xoves, 28 de marzo de 2024

DÍA DE ROSALÍA (2024).

Rosalía de José Molares
O 23 de febreiro celebramos á nosa Rosalía no cole. Se ben é unha autora pola que teño especial predilección e aparece na aula durante todo o curso, no seu día, tiñamos que facer algo especial.

martes, 26 de marzo de 2024

XOGOS DE PASCUA.

Imaxe de Htc Erl en Pixabay.com
Que tal van as vacacións? O tempo meteorolóxico non se está portando demasiado ben, polo que supoño que moito fóra non estades xogando. Para paliar un pouco esas tardes longas pechados/as na casa, déixovos estes xoguiños de Pascua (adiantámola unha miguiña).

xoves, 21 de marzo de 2024

martes, 19 de marzo de 2024

DÍA DO PAI (2024)

Imaxe de Andana Editorial
Hoxe escoitei algo de todo e ata vin chistes relacionados co asunto.Pero eu non son de modas, xa o sabedes, polo tanto quero celebrar o Día do Pai (igual que celebrarei o da Nai). A min dame igual se tedes un só pai ou dous, se agasallades hoxe aos vosos avós, se papá vive con vós ou se xa non está presente neste mundo. O que reivindico para hoxe e todos os días é a figura paterna, o amor incondicional e a protección natural que todo ser humano precisa na súa formación (e despois tamén). Na forma en que cada un de nós o sinta ou o viva, xa é outra historia.

mércores, 13 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER (2024).

Imaxe de Евгения en Pixabay.con 
O venres pasado festexamos no cole o 8 de marzo. Ademais de facer cousiñas na aula, dende a biblioteca, ofrecéronnos realizar unhas gafas coas que poder mirar o mundo de forma máis igualitaria. Mirade que ben o pasamos!

venres, 8 de marzo de 2024

NÓS.

Montaxe realizada en Canva pola profe Vane.

Neste noso día queremos felicitarvos a todas.
Feliz 8 de marzo! Estamos no camiño!💜💜

mércores, 6 de marzo de 2024

O SOL, A TERRA E A LÚA.

Imaxe de Guillaume Preat en Pixabay.com
Como estamos no tema no que falamos do espazo, vou compartir uns vídeos que falan sobre o tema. Seguro que vos interesan!!

venres, 1 de marzo de 2024

EN MARZO...

Imaxe de Anja en Piaxabay.com
Xa  estamos en marzo e parece que a primavera se resiste a visitarnos. Nós, por iso, non nos imos botar atrás; celebaremos con ledicia todo o que este mes nos queira agasallar.Pero antes, como ven sendo habitual, descubramos a artista do mes.