Imaxe atopada en Pixabay.com
Comezado o mes de decembro, empeza a conta atrás para chegar ás festas do Nadal. Non hai mellor maneira de facelo que a través dun calendario de advento. Hai milleiros de posibilidades diferentes pero quero mostrarvos un par delas que me gustaron especialmente.
Unha é a proposta de Google, Sigue a Papá Noel, a través de Google Maps.
Outra, atopeina no blogue da nosa amiga Isabel Piñero,
Las TIC en Primaria. Trátase dun libro escrito por Carmen Posadas para Suchard, titulado "El primer cuento de Navidad". Con él preténdese unir á familia a través da lectura contaxiando a ilusión e maxia destas datas.
Na páxina web aparece un calendario de advento con moitas sorpresas que descubrir.
Xa vos contaremos cal é o noso calendario e como xurdiu. Permanecede atentos/as!!!