martes, 31 de decembro de 2013

A VOLTAS CO PASADO(II).

A comezos deste curso falamos  da cápsula do tempo e do noso novo pothos (Polo de agora vive. A ver que nos atopamos cando voltemos das vacacións).
Nestas datas tan entrañables nas que nos pode a nostalxia,póñovos o vídeo onde se ve como  enterramos a cápsula.
Que tempos, verdade chicos!!!
(Grazas a Marta por gravarnos e á profe Vane por maquetarnos o vídeo.)

domingo, 29 de decembro de 2013

AS NOSAS FELICITACIÓNS

Aquí tendes a s vosas tarxetas navideñas.Quedaron moi chulas e fixéstelas vós solos.
PARABÉNS!!!

xoves, 26 de decembro de 2013

REMATE DE TRIMESTRE


Non hai final que se precie do Primeiro Trimestre sin un bo festival de Nadal. Este ano os nenos/as de 4º interpretaron unha coreografía de  percusión preciosa sobre un poema de Gloria Fuertes ("Con solo tres letras"), que prepararon co profe Toño. Tamén cantaron en inglés, "Santa Claus is coming to town" , un clásico navideño  que ensaiaron coa teacher María.
As miñas felicitacións para todos os participantes porque o fixeron xenial!!!
(Aparece na foto a nosa Dona Carme particular (Sabela) que lles botou unha man aos Picariños e á profe Vane)

mércores, 25 de decembro de 2013

FELIZ NADAL!!!


Este ano para desexarvos unhas Felices Festas un pouco de música. Atopeino no blogue de Maite Gan "Lluvia de ideas" e gustoume para vós.
Que gocedes destes entrañables días coa familia e os amigos.
Para todos........ FELIZ NADAL!!!

sábado, 21 de decembro de 2013

PERELLA VOLTA POLO NADAL.

Como xa é tradicional nela, a nosa fada particular , sorprendeunos este ano cunhas piruletas de chocolate para adozarnos o final de trimestre.

GRAZAS PERELLA E....MOITAS VECES!!!

venres, 20 de decembro de 2013

TARDE DE SORPRESAS

O mércores foi un día moi especial. Primeiro, visitamos a clase dos Picariños de 3 anos para cantar con eles nun karaoke  e despois , recibimos a visita de Papá Noel.
Tal vez o karoke non fose como esperaba a profe Vane, pero pasámolo xenial cantando panxoliñas cos teus nenos/as.
 Moitas grazas pola invitación, esperamos repetir!!!
A Papá Noel solo dicirlle que esperamos que se pase polas nosas casas e nos deixe algún  regaliño de todos os que pedimos.

xoves, 19 de decembro de 2013

DECORACIÓN NAVIDEÑA

Queremos ensinarvos algo da nosa decoración de aula.Os nenos/as botaron unha man, pero estiveron máis centrados na súa manualidade e nas postais. En breve, mostrámolas. Como aperitivo, deixamos unhas fotos.
As estrelas-vidreira ensinounos a facelas a profe Cruz e as de tiras, a profe Rosa. GRAZAS!!!

martes, 17 de decembro de 2013

CHEGOU UN AGASALLO!!!

Queremos darlle as grazas a mamá de Iván Picallo, María del Mar, polos agasallos que nos enviou para decorar a clase: unha bonita lámina que felicita o Nadal (que colgamos na porta) e un precioso centro navideño, que colocamos na mesa da profe. Os nenos/as de 4º e a profe queremos agradecerche o detalle.
GRAZAS, MAR!!!
FELIZ NADAL!!!

luns, 16 de decembro de 2013

RECURSOS DE NADAL


Non é sin tempo, pero xa están aquí cousiñas para o Nadal. Podedes premer na imaxe  e tamén no icono que da na marxe dereita do blogue.
Que os gocedes moito!!!

venres, 13 de decembro de 2013

ESTAMOS NO FACEBOOK!!!

Como as redes sociais mandan hoxe en día, nos tamén queremos participar nelas. Así é que xa estamos no Facebook. Bueno, xa ingresamos en setembro pero mentres non controlabamos o medio... estivemos caladiños. Agora non é que controlemos, senon que nos apetece que nos sigades e nos poñades os vosos comentarios. No blogue tamén familias!!!
Agardamos que vos guste o noso traballo.

Preme sobre a foto para vernos no Facebook.

martes, 10 de decembro de 2013

DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro  celebramos o Día Mundial dos Dereitos Humanos. Esta data é moi significativa pero por que?
Deixovos información para que vaiades entrando en materia. Xa comprobarei o aprendido nunha nova entrega de....PUNTOS!!!

No Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP) aparece moita información interesante.
A páxina da Cruz Vermella ofrécenos unhas actividades interactivas e un xogo sobre o noso tema:
A Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas de Guatemala ensínanos outro xogo divertido:


sábado, 7 de decembro de 2013

PUNTOS FRESCOS:

Xa está aquí unha nova remesa de puntiños recén saídos do forno. Estades preparados?
Esta vez falaremos da nosa Constitución. Imos alá.

1.Que día e en que mes pasou...
   - aprobaron as Cortes Xerais a Constitución.
   - ratificou  o pobo español a nosa Constitución.
   - a sancionou o Rey ante as Cortes.
2.Cantos anos cumpriu a Contitución Española?
3.Para que serve?
4. Como se estrutura?
   - Cantos artigos ten?
   - En que data se produciu a primeira reforma que tivo e en que artigo?
5.Por que titulo a entrada da Constitución "Viva a Pepa!!!"?
Como esta última pregunta é un pouco difícil, aí vos quedan dous enlaces que vos poden axudar a resolvela. Engado outro enlace por se vos é de utilidade.

-Wikipedia
-Portal web de la Junta de Andalucía.
-Web do Senado

Xogamos por cinco puntos para entregar o venres 13 de decembro.
Ánimo , chicos/as, que esta vez haberá recompensa con 15 puntiños de nada.
Debe ser o Nadal!!!

venres, 6 de decembro de 2013

VIVA A PEPA!!!!

Hoxe, 6 de decembro, é un  día de festa e non temos cole . Por que?
Clica  na imaxe e poderás informarte  de todo grazas  a esta fermosa presentación recollida na Zona de alumnos de la Junta de Castilla y León.(Tamén ten uns fantáticos xogos)
Xa sabedes por que non explico nada máis , non? Efectivamente, en breve, haberá puntos!!!

luns, 2 de decembro de 2013

SONATA DE OUTONO

 Coa chegada do Outono e  a caída da folla puxémonos a recitar sobre o tema.E que nós somos moi poéticos.
Velaquí o resultado!!!