Imaxe obtida na páxina de Facebook de Asociación Caminar
Hoxe é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. No cole, xa o celebramos durante a semana pasada pero como hoxe é o día propio, pois celebración outra vez.
Instalados de cheo na estación invernal, quizais sexa un bo momento, para facer recollida de materiais propios deste tempo. Aquí vos deixo algunhas suxestións:
Hoxe tócalle o turno aos animais. Falaremos da súas funcións vitais e dos grupos nos que podemos dividir aos animais invertebrados. Noutra entrada, tocaralle aos vertebrados.
Pensarían algunha vez estes mozos de Liverpool que sesenta anos despois de iniciar a súa andaina, a súa música se escoitaría en todo o planeta? Dez anos de actividade, carreiras en solitario, dous membros no máis alá e milleiros de persoas en todo o mundo aínda tarareamos as súas cancións. Que marabilloso poder ten a música de facer inmortais aos xenios!!!
Chegou o momento de voltar cos vídeos de Ciencias que nos serven para repasar e aumentar os nosos coñecementos. Xa sabedes que están en castelán e nós estudamos en galego; polo tanto debemos traducir os conceptos para denominalos correctamente. Comezamos!!!
Este ano fixemos unha manualidade de Nadal moi sinxeliña e, ademais, cun uso variado. A miña idea ía cara unha bomboneira pero houbo quen lle viu posibilidades como lapiseiro ou como base para unha candea. Cada quen pode darlle usalo como prefira.
Que tal se portaron os Reis?Atinaron cos agasallos? Espero que esteades tan contentos/as como o estou eu co recibido. Porque, ás veces, non se trata do material, do grandioso ou do máis caro. Importan as intencións, as gañas e os pequenos detalles. Ogallá abunden este ano que acabamos de empezar!
Montaxe sobre imaxe de Larisa Koshkina (Pixabay.com) realizada en PiZap
Xa estamos nun novo ano e debemos comezalo con gañas renovadas. Que nos deparará? Non o sabemos pero iso non será impedimento para que vistamos o noso mellor sorriso e empecemos esta incerta andaina. Vexamos logo que conmemoracións nos esperan.