Montaxe realizada pola profe Vane.
Por fin, o venres 16, celebramos o magosto no cole. Estaba programado para o día 9, pero tivemos que aprazalo por mor do temporal. O certo é , que o día, veu estupendo.
Fixemos unha preparación previa na aula para a festa. Ademáis de traer leña e castañas (senon menudo magosto que sería) realizamos un obradoiro de cornetes e uns colgarexos para o pescozo.
Comezamos a festa degustando as castañas que asaron os profes Javi e Toño e tisnando as caras co borro(uns máis que outros).
E coa barriguiña fartuca tiñamos que sacudir o comido. Que mellor maneira de facelo que xogando!
O primeiro xogo foi "A castaña que estoupa". Colocados en círculo, hai que pasar unha castaña ao ritmo da música ata que esta deixa de soar. O que teña o froito no seu poder, queda eliminado. Foi moi divertido e gañou Xeila.
O segundo xogo,"A carreira de castañas", trouxo o primeiro posto para Natalia despois de correr "a gatas" cunha castaña no lombo. E tamén gañou a profe, na carreira dos mestres (eu creo que me deixaron gañar).
O último,foi "Sementa e apaña", que nos enfrontaba a cursos diferentes. Competimos cos alumnos/as de 1º e gañamos por moi pouquiño. Son moi rápidos!!!Consiste en sementar tres castañas que debe recoller o seguinte membro do grupo. Así se alterna ata que rematan todos.
Montaxes realizadas con PiZap
Foi unha festa estupenda!!! O mellor de todo é, que xa temos de volta á profe Vane e podemos liala (e viceversa) nas nosas historias.
Grazas polas fantásticas fotos, profe!!!