sábado, 7 de decembro de 2013

PUNTOS FRESCOS:

Xa está aquí unha nova remesa de puntiños recén saídos do forno. Estades preparados?
Esta vez falaremos da nosa Constitución. Imos alá.

1.Que día e en que mes pasou...
   - aprobaron as Cortes Xerais a Constitución.
   - ratificou  o pobo español a nosa Constitución.
   - a sancionou o Rey ante as Cortes.
2.Cantos anos cumpriu a Contitución Española?
3.Para que serve?
4. Como se estrutura?
   - Cantos artigos ten?
   - En que data se produciu a primeira reforma que tivo e en que artigo?
5.Por que titulo a entrada da Constitución "Viva a Pepa!!!"?
Como esta última pregunta é un pouco difícil, aí vos quedan dous enlaces que vos poden axudar a resolvela. Engado outro enlace por se vos é de utilidade.

-Wikipedia
-Portal web de la Junta de Andalucía.
-Web do Senado

Xogamos por cinco puntos para entregar o venres 13 de decembro.
Ánimo , chicos/as, que esta vez haberá recompensa con 15 puntiños de nada.
Debe ser o Nadal!!!

4 comentarios:

  1. Moito aprendemos os papas con esto dos puntos....case nos podiamos volver a graduar.....nunca e tarde para ampliar conocementos,e esta fada perella e moi traballadora.....a ver se aprendemos a constitucion....e algo complexa!!!! Lola

    ResponderEliminar
  2. Lola, tranquila coa Costitución que se hai problemas, preguntan en clase, e doulle algunha pista. Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Está moi ben iso dos puntos. Así seguriño que todos poñen moito interés en acadalos ji ji Vanse convertir nuns verdadeiros expertos. Un bico.

    ResponderEliminar
  4. Como podes ver son uns expertos eles e algúns papás e mamás que lles botan unha man.A xerdade e que os resultados son fructíferos. Unha aperta.

    ResponderEliminar