Montaxe creada con PiZap
Nestes días nos que non podemos facer infinidade de cousas toca agudizar o enxeño para inventar novas maneiras de realizar o prohibido; respectando as normas, claro está!!!
Isto é o que pretende o Día Internacional do Punto, aproveitar a creatividade das persoas. Este evento está inspirado no libro de Peter H. Reynolds, "The dot", que conta como unha mestra reta a súa alumna a atreverse a facer. Aínda que non todos podemos chegar a ser artistas, iso non significa que non teñamos creatividade e poidamos levala a cabo inventando cousas marabillosas.
Coma todos os anos, compártovos a historia de Vashti.
Ningún comentario:
Publicar un comentario