luns, 11 de novembro de 2013

POR FIN ,CHEGARON OS PUNTOS!!!

Moito piastes por eles e ,ao fin, chegaron.A temática deste bloque serán o Samaín e o Magosto. Imos coas preguntas:
1.Que día se celebra o Samaín?
2.Cal é o seu significado?
3.Dí, alomenos, tres nomes diferentes que se lle dan á festa das cabazas e dí en que lugar de Galicia onde se celebra.
4.Que significa Magosto?
5.Qe significan as seguintes palabras relacionadas coas castañas?
-Bullote.
-Caldudas.
-Tixolo.
-Petelar.
6.Escribe tres tipos de castañas.

Ata aquí as preguntiñas, agora sodes vós os que tendes que investigar.
Pista:Recordade que tesdes na columna lateral dúas entradas de recursos sobre estes temas, o diccionario e os buscadores infantís; pero hai que saber buscar.
Xogaremos por 5 puntos e a data de recollida será o día 15 de novembro, venres.
Ánimo, rapaces!!!

6 comentarios:

  1. Seguro que todos o fan fenomenal e atopan deseguida as respostas para poder levar todos os puntos ;) Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Pedíronos moito, agora espero que teñan tantas gañas de investigar e contestar.Un bico.

    ResponderEliminar
  3. Ola Anabel son Karina nos calduca non a atopamos no seu lugar atopamos calduda que ten que ver coas castañas, comproba se o tes ben porque son varios os rapaces que estan na duda. Grazas un saudo.

    ResponderEliminar
  4. Graciñas, Karina.Problema subsanado.Un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. Anabel,son lola,non somos capaces de topar os distintos nomes do samain en galicia,miramos todo e nada,onde se pode atopar eso?

    ResponderEliminar
  6. Ai, Lola, que pouco caso me fan cando falo jeje.
    Dixemos que nos apartados Samaín e Magosto estaba todo. Para buscar o que me dis terá que ser nalgunha páxiña que conteña información(Orixe do Samaín). EN Vieiros da escola hai información adicional. Con premer sobre o nome xa ides a páxina. A ver se aí trae algo do que buscades. Moita sorte!!!

    ResponderEliminar