Como vos prometín habería máis vídeos de Curro e Pancha. Gústanme moito estas montaxes porque explican de maneira sinxela temas de ciencias que vemos na aula e están feitos en Lingua Galega (para o meu gusto hai pouquiño material na nosa lingua). Polo tanto imos a aproveitalo. Repasade e divertídevos con estes dous colegas.
Falando de España na Unión Europea saiu o tema da moeda e decidín utilizar o tema para os puntos de clase. Porque siiii; seguimos tendo puntos de clase e nestes primeiros 10, xogamos para poder ler os libros que trouxeron os compañeiros/as para a biblioteca de aula.
Como pasa o tempo! Xa estamos na división de dúas cifras. Como nos está custando un pouquiño e todas as axudas son boas vouvos compartir uns vídeos explicativos.
Tamén nos últimos días das vacacións nos dedicamos a facer postais para enviarlles aos avoíños/as das residencias. Por un lado, á de Forcarei e polo outro, á de Campolongo, que fixo un chamamento nas redes e convertiuse en viral.
Hoxe, día dos Reis Magos, imos rememorar a nosa saída ao cine. Foi como un agasallo anticipado, un paseo A Estrada para ver nos Minicines Central dúas estupendas películas.