mércores, 30 de decembro de 2020

luns, 28 de decembro de 2020

AULA VIRTUAL.

 
Montaxe realizado con PiXabay.com
Ola chicos/as; como van as vacacións? Pasou Papá Noel polas vosas casas? Seguro que o estades pasando moi ben. Alégrome!!!

xoves, 24 de decembro de 2020

UN NADAL MÁIS!!!

Imaxe de Annette Meyer en Pixabay.com
Hoxe, día de Noiteboa, paréceme un bo momento para a estrea mundial do recitado "Tres paxes e tres reis suman seis" de Ana María Fernández.

sábado, 19 de decembro de 2020

MANUALIDADES (2020-2021)

Imaxe de Poison Ivy en Pixabay.com
Inauguramos a nosa sección este curso,cunha manualidade de outono (antes de que acabe).

mércores, 16 de decembro de 2020

sábado, 12 de decembro de 2020

RECURSOS NADAL 2020.

Imaxe de Sabrina Ripke en Pixabay.com
Sempre vou un pouco xusta con todo pero este ano aínda queda tempo para facer cousiñas de Nadal; non si? Por iso vos ofrezo unha pequena compilación de recursos para este tempo.

xoves, 10 de decembro de 2020

DOBRE OU NADA!!!

Imaxe atopada na rede
"Todos o seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos". Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

sábado, 5 de decembro de 2020

O NOSO MAGOSTO.

Imaxe de Marc Pascual en Pixabay.com

Xa sei que non pega nin con cola falar a estas alturas das castañas pero como ando a millón (como a maioría da xente) e non tiven a oportunidade de contarvos o ben que o pasamos no Magosto.... Cóntovolo agora!!!

xoves, 3 de decembro de 2020

#EUTAMENPODO.

Ilustración de Noelia Medina
Hoxe, Día Internacional das Persoas con Dispacidade, lembrámonos na aula de Álex, un chico moi simpático que nos vistou o ano pasado.

martes, 1 de decembro de 2020

COMEZA DECEMBRO.

Imaxe de Kevin Sanderson en Pixabay.com
Chegado o 1 de decembro queda inaugurada a conta atrás para o Nadal!!!

venres, 27 de novembro de 2020

O NOSO DÍA!!!

Imaxe de brgfx en Pixabay.com e montaxe realizada con PiZap.com
Un dime que me debe gustar moito o meu traballo e outra  dime que vou morrer con eles se teño que aguantar todo o curso. Xa vedes, hai para todos os gustos!!!

xoves, 26 de novembro de 2020

SE ME QUERES, QUÉREME BEN!!!

Imaxe de Anabel Lee
Ai, o amor, que todo o pode e todo o tolera, que aguanta, espera, cre, resiste e desculpa.

domingo, 22 de novembro de 2020

SANTA ICÍA 2020.

Imaxe de Gordon Johnson en Pixabay.com
Cos tempos que corren que gañas de celebrar cousas alegres. Aínda que a música é un deses elementos que nos serven para todo.Pode facer vibrar de emoción elevando o noso espírito ao máis alto, remendar unha alma rota por unha perda irremediable,ser a canle de desafogo ante a inxustiza e o terror e arrolar o sono máis profundo dunha criatura indefensa. Canta falta nos fas, oh música, para poder sobrelevar...

venres, 20 de novembro de 2020

A NENA QUE HAI EN MIN.


Imaxe obtida de Entre nubes y cuentos
Que bonito era todo cando era pequena!!!! Tiven a sorte de ter unha infancia feliz; non ateigada de tecnoloxía e cousas, cousas, cousas senón rodeada de natureza, de avós, de aldea e moito, moito amor. Seguro que vós, meus perellos, tedes a mesma sorte ca min. Esa non é a realidade de todos os nenos/as do mundo.

luns, 16 de novembro de 2020

venres, 13 de novembro de 2020

DÍA DAS LIBRARÍAS E DA BONDADE 2020.

 
Cartel de Ximo Abadía
Se hai unha tenda que a min me gusta visitar esa é a libraría. Dame igual o día que sexa ou o día que teña, sempre me alegra o momento (iso tamén me pasa coas pastelerías!). Ás veces, ata é problemático porque todo o que vexo me gusta: os libros dos maiores, os libros dos pequenos, o álbum ilustrado.... Encántanme en xeral!!! 

xoves, 12 de novembro de 2020

XOGOS MATEMÁTICOS E DE LENGUA (T 3).

Imaxe de Souzan B en Pixabay.com
 Toca xogar un pouco para repasar e divertirse. A ver que tal se vos da!!!!

martes, 10 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA.

Imaxe obtida no Portal da Lingua Galega
No ano 2001, a UNESCO, declarou o 10 de novembro o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento.  En Galicia, adoptamos este mes como o da Ciencia para facer ver que o noso idioma é válido en calquera ámbito da vida.

domingo, 8 de novembro de 2020

CELEBRANDO O SAMAÍN.

Imaxe deseñada por freepick en Freepick.com
Este ano, tan diferente aos demais, segue tendo celebracións.

xoves, 5 de novembro de 2020

luns, 2 de novembro de 2020

O CORPO HUMANO (II)

Imaxe de macrovector en Freepik.com
Repasastes moito cos vídeos anteriores? Pois imos poñer algún máis!

ACTIVIDADES INTERACTIVAS.

 
Lembrades as actividades interactivas que fixemos durante o  confinamento? Pois chegou a hora de retomalas!!! Imos facer algunha de vez en cando para non perder o costume.

sábado, 31 de outubro de 2020

SAMAÍN 2020.

Imaxe de studiogstock en Freepick.com
Nesta noite máxica de Samaín, imos botar a vista atrás para recordar unha bonita creación realizada cos nenos/as que agora están en 4º de primaria. Que a gocedes tanto como cando nós a fixemos!!!

xoves, 29 de outubro de 2020

CAIXÓN DESASTRE.

Montaxe realizada con PiZap
Pero será posible!!! Ata no Caixón Desastre se foi colar o raio do Coronavirus!! Podedes velo?

martes, 27 de outubro de 2020

RECURSOS SAMAÍN 2020.

Imaxe de Yuri_B en Pixabay.com
Achégase o tempo do Samaín e non podemos deixar de compartir unha escolma de recursos terroríficos para celebralo. Por que haberá que celebralo,non?

luns, 26 de outubro de 2020

O CORPO HUMANO.

Imaxe de brgfx  en Freepick.com
Que vos parece se repasamos o corpo humano a través duns vídeos? Ben? Pois veña!

sábado, 24 de outubro de 2020

SEGUIMOS DOBRANDO!!!!

Logo oficial
O Día das Bibliotecas celébrase o 24 de outubro en recordo ao incendio sufrido pola Biblioteca de Saraxevo durante o conflito dos Balcáns en  1992.

xoves, 22 de outubro de 2020

CELEBRAMOS A PARES!

Imaxe obtida na rede
Desde o ano 1998, o 22 de outubro, designouse como o Día Internacional da Concienciación da Tartamudez.

martes, 20 de outubro de 2020

luns, 19 de outubro de 2020

ELAS TEÑEN A PALABRA.

Imaxe atopada na rede
O luns seguinte ao 15 de outubro (data da festividade de santa Teresa de Xesús) conmemoramos o Día das Escritoras.

venres, 16 de outubro de 2020

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN 2020.

Imaxe obtida do concello de Xochiatipan
A celebración de hoxe está moi realcionada coa de onte (Día Internacional da Muller Rural), xa que a alimentación do mundo depende do rural. Dende o ano 1979, conmemoramos o Día Mundial da Alimentación promovido pola FAO.

xoves, 15 de outubro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL 2020.

Imaxe atopada na rede
Pois si; tamén temos un día dedicado ás mulleres rurais. Me parece moi interesante que exista, xa  que forma parte da miña historia e do meu entorno cotiá.

domingo, 11 de outubro de 2020

TECE, TECEDEIRA!!!

Imaxe de Myriam Zilles en Pixabay.com
Esta semana pasounos unha cousa inusual. Así, por casualidade, descubrimos unha araña coa súa tea na ventá da nosa aula. Como suscitou bastante curiosidade rematamos decidindo adoptala ( pero cada un na súa casa, eh!). 

xoves, 8 de outubro de 2020

XOGOS DE LENGUA (T 1)

Imaxe atopada na rede
Seguimos buscando xogos que nos divirtan e nos sirvan para repasar as cousas que imos aprendendo. Hoxe tócalle á Lingua Castelá e a o abecedario. Son xogos moi faciliños. Xa me diredes se vos gustan!

luns, 5 de outubro de 2020

DÍA MUNDIAL DO DOCENTE 2020.

Imaxe atopada na rede.
Hoxe é o noso día pero tamén o do noso alumnado porque... Que sería un mestre sen alumnos/as?

domingo, 4 de outubro de 2020

XOGOS MATEMÁTICOS (T 1).

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay.com
Como xa sabedes, estou colgando na aula virtual, a materia importante de cada un dos temas que daremos este curso.

xoves, 1 de outubro de 2020

AVOÍÑO/A, DIME TI.

         

Imaxe atopada en Cuídate y come sano!
Case non chego a esta marabillosa celebración que é o Día Internacional das Persoas de Idade pero non mo podía perder.

mércores, 30 de setembro de 2020

DÚAS CELEBRACIÓNS E UNHA DESPEDIDA.

Homenaxe de Fernando Pinilla ao mestre Quino
Hoxe é un día de celebración pero viuse empañado pola despedida do gran mestre Quino, creador da sempre enxeñosa Mafalda. Os que gozamos da lectura e , concretamente desta nena que odia a sopa e ten reposta para todo, sentímos un pouco orfos  depois da partida  dun xenio da creación. So nos queda desexarlle boa viaxe e que alá onde vaia non deixe de crear. Ata sempre, mestre!!!

venres, 25 de setembro de 2020

MENUDO(S) PUNTAZO(S)!

Imaxe de fevzizirhlioglu en Pixabay.com
O día 15 de setembro celebramos na nosa aula o Día Internacional do Punto. Como o ano pasado tivemos un remate de curso un tanto peculiar, decidín rescatar os puntos xa creados para darlles unha nova vida e que puidesen viaxar para a casa de cada neno/a. Foi así como cada un colocou sobre unha cartolina laranxa un título coas súas creacións. A ver se vos gusta o resultado!

luns, 21 de setembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E MUNDIAL DO ALZHEIMER 2020.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Hoxe temos unha dobre celebración.
Día Internacional da Paz.
Este ano, máis que nunca, se viu que todos os pobos temos un inimigo común contra o que deberiamos loitar xuntos: a pandemia provocacda pola Covid 19. Por que non facer un frente común contra unha

martes, 15 de setembro de 2020

DÍA DO PUNTO 2020.

Montaxe creada con PiZap
Nestes días nos que non podemos facer infinidade de cousas toca agudizar o enxeño para inventar novas maneiras de realizar o prohibido; respectando as normas, claro está!!! 

domingo, 13 de setembro de 2020

ROALD DALH 2020.

Caricatura do autor de Fernando Vicente
Hoxe, 13 de setembro, Día Internacional do Chocolate e do Bibliotecario/a , celebramos tamén  o Día de Roald Dalh. A data  de nacemento do autor foi escollida para conmemoralo e tamén para ensalzar o doce alimento debido, en parte, ao libro do escritor "Charlie y la fábrica de chocolate".

xoves, 10 de setembro de 2020

POR FIN NOS VEMOS AS CARAS!!!

A nosa aula
Por fin chegou o día de vernos todos/as!!! Foi moi emotivo e divertido atoparnos  no cole despois de tanto tempo. Ademáis temos un compañeiro novo que se chama Andrés. Eu creo que xa nos fixemos amigos!!!
Non foi como de costume  pero non estivo mal!!

martes, 8 de setembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN 2020.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
O 8 de setembro celebramos o Día Internacional da Alfabetización dende fai cincuenta e tres anos. Na entrada do ano pasado aparece a súa definición.Consultádea aquí.

domingo, 6 de setembro de 2020

IMOS PREPARÁNDONOS!!!

Imaxe creada por nizovatina en www.freepik.es
Chicos  e chicas xa queda moi pouquiño para que volvamos a vernos no cole!!! Eu estou impaciente, e vós? Seguro que sodes conscientes de que esta volta será especial e que teremos que  tomar unha serie de precaucións e seguir unhas normas. Pero iso é o de sempre, non si?

martes, 1 de setembro de 2020

SETEMBRO OUTRA VEZ!!

Imaxe atopada en www.freepik.es
Despois dun verán un tanto atípico aterramos en setembro cargados de dúbidas e incertezas. Todos os cursos as temos pero, estaredes de acordo comigo, que este ano...Lévase a palma!!!

domingo, 21 de xuño de 2020

ATA PRONTO!!!!

Imagen de Selling of my photos with StockAgencies is not permitted en Pixabay
Recén comenzado o verán e no Día Europeo da Música, despedímonos deste curso un tanto "raro". Foi difícil e duro, aínda que reportase algunhas satisfaccións. Con iso me vou quedar; con todas as alegrías que fun vivindo nestes meses: cos vídeos, as fotos e os traballos extra que chegaron ás miñas mans, cos comentarios amables e cariñosos,coas videochamadas en pixama, coas risas de verdade.
Foron tempos incertos que nos deixaron incertezas no tempo. Toca vivir, sin saber moi ben como pero mirando cara adiante; toca descansar, parece mentira pero foi agotador e toca agradecer.
GRAZAS A TODOS/AS OS QUE FIXESTES DESTA ETAPA UNHA ETAPA MELLOR!!!!

domingo, 14 de xuño de 2020

SOMOS PIRATAS (III).

Imagen de Richard Duijnstee en Pixabay
Ola, rapazada!!!
Xa sei que algún decidiu que o curso rematou pero aínda falta una semana. Tranquiiiilos/as, non vos preocupedes que non vai haber traballo pero seguro que vos apetece ver o resultado da interpretación pirata que fixo cada un de vós.
Non esquezades colgar os vídeos de despedida e visitar o noso padlet de aula.