Imaxe de Gordon Johnson en Pixabay.com
Cos tempos que corren que gañas de celebrar cousas alegres. Aínda que a música é un deses elementos que nos serven para todo.Pode facer vibrar de emoción elevando o noso espírito ao máis alto, remendar unha alma rota por unha perda irremediable,ser a canle de desafogo ante a inxustiza e o terror e arrolar o sono máis profundo dunha criatura indefensa. Canta falta nos fas, oh música, para poder sobrelevar...