martes, 31 de decembro de 2013

A VOLTAS CO PASADO(II).

A comezos deste curso falamos  da cápsula do tempo e do noso novo pothos (Polo de agora vive. A ver que nos atopamos cando voltemos das vacacións).
Nestas datas tan entrañables nas que nos pode a nostalxia,póñovos o vídeo onde se ve como  enterramos a cápsula.
Que tempos, verdade chicos!!!
(Grazas a Marta por gravarnos e á profe Vane por maquetarnos o vídeo.)

domingo, 29 de decembro de 2013

AS NOSAS FELICITACIÓNS

Aquí tendes a s vosas tarxetas navideñas.Quedaron moi chulas e fixéstelas vós solos.
PARABÉNS!!!

xoves, 26 de decembro de 2013

REMATE DE TRIMESTRE


Non hai final que se precie do Primeiro Trimestre sin un bo festival de Nadal. Este ano os nenos/as de 4º interpretaron unha coreografía de  percusión preciosa sobre un poema de Gloria Fuertes ("Con solo tres letras"), que prepararon co profe Toño. Tamén cantaron en inglés, "Santa Claus is coming to town" , un clásico navideño  que ensaiaron coa teacher María.
As miñas felicitacións para todos os participantes porque o fixeron xenial!!!
(Aparece na foto a nosa Dona Carme particular (Sabela) que lles botou unha man aos Picariños e á profe Vane)

mércores, 25 de decembro de 2013

FELIZ NADAL!!!


Este ano para desexarvos unhas Felices Festas un pouco de música. Atopeino no blogue de Maite Gan "Lluvia de ideas" e gustoume para vós.
Que gocedes destes entrañables días coa familia e os amigos.
Para todos........ FELIZ NADAL!!!

sábado, 21 de decembro de 2013

PERELLA VOLTA POLO NADAL.

Como xa é tradicional nela, a nosa fada particular , sorprendeunos este ano cunhas piruletas de chocolate para adozarnos o final de trimestre.

GRAZAS PERELLA E....MOITAS VECES!!!

venres, 20 de decembro de 2013

TARDE DE SORPRESAS

O mércores foi un día moi especial. Primeiro, visitamos a clase dos Picariños de 3 anos para cantar con eles nun karaoke  e despois , recibimos a visita de Papá Noel.
Tal vez o karoke non fose como esperaba a profe Vane, pero pasámolo xenial cantando panxoliñas cos teus nenos/as.
 Moitas grazas pola invitación, esperamos repetir!!!
A Papá Noel solo dicirlle que esperamos que se pase polas nosas casas e nos deixe algún  regaliño de todos os que pedimos.

xoves, 19 de decembro de 2013

DECORACIÓN NAVIDEÑA

Queremos ensinarvos algo da nosa decoración de aula.Os nenos/as botaron unha man, pero estiveron máis centrados na súa manualidade e nas postais. En breve, mostrámolas. Como aperitivo, deixamos unhas fotos.
As estrelas-vidreira ensinounos a facelas a profe Cruz e as de tiras, a profe Rosa. GRAZAS!!!

martes, 17 de decembro de 2013

CHEGOU UN AGASALLO!!!

Queremos darlle as grazas a mamá de Iván Picallo, María del Mar, polos agasallos que nos enviou para decorar a clase: unha bonita lámina que felicita o Nadal (que colgamos na porta) e un precioso centro navideño, que colocamos na mesa da profe. Os nenos/as de 4º e a profe queremos agradecerche o detalle.
GRAZAS, MAR!!!
FELIZ NADAL!!!

luns, 16 de decembro de 2013

RECURSOS DE NADAL


Non é sin tempo, pero xa están aquí cousiñas para o Nadal. Podedes premer na imaxe  e tamén no icono que da na marxe dereita do blogue.
Que os gocedes moito!!!

venres, 13 de decembro de 2013

ESTAMOS NO FACEBOOK!!!

Como as redes sociais mandan hoxe en día, nos tamén queremos participar nelas. Así é que xa estamos no Facebook. Bueno, xa ingresamos en setembro pero mentres non controlabamos o medio... estivemos caladiños. Agora non é que controlemos, senon que nos apetece que nos sigades e nos poñades os vosos comentarios. No blogue tamén familias!!!
Agardamos que vos guste o noso traballo.

Preme sobre a foto para vernos no Facebook.

martes, 10 de decembro de 2013

DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro  celebramos o Día Mundial dos Dereitos Humanos. Esta data é moi significativa pero por que?
Deixovos información para que vaiades entrando en materia. Xa comprobarei o aprendido nunha nova entrega de....PUNTOS!!!

No Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP) aparece moita información interesante.
A páxina da Cruz Vermella ofrécenos unhas actividades interactivas e un xogo sobre o noso tema:
A Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas de Guatemala ensínanos outro xogo divertido:


sábado, 7 de decembro de 2013

PUNTOS FRESCOS:

Xa está aquí unha nova remesa de puntiños recén saídos do forno. Estades preparados?
Esta vez falaremos da nosa Constitución. Imos alá.

1.Que día e en que mes pasou...
   - aprobaron as Cortes Xerais a Constitución.
   - ratificou  o pobo español a nosa Constitución.
   - a sancionou o Rey ante as Cortes.
2.Cantos anos cumpriu a Contitución Española?
3.Para que serve?
4. Como se estrutura?
   - Cantos artigos ten?
   - En que data se produciu a primeira reforma que tivo e en que artigo?
5.Por que titulo a entrada da Constitución "Viva a Pepa!!!"?
Como esta última pregunta é un pouco difícil, aí vos quedan dous enlaces que vos poden axudar a resolvela. Engado outro enlace por se vos é de utilidade.

-Wikipedia
-Portal web de la Junta de Andalucía.
-Web do Senado

Xogamos por cinco puntos para entregar o venres 13 de decembro.
Ánimo , chicos/as, que esta vez haberá recompensa con 15 puntiños de nada.
Debe ser o Nadal!!!

venres, 6 de decembro de 2013

VIVA A PEPA!!!!

Hoxe, 6 de decembro, é un  día de festa e non temos cole . Por que?
Clica  na imaxe e poderás informarte  de todo grazas  a esta fermosa presentación recollida na Zona de alumnos de la Junta de Castilla y León.(Tamén ten uns fantáticos xogos)
Xa sabedes por que non explico nada máis , non? Efectivamente, en breve, haberá puntos!!!

luns, 2 de decembro de 2013

SONATA DE OUTONO

 Coa chegada do Outono e  a caída da folla puxémonos a recitar sobre o tema.E que nós somos moi poéticos.
Velaquí o resultado!!!

sábado, 30 de novembro de 2013

DOCE PREMIO

O proxecto colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes ven de ser galardoado co Premio Nacional de Educación aos equipos docentes, na modalidade de proxectos de colaboración nacional no ámbito das TIC.
Desde o noso recuncho queremos  felicitar á nosa coordinadora, Lourdes Giraldo Vargas, polo seu esforzo e entusiasmo ao frente desta  maravillosa idea; a todos os participantes e , en especial, aos profes e nenos/as do noso cole  que tanto agarimo lle puxeron aos seus traballos.
PARABÉNS A TODOS!!!
Para ver os traballos, premede na imaxe. (Somos o nº 39)
Para saber máis , clica  na imaxe
Preme aquí para ver a listaxe de participantes no proxecto.

martes, 26 de novembro de 2013

SE ME QUERES , NON ME MALTRATES!

O 25 de Novembro é o Día Internacional para a eliminación  da violencia contra a muller. Parece mentira que despois de haber evolucionado tanto aínda exista no mundo un problema tan grave como a violencia contra a muller. Pero non solo contra o noso xénero, senon contra todo aquel que é máis débil ou diferente.Para erradicar este elemento distorsionador dunha sociedade avanzada debemos comezar por unha educación en igualdade  e libre de estereotipos. Porque somos iguais e temos os mesmos dereitos e deberes; loitemos xuntos para eliminar das nosas vidas a violencia, sexa da índole que sexa.
Da biblioteca do CEIP de Pazos traiovos estes dous interesantes vídeos. Reflexionade sobre eles.

sábado, 23 de novembro de 2013

NOVOS PUNTOS

Bueno, en vista da gran acollida que tiveron os puntos anteriores, terei que aproveitar a racha e ofrecervos uns novos. Xogaremos outra vez por cinco puntos e , como xa vos anunciei, falaremos sobre o Día Universal do Neno.

1.O 20 de novembro celebrouse o Día Universal do Neno e a Nena
   -Que organización o instaurou?
   -Que conmemora?
   -Celébrase en todos os países o mesmo día? Se a resposta é negativa averigua 3 datas de tres países  diferentes.

2. Cales son os 4 principios fundamentais en que se basan os dereitos da infancia?

3.Escribe 5 dereitos que teñan os nenos/as.

4.Nomea 5 deberes dos nenos/as.

Recordade que tendes unha entrada con enlaces informativos, vídeos  e xogos e que toda a información que vos pido a podedes atopar aí. Tamén están os buscadores que vos poden axudar.
A entrega será o día 29 de novembro, venres.
A por eles!!!

mércores, 20 de novembro de 2013

DÍA UNIVERSAL DO NENO (II)

Sabedes xa que día se celebra hoxe? Espero que si porque o falamos na clase.
Deixareivos enlaces intersantes relacionados co tema:

-Un pouco de información:
Wikipedia
Unicef
- Un vídeo moi intersesante:
 Recordade que son moi importantes os Dereitos dos nenos pero tamén que os nenos tedes un DEBERES que hai que cumprir para poder convivir e ser felices todos.
Ángela Rodríguez Marrero y Mª del Carmen Santana Curquejo
- E agora  uns xogos:


A profe  Ana Martínez Rey, do blogue  Aula Tic, fixo unha estupenda recopilación de materiais para traballar o Día do Neno. Dalí collín os xogos que nós podemos utilizar. Non vos vou a contar nada sobre o día en cuestión porque penso utilizalo para a próxima entrega dos puntos.
Polo de agora, gozade!!!

DÍA UNIVERSAL DO NENO.


domingo, 17 de novembro de 2013

PERELLA´S HOUSE

Ola, chicos:
Que preciosidades de casas me enviastes!!!Como non podía escollelas todas pero tampouco me decidía por unha , pensei en darlle o premio a tres debuxos: un por orixial e futurista, outro por artístico e outro porque é o que máis se parece á miña casa. Adiviñades cal é cal?
Os debuxos son de Paula Campos, Mario e Diana.
Parabéns para todos os participantes porque o fixéstedes francamente ben!!!

sábado, 16 de novembro de 2013

MAÑÁ DE MAGOSTO

Onte, venres, celebramos o Magosto no cole.Antes de comer as castañas había que asalas, e diso encargouse o profe Javi. Nós mentres tanto dedicámonos a xogar a pasar a castaña e a facer carreiras con elas. Ata corremos os profes!!!Despois de tanto exercicio, abreusenos o apetito e.... a comer castañas!!!
Foi unha mañá xenial, un pouco fresquiña, pero xenial.


xoves, 14 de novembro de 2013

CONCURSO: CASA DA FADA PERELLA

Como xa sabedes a fada Perella sempre está a propoñernos  retos . Nesta ocasión organizou un concurso para elexir a casa que máis se parecese a súa. Estes son os debuxos participantes.
Fada Perella, vaiche estar difícil!!!

luns, 11 de novembro de 2013

POR FIN ,CHEGARON OS PUNTOS!!!

Moito piastes por eles e ,ao fin, chegaron.A temática deste bloque serán o Samaín e o Magosto. Imos coas preguntas:
1.Que día se celebra o Samaín?
2.Cal é o seu significado?
3.Dí, alomenos, tres nomes diferentes que se lle dan á festa das cabazas e dí en que lugar de Galicia onde se celebra.
4.Que significa Magosto?
5.Qe significan as seguintes palabras relacionadas coas castañas?
-Bullote.
-Caldudas.
-Tixolo.
-Petelar.
6.Escribe tres tipos de castañas.

Ata aquí as preguntiñas, agora sodes vós os que tendes que investigar.
Pista:Recordade que tesdes na columna lateral dúas entradas de recursos sobre estes temas, o diccionario e os buscadores infantís; pero hai que saber buscar.
Xogaremos por 5 puntos e a data de recollida será o día 15 de novembro, venres.
Ánimo, rapaces!!!

sábado, 9 de novembro de 2013

O MAGOSTO

Como estamos no tempo das castañas deixovos no lateral un enlace para que aprendades e gocedes deste tema .Atención, pode que valga para conseguir....PUNTOS!!!

xoves, 7 de novembro de 2013

RECEITAS TERRORÍFICAS

Co gallo da celebración do Samaín decidimos  elaborar unhas receitas terroríficas que esperamos sexan do voso agrado.
Alguén se atreve a probar???

domingo, 3 de novembro de 2013

RECOMPENSA AO TRABALLO BEN FEITO.

Aínda que todas as cabazas presentadas eran estupendas e estaban moi ben traballadas,  tiña que haber unha gañadores.No noso ciclo tivemos dous premiados na aula.
Parabéns aos gañadores, a todos os participantes  e as súas familias por colaborar!!!
Nós pasámolo de meeedooo!!!

sábado, 2 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013

Deixovos esta presentación para que poidades ver o ben que o pasamos neste tempo de Samaín
.
Click to play this Smilebox slideshow

venres, 1 de novembro de 2013

CORRE, CORRE,CABACIÑA!!!

Queredes ver que fantásticas cabazas trouxeron os nenos/as de 4º ao cole? Pois non perdades detalle do excelente traballo que fixeron coas suás familias. Isto si que é arte, o demais son tonterías!!!

CABAZAS 2013 - diapositivas

xoves, 31 de outubro de 2013

FELIZ SAMAÍN

Para celebrar un día tan especial, aquí vos deixo este conto de OQO titulado "A bruxa regañadentes"
Coidado coa noite, preséntase inquedaaante!!!
 

domingo, 27 de outubro de 2013

RECURSOS PARA O SAMAÍN


Tedes unha recopilación de materiais para gozar do Samaín (información, cantigas, xogos...)Deixovos a foto no lateral para que ao clicar accedades directamente.
FELIZ SAMAÍN.

venres, 25 de outubro de 2013

CORRESPONDENCIA CO MUNDO DAS FADAS

Paula P, Diana, Brais e Lorena  decidíronse a escribirlle a nosa fada Perella e ela tivo a ben contestarlles. Aquí vos deixo o resultado.

mércores, 23 de outubro de 2013

A AVENTURA DO CORPO HUMANO (VI)

Coa chegada ao Tema 3 de Coñecemento do Medio aparece a Reprodución. Aquí vos deixo un vídeo ilustrativo sobre a cuestión.

luns, 21 de outubro de 2013

MISIVA SORPRESA.


Fai uns día  tivemos una grata sorpresa. Desde o  CEIP Pérez Viondi da Estrada chegounos unha carta dos nenos e nenas de 4º A. Foi moi emocionante e inesperado, pero comprendímolo mellor cando Candela nos leu a  mensaxe e soubemos que a súa profe Teresa é amiga da profe Anabel. É máis, a profe Teresa deulle clase á profe Anabel cando ía a ao cole. Asi que xa nos puxemos mans á obra e contestámoslles.
Estamos desexando ter novas súas!!!

domingo, 20 de outubro de 2013

REPASANDO A ORTOGRAFÍA.

A ver que vos parecen estes exercicios para repasar a ortografía. Son de Florentino Sánchez Martín e creo que nos poden ser moi útiles.

xoves, 17 de outubro de 2013

A ESTRAÑA INVITADA (III)

Xa estabamos convencidos de que Arácnida nos abandonara sen dar ningún tipo de explicación cando...Sorpresa!!! Alguén, que estaba moi atento á clase, a viu pendurada do piñeiro que temos fora do cole. Decidira, por mor da chuvia supoñemos, cambiar a súa residencia a un lugar un pouco máis abrigado. Saimos a saudala e fixémoslle unas fotos a súa nova casa.

martes, 15 de outubro de 2013

PERELLA CONTACTANDO

A Fada Perella encantoulle ter noticias nosas e contestoulle  á carta a Paula dicindo que pronto habería sorpresas. Cales?
 Permanecede atentos!!!
 

domingo, 13 de outubro de 2013

ONDE QUEDOU O VERÁN?

Para que quede constancia de que o verán foi estupendo presento as vosas crónicas de testemuña.

venres, 11 de outubro de 2013

mércores, 9 de outubro de 2013

A ESTRAÑA INVITADA(II)

Aínda que durou pouco a súa estancia(a da araña,digo) nós buscámoslle un nome entre todos.
Aí vai o resultado.
 
 

luns, 7 de outubro de 2013

domingo, 6 de outubro de 2013

FADA PERELLA ONDE ESTÁS?

Como deesde o curso pasado non sabíamos nada da Fada Perella,  Paula Campos tivo a idea de escribirlle unha carta e... a ver que acontece!!!

sábado, 5 de outubro de 2013

DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES.

Hoxe, día mundial dunha das profesións máis bonitas e importantes do mundo, quero felicitar aos meus compañeiros docentes pola súa labor e dedicación, polo seu bo facer e a súa paciencia, pola súa loita por una educación de calidade frente as adversidades dun mundo que xa non  sabe recoñecer  o realmente  importante. Non quero deixar de lembrar neste día aos meus mestres; Mestres con maiúsculas que me ensinaron gran parte do que sei, que mimaban o académico e o vital, que transmitían ilusión e que contribuiron a  formar a persoa que hoxe son.
Tampouco quero esquecer a todos aqueles que pasando pola miña vida me ensinaron algo valioso convertíndose en "Mestres ocasionais".
No voso día, no noso día:
 Parabéns e ánimo, a loita é longa, pero sobre todo, GRAZAS.

xoves, 3 de outubro de 2013

martes, 1 de outubro de 2013

NÚMEROS ROMANOS.

 No primeiro tema de Mates aparecen estes números raros que se escriben con letras. Neste vídeo podedes repasar as normas para compoñelos.Trae alguna cousiña a maiores do que falamos na clase.
Espero que vos sirva!!!
(Obtido en: http://www.elabueloeduca.com/ )

luns, 30 de setembro de 2013

A ESTRAÑA INVITADA.

O martes pola mañá descubrimos, ao chegar a aula, que na terraza había algo insólito: unha super tea de araña con inquilina incluída!!!Despois da sorpresa inicial decidimos adoptala aínda que non sabemos o tempo que nos acompañará.

domingo, 29 de setembro de 2013

A AVENTURA DO CORPO HUMANO(III).

Hoxe toca repasar o aparato excretor (O vídeo está centrado nos riles,pero non esquezades as glándulas sudoríparas que tamén integran este aparato).

venres, 27 de setembro de 2013

A AVENTURA DO CORPO HUMANO(II).

 Aquí tedes un capítulo de "Érase una vez la vida" sobre a dixestión. Esta serie xa a  vía eu cando era pequena pero sigue estando vixente. Repasade moito!!!

xoves, 26 de setembro de 2013

Á VOLTAS CO PASADO.

Este curso, cando chegamos á aula, decubrimos con certa pena , que o noso"rosalito",o que custodia a cápsula do tempo, pasara a mellor vida. Tivemos que poñerlle remedio e substituímolo por un brioso pothos.Esperemos que corra mellor sorte.
Longa vida ao Pothos!!!

luns, 23 de setembro de 2013

A AVENTURA DO CORPO HUMANO.

Como estamos traballando a alimentación e os aparatos que interveñen nela, podedes atopar aquí información e xogos sobre o tema.
(O máis interesante está no terceiro botón)
(Aquí obteredes información)

xoves, 19 de setembro de 2013

TODO TEN UN COMEZO.

Como cada setembro  chegamos á aula, este ano á de cuarto, con moitas ganas de vernos e de contarnos as aventuras do verán. Nesta ocasión, igual que o ano pasado, tivemos que buscar os nosos sitios a través dun "mapiña". A cousa tivo o seu aquel pero acabamos todos atopando o noso lugar.
A ver o que dura!!!


luns, 16 de setembro de 2013

AGORA...LETRAS!!!

Como non ía ser todo relacionado coas Mates deixovos este xoguiño con letras.
(Aquí si que podedes ir ao nivel 4,que é moi sinxelo)

venres, 13 de setembro de 2013

RAZOANDO.

Mirade chicos/as o que atopei buscando material de repaso! Uns divertidos xogos de lóxica de José Bustillo Rendón que poden divertir e estimular a vosa mente ao mesmo tempo. Incluso podedes xogar cos papás, mamás, avós/as,irmáns.....

(Recoméndovos comezar polo primeiro nivel para collerlle o tranquillo. Que nos coñecemos!!!).

mércores, 11 de setembro de 2013

BENVIDOS A CUARTO!!!

Xa estamos aquí,outro setembro máis,desexando ver aos compañeiros e poñernos ao día sobre como nos foi no verán. Pero despois do primeiro contacto, preséntase a incerteza dun novo curso. A vida hai que enfrontala con valentía, gañas e ilusión e o que nos espera neste novo  ano académico seguro que é digno de aplicarlle todas esas actitudes e incluso máis.
Con esforzo e traballo levarémolo a cabo.