Imaxe obtida en redbubble.com
Antes de que remate febreiro, mes rosaliano por excelencia, tráiovos a estrea mundial da nosa homenaxe deste ano. Como non podía ser doutro xeito fixémolo en colaboración coa aula da profe Vane, Infantil B. A idea foi achegarnos á poesía da autora a través as súas descricións, enumeracións... dos elementos da natureza. Para iso escollemos varios fragmentos representativos para recitar e reproducir en forma de láminas. Esta última parte está aínda en fase de post- produción pero podemos mostrar o recitado. A ver que vos parece esta historia en tempos de Covid!!
Tamén creamos este ano ( a profe Vane e eu axudei un pouco) unha presentación co resultado de todas as celebracións de anos anteriores. Esperamos que vos guste!!!