xoves, 31 de outubro de 2024

FELIZ SAMAÍN.

Imaxe de VectorCharactersdonet en Pixabay.com
Nesta noite de Samaín, onde os mortos volven do máis alá para ver que tal nos vai polo aquén, quero proporvos un pouco de diversión. Apetécevos?

xoves, 24 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS (2024).

Imaxe  de ⚠️Custom images➡️ Info Profile en Pixabay
Xa sabedes que hai conmemoracións polas que sinto especial debilidade. É o caso do Día das Bibliotecas, que celebramos hoxe , 24 de outubro. É esta unha data que nos invita a reflexionar sobre a importancia destes espazos máxicos que nos conectan co saber, a cultura e a imaxinación. As bibliotecas son moito máis que simples edificios cheos de libros; son lugares de encontro, aprendizaxe e descubrimento.

martes, 22 de outubro de 2024

DESCRIBINDO.

Imagen de Лариса Мозговая en Pixabay
Nestes días estivemos practicando a descrición de persoas en Lingua castelá.Os resultados foron os seguintes. Ollade como nos quedaron.

sábado, 12 de outubro de 2024

PUNTOS.

Imaxe de Freepick
Xa sei que a data queda lonxe pero nunca é tarde para o arte. Hoxe traiovos as creacións artísticas que fixemos con motivo da celebración do Día Internacional do Punto. A ver que vos parecen!!!

domingo, 6 de outubro de 2024

DÍA MUNDIAL D@S DOCENTES,

Imaxe do Ayuntamiento de Benacazón
Hoxe,no noso día, no d@s docentes gustaríame felicitar a todas e todos os compañeirxs que se dedican en corpo e alma á unha das profesións máis sacrificadas que existe: á educación. Cada día que pasa isto convértese nunha carreira de fondo máis difícil e chea de obstáculos: realizamos as nosas funcións o mellor que podemos e sabemos e temos que oír, vivimos rodeados/as de papeleos eternos e inútiles, de polémicas focas que non levan a ningures e de gurús educativos que impoñen modas porque teñen moita labia. Señores, que está todo inventado!