Da biblioteca do CEIP de Pazos traiovos estes dous interesantes vídeos. Reflexionade sobre eles.
martes, 26 de novembro de 2013
SE ME QUERES , NON ME MALTRATES!
O 25 de Novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Parece mentira que despois de haber evolucionado tanto aínda exista no mundo un problema tan grave como a violencia contra a muller. Pero non solo contra o noso xénero, senon contra todo aquel que é máis débil ou diferente.Para erradicar este elemento distorsionador dunha sociedade avanzada debemos comezar por unha educación en igualdade e libre de estereotipos. Porque somos iguais e temos os mesmos dereitos e deberes; loitemos xuntos para eliminar das nosas vidas a violencia, sexa da índole que sexa.
Da biblioteca do CEIP de Pazos traiovos estes dous interesantes vídeos. Reflexionade sobre eles.
Da biblioteca do CEIP de Pazos traiovos estes dous interesantes vídeos. Reflexionade sobre eles.
Ola profe, os vídeos estaban moi chulos e tes razón todos somos iguais. Brais.
ResponderEliminarPD:miña nai tamen os veu.
Grazas, Brais. Está moi ben facer cousas en familia. Espero que che servisen para animarte a colaborar na casa un pouco máis.
ResponderEliminarMoi boa entrada, Anabel. Un bico.
ResponderEliminarGraciñas, Ana .Unha aperta.
ResponderEliminarQue chulo o primeiro video,profe.Sabela
ResponderEliminarSabela, espero que a túa beleza nunca se transforme como a da nena do conto. Ogallá sexas sempre bela no teu interior.
ResponderEliminarEstan moi chulos os dous videos e teñen razon ,sempre aunque seas fea no teu interior sempre seras fermosa e todos os da familia debemos colaborar para facer as tarefas.
ResponderEliminarDiana.
Ai, Diana, que mundo tan fermoso se todos pensasen así. Nós debemos traballar para cambialo a mellor.
ResponderEliminarEstan chulisimos
ResponderEliminarSanti
Que ben que che gusten,Santi.
ResponderEliminar