domingo, 28 de febreiro de 2021

CON OLLOS DE ROSALÍA.

Imaxe obtida en redbubble.com
Antes de que remate febreiro, mes rosaliano por excelencia, tráiovos a estrea mundial da nosa homenaxe deste ano. Como non podía ser doutro xeito fixémolo en colaboración coa aula da profe Vane, Infantil B. A idea foi achegarnos á poesía da autora a través as súas descricións, enumeracións... dos elementos da natureza. Para iso escollemos varios fragmentos representativos para  recitar e reproducir en forma de láminas. Esta última parte está aínda en fase de post- produción pero podemos mostrar o recitado. A ver que vos parece esta historia en tempos de Covid!!

Obtido no canal de Youtube de VANESSA ARCA
Tamén creamos este ano ( a profe Vane e eu axudei un pouco) unha presentación co resultado de todas as celebracións de anos anteriores. Esperamos que vos guste!!!
Non queremos esquecer que o 28 de febreiro é o Día Mundial das Enfermidades Raras. Consultade a entrada do ano anterior aquí.

sábado, 27 de febreiro de 2021

VÍDEOS CIENCIAS: OS ANIMAIS.

Imaxe de Prawny en Pixabay.com
Xa chegamos aos animais e as súas diferentes clasificacións. A ver se estes vídeos vos axudan. Recordade que están en castelán pero como aprendemos nos dous idiomas non pasa nada.

mércores, 24 de febreiro de 2021

O TEU DÍA!!!

Imaxe de Rosalía dunha camiseta de reizentolo
Chegou o día e non podemos facer festa como se merece. Nada de xuntarse, de compartir con outros nenos/as, de grandes aspaventos....

luns, 22 de febreiro de 2021

RECURSOS ROSALÍA.

Lámina de Rosalía de Castro de Esther Voltá
Como estamos na semana da celebración do Día de Rosalía vouvos compartir uns recursos para traballala que poden ser interesantes.

domingo, 21 de febreiro de 2021

xoves, 18 de febreiro de 2021

ASPERGER 2021.

Imaxe obtida en ClikiSalud.net
O 18 de febreiro celébrase o Día Internacional do Síndrome de Asperger, coincidindo coa data do nacemento de Hans Asperger, o doutor que definiu este trastorno por primeira vez.

martes, 16 de febreiro de 2021

MARTES DE ENTROIDO.

Imaxe atopada na páxina da ANPA o Piñeiro
Como todo nesta época que nos tocou vivir, o Entroido, tamén se viu afectado. Nós, na clase, decicimos aproveitar outras actividades para festexar esta tradición ancestral.

luns, 15 de febreiro de 2021

LOITANDO!!!

Imaxe atopada en Cuidado seguro en casa
Hoxe é o Día Internacional do Cancro Infantil. Da igual como lle chamemos ao día,non por iso deixa de ser menos duro.

sábado, 13 de febreiro de 2021

DÍA DA RADIO 2021.

Imaxe de Please Don´t sell My Artwork AS IS en Pixabay.com
Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o Día Mundial da Radio.

xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2021.

Imaxe obtida en www.universalmedios.com.ar
O 11 de febreiro queremos celebrar que as mulleres e as nenas podemos chegar a calquera lugar e destacar en calquera ámbito, no das ciencias tamén.

mércores, 10 de febreiro de 2021

RECURSOS ENTROIDO 2021

Imaxe atopada en telemariñas.com
A situación non será a ideal, as circunstancias non serán moi boas pero o Entroido chegou como cada ano. Polo tanto compártovos uns recursiños por se vos serven.

domingo, 7 de febreiro de 2021

VÍDEOS CIENCIAS: AS PLANTAS.

Imaxe de S. Hermann & F. Richter en Pixabay. com
En Ciencias da Natureza andamos á voltas coas plantas.