Imaxe obtida na rede
Doce anos demandando atención sobre as enfermidades raras. Pero ... que son?
Estamos acostumados a escoitar nomes de doenzas que padecemos de maneira habitual e, incluso algunhas que son crónicas(non das de escribir, eh?). Considéranse enfermidades raras aquelas que son pouco frecuentes e que afectan a un número limitado da poboación total, definido en Europa como menos de 1 por cada 2.000 cidadáns.(Según a Federación Española de Enfermidades Raras). O grave problema é que existen unha cantidade enorme de doenzas deste tipo, todas diferentes entre si, e moi pouca investigación ao respecto. Temos que visibilizalas!!! Quen sabe se algún día , sairá da miña aula un investigador ou investigadora que dea coa cura dalgunha delas? Ogallá o vexan os meus ollos!!!
Se queredes máis información, nesta páxina de pediatría podedes atopala. Premede na imaxe.
Se queredes máis información, nesta páxina de pediatría podedes atopala. Premede na imaxe.
Mentres tanto , déixovos o vídeo da campaña deste ano.
Obtido no canal de Youtube de rarediseaseday
RECORDA: RARA É A ENFERMIDADE, NON A PERSOA.
FELIZ DÍA!