domingo, 28 de abril de 2024

XOGAMOS? (V).

Imaxe de Venita Oberholster en Pixabay.com
Como xa sabedes sumar levando, que vos parece se xogamos un anaco? Imos alá!!

martes, 23 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (2024).

Ilustración de Mary  GrandPré.
Como cada 23 de abril, hoxe celebramos o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor. É certo que, para ler, non precisamos un día especial nin unhas circunstancias excepcionais; só gañas de gozar coa lectura e de evadirse do real para que o que nos conta un libro nos transporte  a outra dimensión.

luns, 22 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA NAI TERRA (2024).

Imaxe obtida na páxina Gobierno de México
Cada 22 de abril recordamos que vivimos nun planeta que nos acolle como unha nai, a Nai Terra. Ela, danos todo o que precisamos para vivir os seres humanos o cal non implica que poidamos expoliala ou non respectala.

sábado, 20 de abril de 2024

MEDRAMOS SANS.

Imaxe de Ros Zie en Pixabay.com modificada con Canva
Foi chegar das vacacións e empezamos cun intenso mes de abril que nos levou a unha charla sobre a alimentación saudable. (Menos mal, porque viñamos de comer rosca e torradas ata mais non dar!).

mércores, 17 de abril de 2024

PERELLA E A PASCUA.

Imaxe de Hatice EROL en Pixabay.com
A nosa querida Perella sempre aparece cando menos se espera pero a Pascua é unha data na que lle gusta pasarse pola aula. Nestes últimos tempos tivo a sorte de recibir moitas notas e cartas dos nenos/as da clase ( e dalgún doutro curso tamén). Por iso contestou as misivas e, ademais, trouxo unha sorpresiña en forma de xogo de búsqueda (acabamos na clase do lado).

sábado, 13 de abril de 2024

HAKUNA MATATA.

Imaxe do Audiorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
Xusto antes das vacacións, o xoves 21 de marzo, fómonos todo o cole a Vilagarcía de Arousa. Unha vez alí, no seu auditorio municipal, gozamos da representación de "O Rei León".
O mellor é que o vexades en imaxes.

domingo, 7 de abril de 2024

PLANTAS INVASORAS.

Imaxe de jacqueline macou en Pixabay.com
Antes das vacacións de Semana Santa, no cole, instalouse unha exposición sobre as PEI (Plantas Exóticas Invasoras). O día  18 de marzo visitounos Manu da Asociación AMABUL para contarnos como estes seres vivos non  son malos pero si invasivos e como debemos comportarnos cara eles.

martes, 2 de abril de 2024

EN ABRIL...

Imaxe de Annette en Piaxabay.com
Este ano comezamos abril coa Pascua pero non co bo tempo. Non se pode ter todo! Aínda así, de  celebracións sempre imos ben surtidos. Antes, toca a artista do mes.

luns, 1 de abril de 2024

DÍA DAS ARTES GALEGAS (2024)

Cartel do Día das Artes Galegas 2024
Dende o ano 2015, o 1 de abril, conmemoramos o Día das Artes Galegas.  A data foi instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes porque é a que aparece nos dinteles do Pórtico da Gloria. Pretende promover e exaltar a creación galega. Este 2024 o autor escollido é o cambadés, Francisco Asorey.