martes, 31 de decembro de 2019

CAIXÓN DESASTRE (IV).

Montaxe realizada con PiZap
Imos despedir este ano desde o noso Caixón Desatre facendo unhas recomendacións lectoras. Para estes días de lecer, para pedirlles aos Reis, para non aburrise.... Tedes en LOQUELEO ideas e ademais a súa revista con propostas para as vacacións.
Na páxina de Librújula tamén tedes diversas opcións.
Na web de La cuentería respetuosa fixeron unha listaxe dos imprescindibles do 2019.
Para rematar déixovos a palabra deste ano que termina. Ven dende o Portal das Palabras e acadou o 51% dos votos. Que rematedes e empecedes o ano con ela!!!
FELIZ ANO,FELICES LECTURAS!!

luns, 30 de decembro de 2019

COUSAS DO NADAL.

Imaxe atopada en Pixabay .com
Imos seguir contando cousas que fixemos na última semaniña do trimestre. 
Alá polo 17 deste mes e, seguindo cos bos costumes, xuntámonos cos nenos/as de Infantil B e fomos facer galletas ao comedor. A profe Vane xa preparara a masa na casa (ás veces o tempo xoga na contra) e nós so tivemos que moldear as formas. Quedaron bastante chusquiñas. O mellor foi o ben que sabían!!
Ese mesmo día recibimos unha das visitas máis especiais do ano, a de Papá Noel. Todos nos emocionamos e recibimos un agasallo del. Bueno, á profe  díxolle que llo enviaba á casa, pero se se portara ben!
Montaxes realizadas con PiZap
Moitas grazas a Isabel Padín polas fotos.

domingo, 29 de decembro de 2019

NOVO RECANTO NA BIBLIO.

Imaxe de Photorama en Pixabay.com
Tamén na última semana de cole vivimos unha fermosa experiencia na nosa biblioteca escolar. Por fin se creou o Recanto de Adultos para as familias e mestres!!
Cunha idea de xa fai moito tempo e un traballo a contrarreloxio, o día 17 de decembro, inauguramos ese recuncho. Foi moi emocionante ver como os nosos nenos/as lles recordaban aos seus pais e nais que había que facerse o carné, como recibimos donacións para dotar de material interesante o espazo e  a boa acollida que tivo a invitación que se lles fixo aos usuarios que xa forman parte da biblio.
Anque na biblioteca non se pode comer, fixemos unha excepción porque a ocasión o merecía e Biblo, quixo ter un detalle cos asistentes.Así foi a tarde!
Montaxe realizada con Pizap
Moitos usuarios xa saíron cos seus libros e xa temos novas solicitudes de entrada. Esperámosvos no noso recanto, no voso recanto!!!!
BIBLIOTECA DE ADULTOS

sábado, 28 de decembro de 2019

LECCIÓNS DE VIDA.

Logo
Na última semana de clase tivemos unha actividade frenética. Contarémola por partes.
O día 16 recibimos unha visita moi especial; a de Álex, un chico moi simpático de Lalín que veu a contarnos como é a vida dalguén que se despraza en cadeira de rodas. Fundador da Asociación Working Wheels, Álex visita centros escolares para concienciar, visibilizar e normalizar  a situación de persoas con divesidade funcional. Esa mañá tamén se pasaron polo cole chicos e chicas de Cogami Deza CRD Medelo-Bandeira, que nos falaron das súas experiencias vitais. 
Se premedes sobre a imaxe do logo, accederedes á páxina do facebook da Asociación .
Foi unha mañá ben entretida na que escoitamos historias moi interesantes, probamos o que se sente ao ir en cadeira de rodas e vimos un coche adaptado, que nos chamou moitísimo a atención.
Montaxe realizada con Pizap
Todo o que vimos e aprendimos plasmámolo nestas fichas. Ollade!!

Grazas, chicos/as, por ensinarnos que os soños non teñen límites!!!
Grazas, profe Silvana, por achegarnos a outras realidades!!!

venres, 27 de decembro de 2019

PERELLA E O CALENDARIO DE ADVENTO.

Imaxe de Pixaline para Pixabay.com
Como ven facendo nos últimos anos, a fada Perella visitounos para propornos facer un calendario de advento. Recibímolo con moita ledicia pero algún non foi consciente do compromiso que adquiría ao comprometerse a facelo. As cousas quedaron claras ao final!
Este curso recibimos os mandados por entregas, como os contos coleccionables, e tivemos algúns problemas de recepción.
Algunhas das cousas que nos tocaron facer foron : un abrazo colectivo de aula (como pasou por alí a profe Vane, aproveitaron para abrazala tamén. Bótana de menos!), facer un debuxo para un compañeiro/a, levar un sorriso na cara, axudar a quen o precise, colaborar na casa... Como vedes, un pouquiño de todo!!
Montaxes realizadas con Pizap

xoves, 26 de decembro de 2019

CELEBRANDO A DIVERSIDADE.

Imaxe atopada na rede
O día 3 de decembro celebramos no cole a existencia de persoas no mundo que teñen capacidades diferentes. Pois..... igual ca nós, non?
Na aula, fomos confeccionando unhas mans laranxas con mensaxe. Esta cor foi escollida por asociacións da zona para visibilizar ás persoas con diversidade funcional e, concienciar á sociedade de que son seres humanos coma nós, que precisan axuda, pero poden facer case de todo e ser moi felices. 
Nalgunhas aulas escribiron palabras que falaban da integración, no noso caso creamos unha frase de clase. Sabedes o que pon?
INCLUSIÓN XA!❤️
Xuntámonos no salón de actos e vimos un vídeo do conto "Superniños",que nos gustou un montón  e, por último, fixemos unhas fotos coas nosas mans que se enviaron á Asociación Working Wheels de Lalín.
Temos que darlle as grazas, de maneira especial, á profe Silvana que foi xerme desta iniciativa. Pero...non quedou a cousa aí.Xa vos contarei!
Montaxes realizadas con Pizap
Déixovos a curta para que gocedes outra vez!
Obtido no canal de Youtube de Niños Aventureros.

martes, 24 de decembro de 2019

FELIZ NADAL 2019.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Como non podía ser doutro xeito, quero desexarvos unha Noiteboa marabillosa, rodeados da familia e envoltos no seu amor e un Nadal rebuldeiro, onde gocedes todos/as da maxia destas datas.
Obtido no canal de Youtube de Anabel García
FELIZ NOITE E FELIZ DÍA!!!

domingo, 22 de decembro de 2019

TRABALLOS DO 25 DE NOVEMBRO.

Imaxe topada en Piaxabay.com
Lembrades a celebración do 25 de novembro? Non? Pois refrescade a memoria premendo aquí.
Agora si! Despois de analizar a letra da canción, á nosa maneira, escribimos o que queriamos que nos deixaran facer. Ilustrámolo para nós. Este foi o resultado!

venres, 20 de decembro de 2019

PERELLA VOLVE.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Despois  de que a Fada Perella nos deixase as chuches de Samaín, algúns nenos/as quixeron escribirlle para darlle as grazas e fixéronlle algún debuxo.
Perella non collía en sí de gozo e non fixo esperar a súa resposta.
Montaxes realizadas con PiZap
Visitounos en máis ocasións. Noutra entrada xa vos conto.

xoves, 19 de decembro de 2019

EDUCACIÓN RESPONSABLE (II).

Preme sobre a imaxe para ter máis información
A primeira parte deste proxecto de Educación responsable da Fundación Botín, consistía en facer unhas actividades de preparación antes de ler o conto escollido. Para non ter que volver a escribilo, mostrareivos o traballo que fixen para o curso.
Fixádevos que bos espellos somos.
Así xogamos ao abrazo do bicho raro.
E intentamos adiviñar que había dentro daquel ovo misterioso.
Montaxes realizadas con Pizap
Na próxima entrega, a lectura do libro.

sábado, 14 de decembro de 2019

RECURSOS DE NADAL.

Imaxe obtida en Pixabay .com
Non hai tempo para nada!!! Compártovos algún recurso para o Nadal, que pode ser útil para este últimos días de cole.
- A Coordinadora Galega de ENDL ofrécenos materiais sobre o noso Apalpador.
- A nosa amiga Sandra Luz no seu blogue, Mi Sala Amarilla, agasállanos cunha extensísima colección de posibilidades para estas datas.
-Na páxina de Sapos y Princesas, tendes opcións para facer cos vosos fillos na casa durante estes días de Nadal.
 Nos esquezades os recursos dos anos anteriores, que xa temos unha boa recolleita.
A POLA ÚLTIMA SEMANA!!!

martes, 10 de decembro de 2019

DEREITOS HUMANOS 2019.

Imaxe atopada na rede
O ano pasado celebrabamos o 70 aniversario da Declaración destes Dereitos de todos/as e para todos/as.
Como ven sendo habitual podedes ampliar información sobre este día na páxina  diainternacionalde.com.
En Educatolerancia.com aparecen recursos para traballar este día (aínda que sexa a toro pasado).
Atopei unha adaptación para nenos da Declaración Universal destes Dereitos realizada por Ruth Rocha e Octavio Roth. Pode ser interesante.
Consultade as entradas doutros anos aquí.
Imaxe de librería Olacacia
Hoxe , 10 de decembro, tamén se celebra o Día Internacional dos Animais para non esquecer o dereito ao respecto e á vida que teñen  estes seres vivos.
Para celebralo compártovos esta cantiga acumulativa de Uxía Lambona e a Banda Molona titulada "O canciño".
Obtido no canal de Youtube  de Uxía Lambona e a Banda Molona
FELIZ DÍA!!!

domingo, 8 de decembro de 2019

COMO CELEBRAMOS O 25 N.

Imaxe atopada na rede
Estes días son de tolos!!! Por iso non me tomedes a mal se ando algo fora de tempo. Quería contarvos como celebramos no cole o día 25 de novembro. Estivemos traballando coa letra da canción "Déjala que baile " de Melendi con Alejandro Sanz e Arkano. Daí saíu  a idea da frase "Déixame que..." a cal plasmamos nuns lazos feitos na biblioteca para adornar a nosa entrada. Mirade como quedou!
Nós na aula decidimos facer o mesmo pero debuxándoo.
Montaxes realizadas con Pizap
O resultado dos traballos intentarei mostrárvolo noutro momento. O que sí vos deixo é a canción para que gocedes dela.
Obtido no canal de Youtube de Melendi

venres, 6 de decembro de 2019

DÍA DA CONSTITUCIÓN 2019.

Imaxe atopada na rede
Fai hoxe 41 anos que se lles preguntaba aos españois se aprobaban o proxecto da Constitución e votaron  maioritariamente que si.
Desde esa data temos unha Lei Fundamental do Estado, superior a calquera lei, que recolle os dereitos  e deberes de todos nós. Entrou en vigor o 29 de decembro de 1978, cando foi publicada no BOE (Boletín Oficial do Estado).
Atopei un conto moi sinxeliño que vos pode dar unha idea do que é a nosa Constitución.
Obtida no canal de Youtube Perfileando
Visitade entradas de anos anteriores aquí.
FELIZ DÍA!!!

martes, 3 de decembro de 2019

IMPORTA TANTO COMO SE CHAMA UN DÍA?

Imaxe obtida na páxina da Nacións Unidas
 Desde 1992, o 3 de decembro, está recoñecido como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Con isto preténdese promover os dereitos e benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. (Fonte: Páxina das Nacións Unidas).
Pois ben, hoxe asistín a unha discusión sobre a terminoloxía que nomea á conmemoración  que nos ocupa hoxe: discapacidade vs diversidade funcional. Non vos vou reproducir aquí a conversa pero a conclusión que saquei eu foi: aceptémonos todos/as como somos e fagamos un mundo mellor no que poidamos convivir en paz e sen barreiras de ningún tipo. As palabras só son iso, palabras.
Dito isto, na páxina  diainternacional.com tendes información sobre esta data.
Déixovos a testemuña de Sara Andrés, mestra e atleta paralímpica que é unha das 3 españolas que conseguiu un récord en atletismo adaptado. Escoitade atentamente o que di, resulta moi inspirador!
Obtido na páxina de Youtube AprendemosJuntos
Podedes consultar as páxinas doutros anos, aquí.
Rematamos cunha fantástica curta sobre...  Vós mirádeo e xa me contaredes!
Obtido no canal de Youtube de The Present
FELIZ DÍA, CIDADÁNS DO MUNDO!!!

domingo, 1 de decembro de 2019

1 DE DECEMBRO.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Xa comezou decembro e con el, a conta atrás para chegar ao Nadal. É certo que o afán consumista que nos rodea leva andiantado este tempo case mes e medio pero eu creo que chegado decembro.... Xa podemos comezar a soñar!
Por iso o primeiro que imos facer vai ser descubrir por onde anda  Papá Noel  e que está a facer nestes días que tanto traballo ten .Xoga  cos elfos, aprende sobre tradicións navideñas, nunha palabra divírtete mentres esperamos a que chegue o Nadal!
IMOS!!!