequeno fragmento que me pareceu significativo.
No blogue, Juegos Malabares, aparecen xogos de teatro para nenos/as.
Na sección, Leer en familia de Loqueleo de Santillana, hai un caderniño estupendo con actividades.
Non esquezades visitar as entradas de anos anteriores Premede na imaxe inferior.
VIVA O TEATRO. FELIZ DÍA!!!

sábado, 24 de marzo de 2018

MATES DIVERTIDAS (III).

Imaxe obtida Pixabay.com
Hoxe contarvos  a outra parte da nosa máquina de sumar e restar. A estrutura é moi similar á da suma pero fíxenlle unha boca diferente(por iso de quitar) e so ten un vaso- corno vermello arriba. Ten outro de lado para quitar as que restamos.
Temos tamén unhas planillas plastificadas para ir colocando sumas e restas e outras de papel para crear operacións propias.
Son estas.
Déixovolas no Box por se vos interesan.

xoves, 22 de marzo de 2018

AUGA QUE LIMPA.

Imaxe obtida en Pixbay.com.
Aínda cos ecos das celebracións de onte resoando na cabeza, hoxe toca fixarse na auga. O 22 de marzo é o Día Mundial deste prezado e escaso ben; ese polo que tanto chamamos e agora , xa nos sobra. De todos os xeitos non está de máis reflexionar sobre que é un ben común para coidar e aforrar e, que así, todos poidamos gozar del.
Na páxina do INTEF tedes información sobre o tema.
Tamén podedes consultar no espazo das Nacións Unidas.
En Loqueleo, de Santillana, aparece unha compilación de libros que falan  da auga.
E seguimos visibilizando a Síndrome de Down.
SOMOS IGUAIS PERO DIFERENTES!!!

mércores, 21 de marzo de 2018

21 DE MARZO.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Parece que coa chegada da primavera  non só se altera o sangue, senón que tamén se potencian as gañas de festa. Se onte recibiamos por todo o alto a nova estación(cun pouco de frío) e celebrabamos  a narración oral e a felicidade; hoxe non vai ser menos. O 21 de marzo tócanos:
- Día Mundial da Poesía: proposto en 1998 pola UNESCO, pretende apoiar a diversidade lingüística a través da acción poética.
Clica na imaxe para acceder a unha compilación de libros de poemas.
-Día Internacional dos Bosques: celébrase desde o 2013 levando a cabo actividades de concienciación da importancia dos bosques para a vida humana. Se  premedes sobre a imaxe obteredes máis información.
Cartel deste ano.
-Día Mundial da Síndrome de Down: aínda queda moito por visibilizar e normalizar coas persoas de capacidades diferentes, ou sexa, todos os seres humanos que poboamos o mundo. Todos temos diferentes habilidades e aptitudes. Para que vexades  como se divirten estes nenos/as coas súas mamis, aquí vos deixo este vídeo.
Obtido no canal de Youtube 50 Mums/50 Kids/1 Extra Chromosome
Non esquezades visitar as entradas de anos anteriores. Premede aquí.
FELIZ DÍA!!!

luns, 19 de marzo de 2018

PAI TAMÉN SO HAI UN.

Papá e eu.
Non son moito de falar da miña vida , nin de datas comerciais , nin de outras moitas cousas pero hoxe, no día do pai, vou facer unha excepción.
Desde que teño uso de razón, o día de S. Xosé sempre se celebrou  o día dos papás; outra historia  é que de algo tan importante se queira facer un negocio. Xa fai algúns anos, que na nosa aula non se preparan agasallos especiais para ese día (nin para as nais) porque considero que  o mellor dos regalos debe ser diario e non material. Sempre lle recomendo aos meus nenos/as que entreguen aos papás o seu bo comportamento, os aprobados do cole, as apertas ,  os bicos e todos os aloumiños que poidan dipensarlles; iso tamén o disfrutamos nós cando os recibimos deles.
Así que hoxe  solo vos pido que abracedes moi forte aos vosos papás e lle digades o moito que os queredes; se, coma min no podedes facer, pechade os ollos moi forte e enviade o voso amor  a través das barreiras espaciais para que lle chegue alá onde estén.
Que sorte  ter un pai tan marabilloso!!! Quérote, papá!!!
Clicade aquí para ver entradas de anos anteriores.

sábado, 17 de marzo de 2018

UNHA VISITA MOI MUSICAL.

A principios deste mes de marzo contamos no noso cole coa presenza de José Manuel López "Josele". Temos entre mans un ambicioso proxecto relacionado coa vida  e obra de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo. Pois relacionado co tema estivo a charla que nos deu Josele sobre  algúns dos instrumentos tradicionais galegos. Falounos  do bombo, do tambor, da pandeireta, da famosa gaita.....  Pero os instrumentos que máis nos chamaron a atención foron a ocarina e a zanfona.
Montaxe realizada con Pizap coas fotos da profe Vane.
Aquí tedes un fragmento da intpretación de Josele coa ocarina.
Obtido no meu canal de Youtube.
MOITAS GRAZAS,JOSELE. FOI UN PRACER APRENDER CONTIGO!!!

mércores, 14 de marzo de 2018

NOS TEMPOS QUE CORREN.

Nestes días de temporal, meteorolóxico e social, que mellor que agarrarnos á musica  e as súas mensaxes para "capear" o que toca vivir.
Déixovos  a interpretación que , para o Día da Paz e non Violencia, fixemos no cole da peza "Quérote máis..." de O Sonoro Maxín.
Que vos provoque sentimentos bonitos!!!
Premede na imaxe para acceder.

domingo, 11 de marzo de 2018

MANUALIDADE DE ENTROIDO.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Xa o sei, sí; non son moito horas pero quedáranos pendente  a postal que fixemos polo entroido e queríavola ensinar.O modelo saqueino da rede, asinado  por  Simon.
Nunha cartolina branca colocamos as letras de Entroido (que pintaron)  e fixeron un debuxo do tema. Esa foi a parte externa da postal.
Por dentro, cubriron o corpo do arlequín con gomets de cores e tarxeta rematada. Mirade o resultado.

xoves, 8 de marzo de 2018

NÓS, AS MULLERES; NÓS, AS PERSOAS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Tal vez vos preguntedes o por que do título desta entrada de hoxe. Pois ben, creo que debemos loitar pola igualdade  de todos/as na nosa sociedade (aínda queda moito camiño por andar) pero tamén considero  que esa equiparación ten que ver co respecto  e coa idea de que todos somos seres humanos. So así poderemos conseguir unha sociedade máis xusta e sin rancor.
Se queredes obter máis información sobre este día en Guía Infantil poderedes atopala.
No blogue Paxariña de papel aparece unha magnífica compilación de recursos para traballar sobre a igualdade.
Non te esquezas dos recursos de anos anteriores. AQUÍ.
Rematamos co humor do recentemente desaparecido mestre FORGES.
Voemos alto sen medo, voemos xuntos ou separados, pero voemos iguais!!!
Imaxe obtida en Realkiddys.
FELIZ DÍA!!!

luns, 5 de marzo de 2018

MATES DIVERTIDAS(II).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Hoxe vouvos ensinar a nosa súper máquina de sumar e restar. Utizámola moito no primeiro trimestre, agora solo xogamos con ela  de cando en vez porque estamos sumando cantidades maiores.
 Despois de consultada a rede, decidín escoller un modelo sinxelo pero que combinase as dúas operacións (para sacarlle o máximo partido). Non está copiada totalmente dun sitio , senón que é unha mistura de ideas; con algunha propia (non vin ningunha máquina mixta: iso non quere dicir que non exista, eh?)
Coloreada a caixa de folios, fixen dous círculos para os ollos e o símbolo da suma coloqueino no nariz. Abrín unha boca e dous vasos azuis de orellas ou antenas.
Como os ollos teñen velcro formamos as operacións, botamos a cantidade de tapóns que se nos pide por cada vaso e o que retiramos pola boca é o resultado. Máis fácil non pode ser!
Noutra entrada póñovos a resta e as plantillas que utilizamos para escribir as operacións.

venres, 2 de marzo de 2018

CELEBRANDO A PAZ (III).

Mural realizado pola profe Puri de Relixión e os nenos/as de 6º.
Xa vos contaramos que para celebrar a Paz fixeramos varias cousiñas. Pois hoxe ímosvos mostrar a nosa aportación plástica.
A base  da  manualidade vina en KROKOTAK (utilizada para outra celebración) ,pero gustoume  e decidín facela  para a Paz.Primeiro dobramos un folio de cor e os nenos/as debuxaron a contorna da súa man(traballaron por parellas).
Despois recortarmos e pegamos nunha cartolina negra.
Por último, escribimos unha mensaxe  e decoramos ao gusto de cada un.
Tamén fixemos unha pomba crebacabezas que atopei na rede. Coloreámola con ceras brandas, recortámola, montamos sobre cartolina e despois,  recheamos de afiado as letras que nos fixo a profe Lucía. Así nos quedaron.
Montaxes realizadas con PiZap.