mércores, 31 de maio de 2017

MONSTROS.

Como xa vos contei nunha entrada anterior, con Anxo Fariña realizamos un obradoiro de monstros. Nós na aula viramos "Os magos das formas" e traballaramos unha das súas ilustracións. Mirade o que fixemos.
Montaxes realizadas con Pizap.
No obradoiro realizamos estes espeluznantes monstros.
E como non podía ser doutro xeito, sobre o monstro construímos unha historia.
Para rematar, mirade que agasallo máis bonito de parte de Anxo.
Montaxe realizada con Be Funky.
MOITAS GRAZAS,ANXO!!!

domingo, 28 de maio de 2017

SOMOS POETAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Nos meses de marzo e abril estivemos a voltas coa poesía.  Está presente na nosa aula todo o ano pero ,nesta ocasión, fomos nós os creadores dos versos. Comezamos escollendo tema e escribindo palabras relacionadas co mesmo, buscamos parellas de palabras que soasen parecido (que rimaran) e... a crear!!!
Este é o resultado.
Neste mes de maio, mes por excelencia das nosas Letras, celebrámolas con poesía pura.

mércores, 24 de maio de 2017

VISITOUNOS....

Montaxe realizada pola profe Vane.
Como prometín, cóntovos  a continuación a visita que tivemos no cole a semana pasada.
Anxo Fariña é un escritor , ilustrador e deseñador de libros infantís e xuvenís en galego. Conta no seu haber con máis de cincuenta títulos publicados. Para saber máis sobre el, premede na imaxe.
Estivo case todo o día no cole impartindo diferentes obradoiros. Aos alumnos/as de 1º, 2º e 3º tocounos.... "Creación de monstros".Primeiro falamos un pouquiño e ensinounos algúns trucos, deunos unhas premisas e xa pasamos á acción. Mirade como traballamos, profe incluída!!!
Saíronnos uns monstros ben chusquiños(prometo ensinalos noutra entrada coa actividade que fixemos con eles).
Quero mostrarvos, a continuación, como Anxo, a partir de dúas formas abstractas (debuxadas pola profe Rita e máis unha servidora) creou un estupendo monstro.
Montaxes realizadas con PiZap.
Queremos agradecer a Anxo o seu bo facer e a súa profesionalidade e cercanía con todos/as nós. Foi todo un pracer.
ATA A PRÓXIMA ANXO!!!

domingo, 21 de maio de 2017

CELEBRACIÓN DAS LETRAS.

Este ano celebramos as Letras Galegas un día antes, o 16 de maio. Durante toda a xornada realizamos obradoiros de ilustración a cargo de Anxo Fariña  e na última sesión da tarde, un sinxelo acto conxunto de todo o cole.
Todos traballamos nas aulas a figura de Carlos Casares, o autor deste ano, e tamén colaboramos para elaborar  a súa imaxe  coma se fose un crebacabezas.
Reunímonos no salón de actos e visionamos un estupendo vídeo sobre o escritor que realizaron os alumnos/as de 6º. A continuación, escoitamos unha adaptación de "A galiña azul" que leron varios alumnos/as de primaria. Da nosa aula tocoulle a Diego.
Por último, vimos outro vídeo, enmarcado dentro do proxecto "Iconos galegos polo mundo" dos nenos/as de 6º. Esta vez tocoulle á gaiteira Cristina Pato.
Mirade a nosa celebración.
(Os obradoiros, noutra entrada)

xoves, 18 de maio de 2017

CELEBRAMOS CON RETRASO.

Imaxe obtida en Historias da Manola.
Onte, 17 de maio, celebramos por todo o alto o Día das nosas Letras. Para non eclipsalas con outras celebracións, non fixen referencia a ningunha outra conmemoración, pero si se celebraban outros eventos. Céntrome en dous:
Imaxe obtida en zainduzaitez.com
Día Mundial da Reciclaxe, que ten como obxectivo concienciar á sociedade sobre a importancia do tratamento dos resíduos (para non contribuir ao cambio climático) e protexer o medio ambiente.
Deixovos o "Bura, Bura" dos Mininanais e Ecoembes para que practiquedes a reciclaxe e xuntos fagamos un mundo máis limpo e habitable.
Obtido no canal de Youtube de Mininanais.
Imaxe obtida en informacionimagenes.net
Tamén se celebrou onte o Día da Internet, que pretende dar a coñecer as posibilidades das novas tecnoloxías para mellorar o nivel de vida dos pobos e os seus cidadáns. É unha ferramenta extremadamente útil pero moi difícil de controlar na súa totalidade. Aquí van uns interesantes consellos a ter en conta cos nosos/vosos nenos e nenas.
Imaxe obtida en informacionimagenes.net
E como hoxe é o Día dos Museos, pechamos a entrada cunha visita ao Museo do Ratiño Pérez, que está en Madrid.

mércores, 17 de maio de 2017

O NOSO DÍA.

Imaxe atopada na rede.
Vivo permanentemente namorada da miña Lingua porque nela falo, rio,choro, soño e sempre vivo. Con ela camiño e acompaño,leo e ensino, ás veces, tropezo. Por iso a celebro todos os días,pero hoxe de maneira especial; que non se diga!!!
Deixovos unha biografía, realizada polos alumnos/as de 5º do colexio San Pío X de Ourense, do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares Mouriño.
Obtido no canal de Youtube  do Colexio S. Pío X  Ourense.
Tamén o acceso á Primavera das Letras no que atoparedes  actividades, fichas e recursos diversos.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

luns, 15 de maio de 2017

O DÍA DO LIBRO.

Na entrada sobre o Día do Libro adiantámosvos que, dende a biblioteca do centro, nos propuxeran traballar a lenda de San Xurxo e o dragón. Nós na aula adaptamos  unha actividade que recollín  no blogue Leyendas de Cáceres. Consistía en colorear o conto  e ademáis inventarlle un final alternativo. Este foi o resultado.Cal vos gusta máis?
Na nosa celebración conxunta puidemos gozar  de dous estupendos vídeos realizados polos alumnos/as de 6º  de primaria.  Ditos vídeos pertencen a un traballo que  realizaron sobre persoeiros galegos polo mundo. Esa tarde vimos os de Eduardo Pondal e Fina Casalderrey. A continuación, a profe Vane leunos a lenda  que estivemos traballando e así rematou o acto. Nós tamén colaboramos na elaboración do conto en  cartolina  e na confección dun dragón precioso que se colgou no escenario do salón de actos.
Os estupendos debuxos son dos compis de 1º. A que debuxan xenial?
Que vos parece o noso dragón?

sábado, 13 de maio de 2017

UN MAR DE BICOS.

Imaxe atopada na rede.
Chove. Miro a través da xanela  e fóra está un día desapacible e gris. Arroúpome na calor do meu estudo e penso na sorte que teño de estar na casiña cos meus. Pero non todos teñen esa sorte. Neste intre hai papás e mamás saíndo cara un hospital, despois de ir un momentiño á casa para ducharse; avós, tíos e familiares preocupados por quen non está no seu fogar e nenos e nenas que viven  e conviven nun hospital. E para eles non hai un día? Pois reivindiquémolo!!!
Imos a mandarlle a todos eses valentes e as súas familias  a forza , o cariño e os bicos  que sexamos capaces para intentar axudarlles a pasar o mal trago.Non nos esquecemos do  marabilloso persoal que ten que traballar con todos eles; tamén se mercen uns cuantos bicos!!!
Enviámoslle un mar deles a través desta canción do grupo Bombai.
Obtido no canal de Youtube de Atresmúsica.
Se clicades na imaxe veredes as entradas de anos anteriores.

xoves, 11 de maio de 2017

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2017

Imaxe obtida en fundacioncarloscasares.org

Xa chegou maio e úlense as Letras; as nosas ; as Galegas. Que sorte ter un idioma e unhas letras propias! Para poder celebralas en condicións haberá que ofrecer algúns recursos, non si?
Premede sobre o debuxo de Carlos Casares (o homenaxeado deste ano) para acceder.

martes, 9 de maio de 2017

DÍA DE EUROPA 2017.

Cartel conmemorativo de 2001.

Clica nel para ter máis información. E aquí para ver entradas anteriores sobre o tema.
FELIZ DÍA DE EUROPA!!!

domingo, 7 de maio de 2017

ADIVIÑA CANTO TE QUERO, MAMÁ.

Imaxe obtida de pixabay.com
Se estamos neste mundo é porque unha nai nos trouxo a el; a nosa. Seguro que temos moito que agradecerlle,  por iso hai un día para elas. Pero... elas só nos coidan un día? Só se preocupan por nós nunha data determinada? Só nos queren en domingo? Como de seguro xa tedes a resposta estaredes de acordo comigo en que  necesitan un recoñecemento diario, un agradecemento merecido e un amor infinito.
Con esta preciosa curta, que nos invita á reflexión, e o enlace a homenaxes pasadas,  vai o meu máis profundo agradecemento a mellor mamá do mundo, a miña.
Obtido no canal de Youtube  de Viddsee.
FELIZ DÍA, MAMÁS!!!!

venres, 5 de maio de 2017

A PASCUA ESQUECIDA.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Xa sei que non é sen tempo pero deixovos as nosas crónicas sobre as vacacións de Pascua.

martes, 2 de maio de 2017

STOP ACOSO!!

Imaxe obtida en El mundo del superdotado.
Hoxe , día 2 de maio,  celebramos o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. É unha data de recente instauración (ano 2013) , que nace para concienciar á sociedade do problema e co fin de erradicalo no ámbito escolar. Se clicades na imaxe de arriba teredes máis información.
Vouvos remitir ás entradas do blogue  que tratan sobre o tema  e tamén que lembran a charla que nos viñeron a dar por parte da Garda Civil. Así refrescamos a memoria!!!
Ollade o que opinan os pilotos de Repsol sobre o tema.
Obtido no canal de youtube de Repsol Box.
NIN ACOSES; NIN PERMITAS!!!