domingo, 29 de novembro de 2015

HORA DE LER (II).

Esta semana temos como protagonista na nosa "Hora de ler" a Beatriz. Ela quixo presentarnos  o libro  "21 historias de la granja" pero como ten moitos contos, decidiuse polo de "Gaspar , el gallo".
Esta historia non puiden  atopala en vídeo pero sí que encontrei o conto de El gallo Kirico, no blogue de Javier Merchante, El maestro cuentacuentos. Que vos guste!!!

mércores, 25 de novembro de 2015

APÚNTATE AO BO TRATO!!!

Imaxe atopada no blogue El rincón educativo.

O 25 de Novembro é un deses días que non debería existir no calendario porque nos recorda que no mundo hai moitas persoas que non saben tratar aos demais.
Como a nós non nos gusta que nos mal traten, debemos facer todo o posible por dispensarlle aos outros o mellor trato que saibamos dar.
Para a erradicación de toda violencia debemos esforzarnos en educar para o bo trato e para a igualdade de xénero, sempre desde a tolerancia e o respecto alleos.
Aquí vos deixo o Decálogo para o bo trato de María Soledad Ortiz Barragán dentro do Programa-Guía para el Desarrollo de competencias emocionales, educativas y parentales. (Servicios Sociales de Tocina-Los Rosales (Sevilla).
E para traballar a igualdade de xéneros este fantástico conto "Los colores" de Nunila López Salamero e ilustrado por Myriam Cameros Sierra.Pertence ao libro Cuentos para antes de despertar
e presentanos unha visión diferente do mundo.
APÚNTATE AO BO TRATO!!!

domingo, 22 de novembro de 2015

CELEBRAMOS A MÚSICA.

O 22 de novembro  celebramos a festividade de Santa Icía, patrona dos músicos e dos poetas. Para festexar a data , deixovos  esta particular orquestra que recollín do blogue da nosa amiga Blanca Lafarga, Escuela infantil castillo de Blanca.
Podedes facer as vosas propias composicións: escoitar os instrumentos por separado, por parellas, todos xuntos.... e solo cun clic. Iso si, teremos que convencer a algún dos músicos de que ten que deixar de fumar porque é moi malo para a saúde.
Tamén vos deixo este vídeo cunha adaptación ao Rock de pezas clásicas (As Sinfonías 5ª e 9ª de Beethoven e O vo do moscardón de Rimsky Korsakov). Espero que o gocedes!!!

venres, 20 de novembro de 2015

DÍA DO NENO E DA NENA.

Imaxe obtida de http://mundoimagenes.org/

O 20 de novembro celebramos o Día Universal do Neno e da Nena cun claro obxectivo  recordarlle á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e polo tanto o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. Este día mundial recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran.
(Texto de https://www.unicef.es/infancia/derechos-del-nino/dia-internacional-nino)
Para coñecer cales son eses dereitos mirade esta presentación e escoitade a canción:
(Obtido en Youtube- LhulitaArg)
(Obtida en Youtube- Familias fuertes)
Tedes máis información e xogos nas entradas dos anos anteriores:
-Entrada do 2013.
-Entrada do 2014.
- E na páxina do amigo Antonio López. Clicade sobre a imaxe para acceder.

mércores, 18 de novembro de 2015

COMEZAMOS A "HORA DE LER".

Como en anos anteriores seguimos coa nosa "Hora de Ler". Xusto cando entramos do recreo da tarde temos eses 20 minutiños reservados á lectura.Como sempre me deu moi bo resultado, imos seguir traendo libros da casa para formar a nosa biblioteca de aula e aproveitaremos para lerllos aos  nosos compañeiros/as. 
Estreouse na actividade Cristina que nos trouxo un libro de Caillou. Nesta historia, o noso amigo, debe recoller os seus xoguetes se quere gozar dalgo que lle gusta de verdade.
Montaxe feita con Pizap.

Deixovos a aventura en vídeo. Espero que a vexades....despois de ler o conto!!!

luns, 16 de novembro de 2015

MAGOSTO, MAGOSTIÑO, CHEGACHES CO S. MARTIÑO.


O martes 10, véspera do San Martiño, celebramos no cole unha tarde de xogos e magosto.Comezamos colocándonos os nosos colgantes-castaña que fixeramos na aula e dirixímonos ao patio para ver que xogos nos tocaban este ano.Repetimos a carreira coa castaña na culler porque é unha das actividades que máis nos gustan. Fixémolo por clases (da nosa gañou Cris) e unha última rolda cos gañadores de todos os cursos. Despois, tocou poñerse en roda e pasar a castaña con música. Cando a música deixa de soar, perde o que ten o froito na man. Tamén fixemos unha quenda con todos os gañadores e a vencedora foi....Beatriz!!! Si, si, a nosa Beatriz.
Tomamos as castañas, que asara moi ben o profe Javi coa axuda do profe Julio, e tivemos que baixalas bailando  coa música que pinchaba o profe Toño.
Foi unha tarde estupenda!!!
Montaxe realizada con BeFunky.

venres, 13 de novembro de 2015

Á RICA CASTAÑA!

O outro día, na hora de Plástica,decidímonos a colorear unha castaña(xa que estamos no seu tempo).
Pedimos prestadas unhas ceras Manley aos nenos e nenas de infantil (é que nós somo moito de pedir pero tamén damos , eh?) e puxémonos mans á obra.
Primeiro , pintar ao gusto de cada un; segundo, recortar a castaña e pegala nunha cartolina e, por último, inventar un título para a creación.
Aquí tedes o resultado.
Presentación realizada con PICOVICO.

Atopei o modelo de castañas no blogue, Recursos para mi clase, da nosa amiga Isabel. Grazas por ofrecernos recursos tan chulis.

mércores, 11 de novembro de 2015

PERELLA SEGUE ENTRE NÓS.

No mes pasado, tres alumnos de 5º, Ana, Daniel e Carlos, decidiron escribirlle cadansúa carta a Fada Perella. Falaron comigo e colocámolas na nosa planta (lugar onde recibimos este tipo de correo,o máxico).
Creo que a Fada lle debeu de facer moita ilusión porque non tardou demasiado en contestarlles.
Animádevos a seguir escribindo, chicos/as!!!

sábado, 7 de novembro de 2015

RECURSOS DE CIENCIAS SOCIAIS E DA NATUREZA(II)

Comenzamos polas Ciencias Sociais  e a Educación Vial.
-Desde o proxecto "Suelas y ruedas" chéganos este vídeo sobre os sinais de circulación.
-Este vídeo de Motions Pictures fálanos dos semáforos e tamén repasa algúns sinais.

Seguimos coas Ciencias da Natureza.
-En Mundo primaria ofrécennos unha actividades para repasar o aprendido no tema 2 de CN. Estivestes atentos?
-Propóñovos colocar na Pirámide NAOS de Unicef os alimentos e exercicios que debemos facer para estar sans. Entrade, escollede o idioma e... a xogar!!!
-Animádevos a xogar con Spoti e axudádeo a cruzar a colina para que se reúna cos seus amigos.
(Atopado en Juegos educativos on line gratis de Antonio López).


mércores, 4 de novembro de 2015

MARCANDO PÁXINAS.

Este ano son eu a responsable da clase de Plástica de 1º e como inicio de asignatura decidimos facer un estupendo marcapáxinas para utilizar na "Hora de ler".Como seguidora que son do blogue da nosa amiga Ana Martínez, Aula Tic, vin como na súa aula de 6º facían o mesmo e púxenme mans á obra.
Son temeraria, si , pero non tanto. Busquei na mesma páxina que eles, Krokotak, e escollín algo máis acorde para a nosa idade: un marcador de serpe. Gustoulles  a idea un montón e foi relativamente fácil de facer. Ata a profe fixo un!!!
Proceso:
-Recortamos tiras de cores que despois pegamos na silueta da serpe.
-A profe recortou uns ollos de cartolina que pegamos e repasamos de rotulador como quixemos.
-Recortamos a serpe polo contorno.
-Pegámola nun trozo de cartolina.
-Por último, a profe plastificou os marcadores e púxolles un lazo a modo de lingua.
Mirade que chulos!!!
Montaxe realizada con Pizap.

luns, 2 de novembro de 2015

FESTA.

Isto foi o que deu de si  a celebración do Halloween-Samaín.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

Alba e as súas irmás, Carla e Alicia, foron merecedoras dun diploma que premiaba as cabazas feitas polos nenos sen axuda.
Por certo,se vos chama a atención o atuendo da profe xa o explicarei nas miñas memorias.
Montaxe realizada con Pizap.

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSO ESFORZO E DEDICACIÓN . ASÍ DA GUSTO!!!