Vector de Floral creado por freepik - www.freepik.es
Que día tan especial! Aquel que lle dedicamos ás nosas nais. Esta sí que é unha data merecida e que me gusta celebrar porque, aínda que so teña unha perspectiva, claramente agradezo a labor dunha nai. En concreto, a da miña. Canta sabedoría acumulada, canta paciencia gardada, canto amor incondicional..... Da igual como seamos os fillos, elas ; quérennos igual. Iso non significa que nos pasen todo, que non vexan os nosos defectos ou que calen ante as inxustizas. Están para guiar, para acompañar, para curar..... Tendo un papel tan importante, como non as imos querer?