Imaxe obtida en Pixabay.com.
Alá polo mes de outubro, comezamos o noso mini proxecto sobre o millo. Xa vos contei e ensinei como cada clase no cole investigara sobre un produto do outono. A nosa investigación comezou así:
Unha vez que tivemos claro, o que sabiamos e que nos interesaba saber, buscamos información e trouxémola á aula. Despois de aprender varias cousiñas plasmámolas nalgunhas fichas.
Hoxe ensinámosvos a nosa búsqueda da orixe do millo no mapa.
Primeiro , sinalamos os continentes, o noso país coa súa capital e despois buscamos o país de orixe do millo.
Tamén aproveitamos para que Alexander e Diego nos ensinasen os seus lugares de orixe: a República Dominicana e Venezuela.
Montaxes realizadas con Pizap.