Bueno, en vista da gran acollida que tiveron os puntos anteriores, terei que aproveitar a racha e ofrecervos uns novos. Xogaremos outra vez por cinco puntos e , como xa vos anunciei, falaremos sobre o Día Universal do Neno.
1.O 20 de novembro celebrouse o Día Universal do Neno e a Nena
-Que organización o instaurou?
-Que conmemora?
-Celébrase en todos os países o mesmo día? Se a resposta é negativa averigua 3 datas de tres países diferentes.
2. Cales son os 4 principios fundamentais en que se basan os dereitos da infancia?
3.Escribe 5 dereitos que teñan os nenos/as.
4.Nomea 5 deberes dos nenos/as.
Recordade que tendes unha entrada con enlaces informativos, vídeos e xogos e que toda a información que vos pido a podedes atopar aí. Tamén están os buscadores que vos poden axudar.
A entrega será o día 29 de novembro, venres.
A por eles!!!